Por Jose Vieira
O que se ten pasado, na gran maioría dos casos, é que as distinguidas organizacións institucionalizadas, que pretenden ser as voces e os oídos do pobo, pura e simplemente, nos van vendendo a moto, de acordo cos ventos do momento.
Realmente, o que ten vindo a acontecer, salvo uns cantos encontros, menos manipulados, os que máis se impón, son as reunións de expertos, que por súa “sabedoría” discursiva atraen as bases, apoiados por grandes operacións de marketing político.
Como habitualmente se designan, de bases, os que atenden ás chamadas “reunións de próximos tradicionais”, se limitan, reverencialmente, a levantar a man, no momento en que os pastores, queriamos dicir os oradores e ou líderes, o solicitan. Estes son os máis participativos, aínda que se asemellen a un pastoreo de primavera.
Pero hai máis, e mellor pois, até os hai, que apelando ás novidades dixitais, conseguen impresionantes adhesións masivas, sendo estas máis ou menos, nas cantidades, segundo as necesidades do momento, por vía dos impulsos das novas tecnoloxías (demostra que non son unha máquina).
O correcto é que ninguén até ao momento, identificou, da validez real técnica dos caudais, nin tan pouco da consciencia da opción indicada, dado que as preguntas suxeridas traen en si implícita a resposta subliminar, afirmativa ou negativa, conforme o interese da recolla. Non estamos a condenar o proceso, só estamos a denunciar a súa lixeireza e así como a súa condución orientada, para non dicir totalmente manipulada.
Outra interesante consideración, nos vén dunha situación a que desde hai moito se instalou na sociedade, sobre todo nos maiores, que é a de obedecer a un chamamento, do que “politicamente está correcto”. Cada vez máis, están neste caso, unha maior masa humana e, que así sendo, non trae calquera problema, coa súa posición, pois non deberá ser distinguida ou oposta, relativamente no círculo da súa veciñanza.
Descodificando o período enriba, podemos dicir que se trata dun sentimento de medo, que vén sendo transmitido como unha herdanza, de pais a fillos e achegados. Esta situación de medo, nas xeracións máis novas, se torna máis complexa, pois se asocia ao medo, o non contrariar os seus maiores, o que significa estar de excelentes relacións, para non “pescar” os consentimentos para as súas actividades. Máis, se trata dunha forma, “cariñosa” de xamais entrar nun enfrontamento frontal pois, doutra forma só terían que perder os “cartos”, necesarios e eventualmente a reprobación das súas accións.
Estamos perante aquilo a que nos gusta chamar, o conforto da comunidade. Que non é máis do que, seguir pola estrada da vida, sen máis sobre saltos que as intemperies climáticas, para as cales, non ten outro remedio do que as asumir, pola súa inevitabilidade.
Mais nin todo é negativo pois, sempre que aos maiores se fala de que pode haber problemas coas súas pensións, entón a conversa se torna, mais viva e, en determinados momentos, até parece que espertan desa letarxia.
Saltemos un pouco, para refletir sobre aquilo a que ten conducido, este sistema económico desbragado, a que se normalmente se chama neoliberalista globalista. Entón, chegamos á conclusión, sen dificultades, de que cada vez máis, nos ten conducido a un mundo en que as desigualdades son maiores no mundo en que vivimos.
Cada vez máis nos encontramos perante unha situación en que a riqueza mundial se vai concentrando, cada vez máis rapidamente, nun número cada vez menor de capitalistas.
Ímonos servir de elementos estatísticos dispoñíbeis, e os proxectamos econometricamente para 2019 (servímonos de un traballo efectuado por James Davies, Rodrigo Lluberas e Anthony Shorrocks) modificando, unicamente presentación, por cuestións de metodoloxía, así a poboación adulta mundial usufrutúa de:
The global wealth | 2019 |
1.000.000 USD | 158,3 USD tm (43,9%) |
100.000 até 1.000.000 USD | 140,2 USD tm (38,9%) |
10.000 até 100.000 USD | 55,7 USD tm (15,5%) |
< 10.000 USD | 6,3 USD tm (1,8% ) |
Wealth range | Total % of world |
Traducindo o significado do cadro anterior vemos que:
Este, mostra as diferenzas de riqueza entre os adultos, ou sexa, que cerca de 3.000 millóns de adultos, que representan 57% de todos os maiores do mundo, non posúen máis do que uns 10.000 USD, datos proxectados para o ano corrente de 2019.
No patamar seguinte, agrúpanse os que se sitúan entre os máis de 10.000 e menos de 100.000 USD.
Convén explicar, que esta escala creceu moitísimo, case triplicando o seu tamaño, entre o ano de 2000 e este ano de 2019. En números o que pasou foi o seguinte, pasou de 514 millóns o ano de 2000 para 1,700 millóns no medio deste ano de 2019.
A explicación ten a ver, esencialmente, non coa bondade do sistema, pero si coa prosperidade das economías emerxentes, en especial, coa da China. Para xustificar esta disparidade basta dicir que o pro medio de riqueza chinesa, se sitúa en cerca de 33.530 USD, o que é superior á maioría dos outros países.
Por último, os restantes países que se sitúan base da analices, teñen unha riqueza inferior a 5.000 USD, sendo a súa maioría africanos ou da Asia central e meridional.
Naturalmente esta situación, por moitas voltas que se dea non se consegue admitir como xusta, pois o que vemos, a pesar do salto que o sector intermedio á tido, canto ao aumento de número de beneficiados, non se ficou a deber a unha melloría de distribución do encaixe, pero si a un aumento de emprego remunerado, do maior país produtor do mundo ou sexa da China.
O que se está a verificar, cada vez máis é unha concentración da riqueza nos estratos sociais que xa dispón dos maiores rendementos. Como que existe unha centrifugación da riqueza, tendendo esta a se encaixar cada vez máis nun círculo cada vez máis restrinxido.
Esta situación, ten a ver co sistema económico en que vivimos, e que vén a ser aplicado, dunha forma constante e continúa, desde o período, a que se seguiu á implantación dos acordos de Breton Woods, que foron levados a efecto, ao final da Segunda Guerra Mundial e, que xamais convenceron os señores do mundo, e que non obstante levaron á caída do patrón ouro.
Non podemos deixar de referir, que existe unha diferenza, extraordinaria entre o tipo de planificación do staff dos líderes ou señores do mundo, coa planificación corrente dos políticos de quenda. Mentres que os políticos de quenda se preocupan por planear para os seus 4 ou 5 anos de estancia no poder, digamos unha planificación de moi medio prazo, que como sabemos non deixa marxe para as grandes políticas de real cambio, os señores do mundo fan as súas estratexias de forma a poderen ser levadas a efecto a longo prazo.
Claro que “os amos do mundo”, saben moito ben, que unha política de apropiación da riqueza mundial, se fai á praza dunha constante actividade de transformación das condicións socioeconómicas, non só a largo prazo, mais tamén dunha forma sutil e de actuación de marketing masivo de como dicía Lenin, de “como enganar o pobo”.
Non restan moitas dúbidas, de que os gobernos tiñan e ten, instrumentos económicos (ferramentas), que podían utilizar, para palear os eventuais desequilibrios macroeconómicos. Pero máis por razóns de orde estratéxica que de orde ideolóxica, non o fan pois, sempre están buscando non irritar os grandes grupos, porque desexan seren os próximos a cruzar as portas xiratorias.
Pero pronto ao final da Segunda Guerra Mundial, se realizou un encontro de economistas de inspiración desreguladora da economía pois, verdade ou non, defenderon a capacidade dos mercados, se conseguiren autorregular, dunha forma autónoma. Esta era a teoría defendida pola escola austríaca de economía, sobre a dirección de Friedrich Hayek (que foi premio Nobel), Carl Menger, Ludwig von Mises, Murray Rothbard e Hans- Hermann Hoppe, esta escola se desenvolveu en finais do século XIX e principios do século XX. Pero como unha certa escola, fixo discípulos que viñeron a ser os elementos preponderantes nas políticas económicas dos “amos do mundo” (ver o libro o “El nuevo Mundo” de José Vieira)
Este grupo de neoliberales, viñeron a crear unha sociedade, a que chamaron Sociedade Mont Pelerin, que é unha localidade de recreo na Suíza, cerca da cidade de Montreux. Esta sociedade é multidisciplinaria, por menos no dicir dos seus fundadores.
Foi fundada en 1947, por Friedrich Hayek e por Milton Friedmann. Ten tido varios membros destacados en termos económicos, como por exemplo Ludwig Erhard, que ficou famoso por un libro que publicou e que se titulaba “O milagre alemá”. Este é un relato bastante detallado, das políticas económicas proseguidas na República Federal alemá, con apoio económico e financeiro, das axudas do pos guerra. Outro foi Jacques Rueff, o defensor si límites, do patrón outro, de Karl Popper autor de “A sociedade aberta e os seus inimigo” e sobre todo Milton Friedmann e súa muller Rosa Friedmann.
Da relación entre estes dous Friedmann, marido e muller e co seu amigo Friedrich Hayek, se veu a crear a célebre Escola de Chicago, na universidade do mesmo nome.
Nesta escola, ambos desenvolveron toda a actividade teórica do neoliberalismo, até aos máis ínfimos pormenores, sempre con ideas de que os mercados se autorregulaban. Pero fundamentalmente crearon unha escola, que ficaría na historia, como sendo a responsábel, polas políticas ante sociais máis duras e restritivas, transmitindo esa doutrina, a unha pléiade de seguidores que se espallaron polo mundo.
No entanto, o modelo teórico concibido pola escola de Chicago, necesitaba de ser probado, canto á súa eficiencia e eventualmente para a introdución dos “feed backs”, necesarios para aumentar a súa fidelidade.
Na altura, estaban a gañar velocidade de cruceiro no sentido do éxito total, as políticas económicas e sociais progresistas, no Chile, so a Presidencia de Salvador Allende. Pero esta vitoria non neoliberal, era un espantoso perigo para as doutrinas da Escola de Chicago, e para os “amos do mundo”, algo que non podía ser tolerado. Os instrumentos económicos aplicados na xestión de Salvador Allende, a pesar do total boicot dos países neoliberais, con Estados Unidos da América á cabeza, non conseguían trabar. Máis, as políticas proseguidas, estaban a facer que o “Gap”, entre ricos e pobres se estivesen a acurtar.
Pois entre outras medidas estaba a facer diminuír dunha forma acelerada as diferenzas sociais. Isto para os “amos do mundo” era intolerábel.
É entón, cando Milton Friedmann, se asocia de forma, sub-reptícia, co secretario de estado americano, Henry Kissinger, e lanzan o golpe de estado no Chile. Servíndose dos militares chilenos, comprados pola CIA e, creando o tal laboratorio para probar as ideas da Escola de Chicago. Precisaban dun líder para os militares e o encontraron un xeneral tristemente célebre polos seus asasinatos en masa dos seus opositores e dos campos de concentración nos estadios de fútbol. Ese home se chamaba Xeneral Pinochet.
Este formou un goberno, segundo o modelo de Friedmann, colocando en varias carpetas, antigos alumnos da Escola de Chicago, escollidos por Friedmann.
Este modelo de intervención na política e sobre todo na política económica, veu a xerar, autenticas desestabilizacións a nivel mundial e, á creación de auténticos gobernos monicreques ao servizo dos “amos do mundo” (ver “El Nuevo Mundo” de José Vieira).
Precisamente despois da Sociedade de Mont Pelerin, se crea o famosos Club de Bilderberg, onde se xuntan todos os que realmente dirixen o mundo, quere por súas influencias políticas, quere polas súas posicións estratéxicas dentro da economía real. De novo, referimos o libro en cuestión, que mostra a rede do mando económico e político actual.
Se el primero en comentar