Novas formas de traballo?

A este fenómeno, de renuncia aos seus postos de traballo, impulsada pola pandemia, os traballadores sentiron que as súas carreiras se tiñan destruído, ou sexa, que se habían “queimado”, se denominou esta situación, como sendo a “gran Dimisión”

Por Jose Vieira

Temos todos presentes que, durante a pandemia, se debía evitar as aglomeracións de persoas, pois se temía que os contaxios fosen cada vez a máis. Se trataba dunha das medidas profilácticas, no sentido de tentar trabar unha guerra que se nos tiña batido a nosa porta, ou sexa, a propagación imparábel, da pandemia cognominada de covid 19.

Inevitabelmente, o mundo en que vivimos, pasou a rexerse por unha letarxia, que nos levaría até a un colapso total. Así no horizonte, o que se vislumbrava, era unha ausencia de futuro, pois, a actividade económica estaba mostrando, dada as restricións profilácticas, unha lentitude e diminución das actividades, en todos os campos, que anunciaba o fin do traballo, tal como o concibiamos até entón.

Moitos dos traballadores de sempre, nas máis diversas actividades, físicas ou mentais, vían os seus horizontes nubrados de incertezas, que parecían non ter solucións.

Nas historias, existe sempre ou case sempre o chamado, MAIS, que no fondo, determinan as situacións, que nas maiorías das veces, son o toque de espertar de solucións, para os grandes problemas ou polo contrario, a confirmación desa morte esperada.

Debemos aínda engadir, que é sempre cando existen situacións, aparentemente, sen solucións, se acenden as luces da esperanza, que indican a saída posíbel, de e para o problema.

Non obstante, moitísimos traballadores, ao seren obrigados a se quedar fóra dos seus postos de traballo, se foron sensibilizando para a idea de abandonar mesmo as súas profesións, pois, lles parecía que xamais se podía volver a unha normalidade, como a que coñeceran, até entón, antes da pandemia.

A este fenómeno, de renuncia aos seus postos de traballo, impulsada pola pandemia, os traballadores sentiron que as súas carreiras se tiñan destruído, ou sexa, que se habían “queimado”, se denominou esta situación, como sendo a “gran Dimisión”.

Así, a forza de traballo, comezou a ser vista, como portadora dunha inmensa mole de desempregados e, como non, dun outro continxente que se tiñan, mentres, sentido como o sen futuro (estes últimos, xa nin procuraban traballo). Dentro deste gran continxente, tamén existía outro grupo en que se interrogaban se non sería mellor mudar de profesión.

Damos como exemplo, deste último caso, que dentro dos traballadores da “Microsoft”, cerca de 40% de seus traballadores tiñan intención de mudar de profesión.

No entanto, cabe dicir que era necesario manter actividades económicas e sociais, pois, a poboación estaba aí, e tiña que ter os servizos mínimos e non só, así como, se avanzaba na investigación e sintetización das vacinas necesarias para o control da pandemia, e renacía a esperanza pois, parecía existir unha luz ao final do túnel.

Xa anteriormente, co desenvolvemento da dixitalización e dos sucesivos progresos da internet, así como, da maior formación dos traballadores administrativos e, como non, daqueles que podían continuar as súas tarefas non presenciais, fóra das súas empresas, se podía dicir que xa había unha “lexión”, de profesionais, preparados para poder realizar as súas tarefas, á distancia, o que é case o mesmo que dicir desde as súas casas.

Podemos dar algunha idea do volume dese traballo xa desprazado para as casas do operador e, así a OIT (Organización Internacional do Traballo), estimara que “preto de 8% da forza de traballo mundial, ou sexa de 260 millóns de traballadores, xa o facían antes da pandemia”. Se trata do que se chama os teletraballadores.

Esta cifra, representaba nada menos do que 1 de cada 5 traballadores e cubría unha ampla panoplia de traballos distinguidos, que ían desde a industria, a administración publica, pasando pola artesáns e outros autónomos.

É entón con esta reserva de traballadores que se desenvolve a idea de por o máximo de esperanza, de continuar a actividade produtiva, en moitas das actividades, en que era posíbel, continuar a producir, co traballo á distancia.

Esta mudanza de traballo presencial, para traballo á distancia, veu permitir que moitas das actividades produtivas, puidesen deixar de estar paradas e, hoxe mesmo, en moitos casos, se manteñen a situación de moito do traballo producido, está a ser realizado a partir da casa dos operadores.

Esta situación, entre outras vantaxes, trouxo a posibilidade de que miles de operadores puidesen conciliar o traballo profesional cos labores familiares. Igualmente, queremos dicir que as mulleres tamén son das principais beneficiadas, sobre todo as que teñen familia constituída.

Máis, por outro lado parece non haber unha quebra de produtividade demasiadamente notoria.

Esta situación non pasa só no occidente, pois, sobre todo nos máis mozos chineses, este mesmo tipo de teletraballo se ten vindo a impor.

Mais, outra consecuencia emerxe, desta situación pos pandémicos. En moitos casos, tamén comezou a se intentar impor xornadas semanais de traballo, máis curtas, ou sexa, as de catro únicos días.

E como paradoxa, queremos lembrar, que mesmo países onde por tradición os traballadores facían xornadas moi largas de traballo, son entón os seus propios gobernos, a propor semanas de catro días, como é o caso do Goberno do Xapón.

Reportémonos agora a Inglaterra e, podemos concluír que a situación do traballo aí desprazado, ou sexa, fóra das instalacións das empresas, representa aproximadamente xa 18%, que en cifras de poboación corresponde a 5,9 millóns de operadores a distancia.

Estamos a aproximarnos ao chamado “traballo asincrónico”, que é unha nova clasificación dentro da xestión dos recursos humanos e, se trata, de ser como a propia palabra indica, de contrapor á desagradábel situación de que todos os operadores se amontoem ás mesmas horas en todos os medios de transporte, nas chamadas horas de punta e, así, como en los restaurantes e noutros lugares de acumulación. Unha das vantaxes en termos de protección do medio ambiente.

Temos aínda que referir que “non a bela sen senón”, pois, segundo un estudo, moi recente da empresa americana de xestión e consultadoria McKinsey, estes conseguiron detectar que existe unha cantidade bastante importante, da mostra seleccionada (se tratou dunha encosta de 65.000 traballadores), de operadores “queimados” e, que ten vindo a aumentar dunha forma moi notoria, destes chamados “queimados” e dentro destes, cerca de 42% son mulleres.

Tampouco queremos deixar de dicir, que dun estudo que tivo como tamaño da mostra 16.000 operadores, que traballaban ben nos talleres das empresas ou en teletrabalho, se concluíu que os que exercían o seu múnus en casa, eran cerca de 13% máis eficientes, que os que permanecían na empresa.

Chegamos ao momento de saber se os “PATRÓNS” están de pleno acordo, coa continuación do teletraballo, e mesmo, se recoñecen que poden até os traballadores nesta forma de actividade, estaren a dar máis horas do que aquelas que darían nos talleres das empresas.

Comezamos por unha noticia moi recente, que correu polos medios de comunicación de todo o Mundo.

Se tratou dunhas declaracións do home máis rico do mundo actual, Elon Musk, o CEO da Tesla, entre moitas outras empresas e, que afirmou, nunha carta aos seus traballadores “Para ser súper claro: o taller debe estar onde se atopan de verdade os seus compañeiros, non nun pseudo taller remoto. Se non se presenta, asumimos que tes renunciado”

Esta reacción non é soa deste patrón de patróns, por exemplo, o presidente executivo do Grupo Goldman Sachs, o señor David Solomon, afirma: “o traballo remoto non é o ideal para nós, e non é unha nova normalidade” máis adiante prevé afirmando é “unha aberración que imos corrixir o máis rapidamente posíbel”.

Igualmente o director executivo do grupo JP Morgan Chase, engade: “non funciona para a xerar ideas espontáneas. Non funciona para a cultura” (se refire a cultura da súa empresa). Mesmo dicindo o que dixen, acabou por aceptar que 108.000 dos seus 270.000 traballadores, o fagan desde casa.

Terminamos, este texto, dicindo que realmente no futuro deberá haber máis liberdade de exercer as respectivas profesións, sendo cada vez máis o traballo presencial, obxecto de substitución pola robótica, así como os restantes traballos.

Tampouco podemos esquecer, que as xornadas de traballo, terán necesariamente que acurtar, pois, é algo que xa está en marcha (as semanas de 4 días), até por causa dos sincronismos.

Non podemos esquecer os problemas ambientais, resultantes polos traslados e concentracións de traballadores, en horas e puntos de acumulación.

Así, o que queremos é alertar, que o tempo en que os xefes, subxugaban á vista os seus traballadores, os transformando en escravos e, aínda que todas as palabras dos Elan Musks do Mundo, van caendo paulatinamente “en saco roto”, se os traballadores queren e se por de pé.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.