Non ao xenocidio en Palestina! Contra a OTAN e as súas guerras

O imperialismo euro norteamericano agrupado na OTAN, do que o Estado Español fai parte, ten pasado todas as liñas vermellas co seu apoio ao Israel, e lanza unha mensaxe clara ao mundo: para defender a sua hexemonía están dispostos a todo

Polo Encontro Galego Contra a OTAN

O mesmo dia que o Parlamento do Estado Español rexeitaba a ruptura de relacións co estado sionista de Israel, este perpetra unha nova masacre bombardeando á poboación que esperaba axuda humanitaria. Confírmase o que é un segredo a voces: a maioría do Congreso e o Goberno español son cómplices activos no xenocidio do pobo palestino.

O imperialismo euro norteamericano agrupado na OTAN, do que o Estado Español fai parte, ten pasado todas as liñas vermellas co seu apoio ao Israel, e lanza unha mensaxe clara ao mundo: para defender a sua hexemonía están dispostos a todo, incluído o xenocidio de todo aqueles que vaian a enfrentalos. A OTAN e os seus lacaios como o Estado sionista, Marrocos e demáis son o perigro número un para a humanidade, e so poden evitar o desastre a mobilización social: quixeron borrar aos palestinos e o mundo fíxose palestino.

Chamamos a todas aquelas forzas e persoas a titulo individual que rexeitan a OTAN a fortalecer os organismos unitarios de oposición á OTAN e de solidariedade cos pobos en loita como o Palestino ou o saharaui, como o Encontro Galego Contra a OTAN. Chamamos a poboación a participar activamente nas mobilizacións en solidariedade co pobo palestino.

NON AO XENOCIDIO EN PALESTINA! CONTRA A OTAN E AS SÚAS GUERRAS,

UNIDADE!!

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.