Entrevistamos á actriz Marta Pérez, directora da obra ‘O Péndulo’.
Por Redacción NR | 15/12/2023
A actriz Marta Pérez fixo unha viaxe da memoria familiar á memoria colectiva con ‘O Péndulo‘, unha obra na procura do seu pasado que interpela ó pasado de cada un de nós, pois as balas que mataron ó seu bisavó, Tirso Gómez, no monte do Castro, en Vigo, estaba tamén dirixidas contra todo un pobo, que non coñeceu a guerra, senon o xenocidio.
Grazas a Marta Pérez e ao seu Péndulo, descubrimos a historia doutra muller, María Gómez, a única alcaldesa da Galiza Republicana. Con Marta conversa o noso compañeiro Dani Seixo sobre a memoria como ferramenta de construcción do presente, e sobre o teatro como ferramenta de transformación social.
Se el primero en comentar