Jon Fosse é un escritor cunha larga obra de máis de 40 títulos, mais que en España é moi escasa o coñecemento da súa obra, pois, non están os seus títulos traducidos ao castelán
Por Jose Vieira
Todos sabemos que un dos premios máis prestixiosos da literatura mundial, é o designado por NOBEL, en honra a quen o instituíu.
Moitas veces nos ten preguntado quen o instituíu.
Cabe, agora que foi nomeado un novo galardoado co respectivo premio, que poidamos desenterrar a identidade do instituidor de tal recoñecemento.
Foi o enxeñeiro, científico e inventor, de naturalidade sueca, Alfred Nobel. Este primitivamente deixou a súa fortuna como base para a creación dun premio que estimulase os esforzos na creación de desenvolvementos, nas seguintes categorías do coñecemento humano: na física, na química, fisioloxía/medicina, nos esforzos pola paz e na literatura en calquera dos seus xéneros.
De nome completo, Alfred Bernhard Nobel, naceu en Estocolmo na Suecia a 21de outubro de 1833, morrendo na linda cidade costeira italiana de San Remo, a 10 de decembro de 1896 (onde máis tarde sería coñecida polos famosos festivais de música onde despuntaron artistas como Marino Marini entre moitos outros).
Era un empresario que posuía unha empresa denominada Bofors, coñecida pola súa fabricación de material de guerra, en especial de canóns. A súa empresa, tamén era unha especialista, na fabricación de materiais pesados en ferro e aceiro.
Ficou coñecido en todo o mundo de entón, como un extraordinario inventor, comezando esa saga, moi moza, ou sexa, con só 24 anos, tendo en vida rexistrado unhas 355 patentes, tendo o seu nome sobrevivido na actualidade en varias compañías, se destacando entre outras a Dynamit Nobel (que é de máis coñecida) e a AzkzoNobel.
Parece, que nun obituario errado de súa persoa, o consideraban como responsábel do fabrico de armas que mataban persoas, esta crítica o inspirou para que crease ese premio, que leva o seu nome, como rectificación aos danos provocados polas súas armas.
Para tornar fácil ese seu desexo, creou a fundación que leva o seu nome e que xestiona os medios necesarios para a parte pecuniaria do mesmo.
Até ao presente foron atribuídos, 975 premios Nobel, nos 120 anos decorridos.
Dentro das persoas a quen foi atribuído o premio Nobel, existen 5 persoas que repetiron ese galardón, sendo as seguintes: Marie Curie, Linus Carl Pauling, John Bardeen, Frederick Sanger e Barry Sharpless.
Os premios Nobel da literatura,”tous cour”, atribuídos até hoxe, foron 127, así distribuídos de acordo coas seguintes especialidades: 77 de escritores de prosa, 33 de poesía, 14 a dramaturgos e 3 a filósofos.
Cabe igualmente facer referencia aos atribuídos en literatura, a autores de lingua castelá, que foron 11, así distribuídos:
Españois
– 1904 José Etchegaray
– 1922 Jacinto Benavente
– 1956 Juan Ramón Jimenez
– 1977 Vicente Alexandre
– 1989 Camilo José Cela
De varias nacionalidades sudamericanas
– 1967 Miguel Angel Asturias – Guatemalteco
– 1971 Pablo Neruda -Chileno
– 1982 Gabriel Garcia Marques – Colombiano
– 1990 Otávio Paz – Mexicano
– 2010 Mário Vargas Llosa – Peruano
Pasemos agora ao premio Nobel da literatura deste ano de 2023 e, a decisión da Real Academia Sueca foi, para a candidatura do escritor e dramaturgo da Noruega JON FOSSE.
Este escritor e dramaturgo, naceu a 29 de setembro de 1959, en Haugesund, na Noruega. É un escritor cunha larga obra de máis de 40 títulos, mais que en España é moi escasa o coñecemento da súa obra, pois, non están os seus títulos traducidos ao castelán.
En contrapartida é un escritor que posúe moitos e prestixiosos premios a súa carreira, dos cales destacamos os seguintes:
– 1988 Nynorsk Literature Prize
– 1997 Aschehoug Prize
– 1999 Dobloug Prize
– 2003 Norsk kulturråds ærespris
– 2003 Nynorsk Literature Prize
– 2005 Brage Prize
– 2005 Commander of the Royal Norwegia Order of St. Olav
– 2007 The Swedish Academy Nordic Prize
– 2007 The Federal Ministry of Family Affairs’ Deutscher Jugendliteraturpreis
– 2007 Orden Nacional del Mérito de Francia
– 2010 Ibsen Awards
– E o Premio Nobel de Literatura en (2023)
Como podemos verificar, non se trata dun escritor non recoñecido pois xa data de 2007, o seu primeiro recoñecemento internacional, este en a Alemaña. Seguíndose a Orde Nacional de Mérito de Francia ese mesmo ano.
Convén comezar non pola súa primeira obra, mais si, pola súa obra máis considerada, que se titula “Septoloxia”, que é unha colección agrupada en tres libros, e á súa vez nun único volume, que leva ese nome. É un libro de grande consistencia, mais que prende o lector a través de cerca de 1.000 páxinas.
Tratase da vida dun pintor, que inevitabelmente envellece, mais que desexa acabar a súa obra, mais tamén se entrechoca con problemas familiares, existenciais e de relixión.
É un escritor que é naturalmente un consagrado dramaturgo con decenas de obras dese xénero.
Tamén escribe poesía, contos infantís, ensaios e traducións.
A súa obra inaugural titulabase, “Raudt svart”, que significa Roxo, negro e que estivo nos escaparates das librarías en 1983.
Esta obra aborda un tema que sempre foi moito tratado e controverso na Escandinavia. Tratase do problema dos suicidios.
Traducidos en castelán temos:
– “Alguien va a venir”
– “Melancolía”
– “Trilogia” esta de 2018
Estes son os puntos iniciais de contacto con este interesante escritor, podendo desde xa avanzar, que está a piques de ser posto á venda a tradución en castelán de “Septoloxia”.
Aquí fica un adianto para todos os que queren estar a punto coas últimas novidades.
Se el primero en comentar