Cultura
Sordo: No país dos cegos
Hai quen pode pensar que o guión perde algo de pulo conforme avanza a película e o protagonista vai deixando un rego de sangue ó seu paso, mesmo da xente que o tenta axudar, perdendo mesmo as súas motivacións políticas, máis eu penso que isto describe ben, por unha parte, a loita de supervivencia na que Anselmo está inmerso, e por outra a desconexión co mundo que lle provoca a sordeira, que lle resta información para poder actuar na direción adecuada.