Importa ou non a desigualdade social

o sistema capitalista, foi a mellor relixión, con que os ricos conseguiron catequizar e converter, a gran masa das poboacións, que os seguen como auténticas ovelliñas do rabaño de parvos que somos

Por Jose Vieira

En 2015, foi galardoado co premio Nobel da Economía, mais instituído polo Banco central da Suecia, o escocés naturalizado americano, Angus Stewart Deaton.

Chegou aos Estados Unidos da América do Norte, hai uns corenta anos (Deaton naceu a 19 de 0utubro de 1945, o que significa que iniciou o seu 78 ano de vida) e non comprendía moito ben porque os economistas americanos, non mostraban calquera interese polas desigualdades sociais, polo menos a maioría, problema que na Europa de entón, iso era unha cuestión candente.

Más, por esa época, falamos tras a Segunda Guerra Mundial, até se podía dicir que era unha cuestión central de preocupación, dos economistas e non só europeos.

Esta cuestión lle pareceu estraña, mais rápido descubriu, que a USA, era unha taifa dos “monetaristas libertarios” da Escola de Chicago e, que eran estes, que dominaban e ditaban as cartas da economía e respectivos gobernos americanos.

Engadimos, sen calquera dúbida, que esa ditadura, continúa a ditar as súas leis, pois, está protexida e impulsada por “Os Amos do Mundo”, que son os patróns absolutos da economía americana, que nos ten dirixido e escravizado durante as décadas, desde o fin da Segunda gran Guerra Mundial.

Non podemos deixar de referir, que a independencia intelectual deses señores, está supeditada aos intereses de quen lles dá o pan, ou sexan os grandes intereses económico financeiros, que están na man de “Os Amos do Mundo”.

Así, como se están ocupados a 100%, en encontrar as xustificacións necesarias para amparar o poder unipolar dos USA.

Deaton, o noso referente de hoxe, nun seu novo libro, que se titula: “Economics in America: Na Immigrant Economist Explotes the Land of inequality”.

Desde este seu libro, podemos sacar por exemplo o seguinte, que traducimos: “existe a firme crenza libertaria de que a desigualdade non é un campo de estudo apropiado para os economistas” e, engade máis adiante “incluso se che preocupa a desigualdade, sería mellor que te cales e vivas con ela”

Esta e outras posicións de Deaton, tróuxenlle a fama de opositor aos sistemas implantados e aceptados de forma perfectamente ortodoxa, polos señores da USA, que venden como dogma de fe, “que un mercado libre sen calquera regulamentación, proporcionará unha maior igualdade económica e a liberdade individual.

A existencia de regras, que poidan limitar a actuación dos axentes económicos, trabaría o desenvolvemento do ben estar (o que parece é que querían dicir, era o ben estar dos moito ricos e poderosos dese mundo de Amos Mundiais), das poboacións.

Claro que todos os que andamos neste mundo da análise macroeconómica, sabemos de forma empírica que non son verdade as doutrinas dos “Chicago Boys”, pois, son argumentos construídos para xustificar a voráxine insaciábel os mais ricos e poderosos.

Deaton explica que se trata é dun capitalismo depredador, por parte dos USA, que só enriquece os moito ricos e as empresas á custa dos traballadores, agravando de forma constante e continúa a desigualdade social, limitando as oportunidades e, máis, alimentando o desenvolvemento cada vez máis vincadamente dunha sociedade de clases e como tal elitista e excluínte.

Avanza que os salarios reais, dos traballadores americanos, están paralizados desde os idos de 1980, mentres por outro lado, a produtividade nese espazo de tempo, se duplicou.

Mas atención, quen levou ese diferencial, como non podía deixar de ser, no sistema capitalista, foron os ricos e empresas.

Non podemos de deixar de referir, os datos estatísticos, máis recentes que podemos recoller dos observatorios da USA e, así podemos avanzar:

– 10% das familias máis ricas dos USA, posúen 76% da riqueza total

– que 50% dos máis pobres, só posúen 1% da riqueza

Cremos que estes dous datos, poden ilustrar unha conclusión inmediata: o sistema capitalista, foi a mellor relixión, con que os ricos conseguiron catequizar e converter, a gran masa das poboacións, que os seguen como auténticas ovelliñas do rabaño de parvos que somos.

E o máis grave, é que aínda os bendícemos.

Por todo isto, o noso premio Nobel Deaton, afirma que a economía, xa debe volver a se enmarcar como disciplina base, no estudo, que se debe desenvolver, na busca (até incesante) do mellor ben estar humano.

Esta aplicación a todos os títulos salvaxe das doutrinas, creadas pola Escola de Chicago e seus “boys”, espallados polo Mundo, foron impulsados inicialmente por dous dos máis ortodoxos gobernantes do mundo da desigualdade: o pésimo actor de cinema que foi Presidente dos USA, denominado Ronald Reagan e na Inglaterra, a coñecida pola “Dama de Ferro”, a señora Margaret Thatcher.

Estes foron por nós, os chamados “zume sacerdotes”, desa relixión, da desigualdade e da proletarización sen límites da poboación mundial.

A determinada altura de seu último libro referido enriba, Deaton, considera como autores materiais desa relixión “capitalismo preconizado pola Escola de Chicago”, os señores premios Nobel, Milton Friedman e George Stigler.

No entanto, tomamos a liberdade de engadir que os pais destes sacerdotes prácticos, foron toda a Escola Económica de Viena de Austria, onde dimana o señor Friedman.

Foron representantes destacados da Escola de Viena, Carl Menger, Eugen Bohm von Bawer, Friedrich von Wiesser, Friedrich Hayek, entre outros. Estes señores serviron de bases para o desarrolho dos soportes teóricos dos “Amos do Mundo”.

É moi interesante, ver unha das conclusións acerca da poboación do país onde naceu a Inglaterra e o seu país de adopción USA, así, no seu país de orixe, o Estado é visto como “un amigo en tempos difíciles” e, por outro lado que os economistas americanos, pensan que o “goberno é un roubo”.

De aí ser a súa panacea dos economistas da Escola de Chicago, “que canto menos goberno, mellor será o desempeño da economía”.

Por curiosidade, referiremos unha célebre frase do xa nomeado Presidente dos USA, Ronald Reagan, que afirmou nun seu discurso, “a guerra contra a pobreza, a pobreza a gañou”, por iso á que deixar que ela sexa cada vez maior.

Terminaremos contra outra idea absurda, e traducimos esa frase de Deaton (tradución de nosa responsabilidade): “a forma como se mide a pobreza significa que a guerra contra a pobreza nunca se pode gañar enviando diñeiro aos pobres e, afirma, esta estupidez estatística, que a política fai tan difícil de resolver favorabelmente, é unha fonte constante de maos argumentos, mentiras e mal entendidos”.

Hai instrumentos que poden resolver a desigualdade e que son sustentábeis e están debidamente estudados. Tratase da Renda Básica.

Só que os ricos e poderosos non deixan que acabe a desigualdade, pois, necesitan da man de obra dos pobres e humildes, como seu exército de traballadores de reserva, que só poden aceptar salarios de esmola.

A desigualdade, é o alimento dun exército, que só pode dicir si, sen condicións a quen os explota.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.