Liberalismo e neoliberalismo

Resultado de imagen de reagan teacher

Por José Vieira

A aplicación no desenvolvemento material dos individuos, a través dun marco de principios que atribúen ao goberno un comportamento meramente supletivo, nas relacións de mercado, tendo como obxectivo cada vez menos Estado, se chamou liberalismo. É unha definición sinxela, pero facilmente entendíbel.

Imos entón ver como estas ideas foron tuteladas, desde o final da Segunda Guerra Mundial, a través dun conxunto de institucións, que organizaban e axudaban a se atinxir os obxectivos da sociedade, saída dese conflito (podendo ser ou non intervenientes).

Así, hoxe toda a xente fala, con máis ou menos coñecemento de causa, dunhas cantas institucións de ámbito mundial, en que unhas, dunha forma xeral, enmarcan a maioría dos países á superficie do planeta, mentres outras tamén son de cobertura mundial, no entanto máis especializadas e, con menos afiliados.

Falamos da Organización das Nacións Unidas, que se trata da sucesora da falida Sociedade de Nacións (1). Esta é coñecida unicamente por súas siglas ONU. Actualmente é a maior institución mundial, sendo fundada en 24 de outubro de 1945, en San Francisco, California, nos Estados Unidos. O actual Secretario Xeral é o portugués António Guterres. A súa sede se encontra na cidade de New York, nos Estados Unidos.

Outras das organizacións multinacionais, están máis especializadas na área financeira, referímonos ó Banco Mundial, por siglas BM. Este ten a súa sede na cidade de Washington D. C., nos Estados Unidos da América. Outro dos organismos a que nos queremos referir, se trata do Fondo Monetario Internacional (2), coñecido por FMI, que tamén ten a súa sede, na mesma cidade de Washington D.C. No entanto, existen moitísimos outros organismos, de maior o menor ámbito global, coas súas respectivas especialidades.

De entre outros, falaremos dun que regula as relacións comerciais dos seus socios, desde a súa fundación en 1 de xaneiro de 1995, se trata da Organización Mundial do Comercio. Esta institución ten a súa sede en Xenebra na Suíza.

Esta organización é a única que se ocupa de elaborar as normas de conduta do comercio entre os distinguidos países. En principio, está para elaborar as respectivas regras xurídicas, serve de  fórum para acordos internacionais, que foron negociados e firmados por unha gran maioría dos países, que participan na organización en causa. Vemos esencialmente dúas actividades, unha como o espazo abertura ao comercio en xeral e, por outro lado o fórum onde os países poden ratificar acordos comerciais, entre socios.

Estamos a intentar dicir que esta organización ten como que actividade a realización dos instrumentos xurídicos necesarios, para que non haxa conflitos de orde comercial entre pares. Iso se esperaba.

Aparentemente, o que quixemos avanzar, é que dunha maneira xeral, os organismos enriba referidos, dunha forma máis o menos tutelar, estabelecen as regras de bo vivir, cos mínimos conflitos posíbeis, entres os seus membros.

Isto, quere significar, que a maior parte dos movementos quere financeiros, quere comerciais, están controlados, segundo uns protocolos, debidamente negociados, en sede propia en cada unha desas institucións. Mesmo así, resta moitas veces, acordos bilaterais e até multilaterais, dentro de ámbitos máis restrinxidos do que os protocolos xerais. Un bo exemplo é un que é de todos coñecido como o organismo tutelar, dos produtores de petróleo, a chamada OPEP. Esta engloba a maioría dos produtores, no entanto, existen produtores non agrupados nesta organización, que van máis ou menos por libres.

Estas regulamentacións ou unicamente protocolos de actuación, foron os medios de que dispuña o liberalismo, até os anos de 1980. E até entón, todo ía funcionando dunha maneira máis ou menos correcta e áxil, con poucos sobresaltos.

A pesar desta aparente estabilidade, na teoría, se asistiu, un pouco por todos os lados, a un cambio, forzado polas grande e poderosos grupos, que sen treguas, levaron a estrutura dun liberalismo pactado, até ao que se chamou neoliberalismo, nas dúas súas vertentes, na teórica ou pensamento e na súa aplicación ou praxes (até hoxe se tornar neste neoliberalismo completamente salvaxe).

Así, a primeira ameaza ao sistema de até entón en vigor, é costume tomar como ponte de partida o que se chamou o choque petrolífero de 1973.

Nun libro que se titula “Unha breve historia do neoliberalismo” saído en 2005 de cuxo autor é David W. Harvey, este sitúa a xénese do neoliberalismo desde o medio da década de setenta.  Este autor consideraba que o neoliberalismo fora unha resposta, á crise de acumulación sufrida polo capitalismo, por eses anos, e no fondo se caracterizaba por baixos rendementos nos investimentos realizados e, por outro lado, por un novo espertar de loitas sociais (provenientes da desrregulación do mercado de traballo).

É neste momento que se verifica un cambio estrutural, ou até un cambio de forzas. A crise xurdida neste liberalismo, creou as condicións, para que os países se tornasen moi máis febles e, entón xorde entón o poder dos bancos con toda a súa forza, impondo as súas condicións ao poder dos gobernos, concibindo restricións ás condicións de traballo e privatizando os servizos públicos esenciais, o ensino a saúde, tendo indo liquidando, o que restaba do estado de ben estar, etc.

Claro que se torna visíbel a total transferencia de poder dos gobernos, para as chamadas clases altas, estaban así, conformadas as condicións para se estabelecese a chamada fisura social. Desde esta situación, non máis deixaron de crecer as diferenzas sociais.

Será isto, o que querían as grandes corporacións, e as clases máis poderosas?

Recordemos que no mundo do período final da Segunda Guerra Mundial e,  volvamos a nos deter e   verificar este punto, que mesmo dentro dunha noción de liberalismo económico, que se estabeleceu a través da Conferencia Monetaria e Financeira das Nacións Unidas (repárese, que estabamos no ámbito máis xeral das Nacións Unidas), que decorreu entre 1 e 22 de xullo de 1944, no complexo hoteleiro de  Bretton  Woods ( News Hampshire, Estados Unidos da América), se estabeleceron regras para as relacións comerciais e financeiras, que habían de ser cumpridas polos países máis industrializados do mundo de entón. Estas duraron até ao fin da década de setenta.

Foi nesta mesma conferencia que se decidiu crear o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, como xa enriba temos referido. Esta nosa nova chamada de atención, é para que non deixe de ficar claro, que foi ofrecido aos distinguidos países, os instrumentos necesarios para a saída en fronte ao final da guerra, recuperando inclusive o estado de benestar para as súas poboacións.

Partindo agora da pregunta enriba formulada, vemos que xamais os poderosos do mundo à medida que se verificaba que os instrumentos creados, no encontro de Bretton Woods, se tornaban non satisfactorios (abandono do patón ouro), para as súas ambicións de sempre, mais beneficios, tamén reclamaron menos democracia nos órganos xestores das institucións enriba referidas e, o conseguiron, sendo estes poderosos quen pasaron a mandaren e a comandaren as súas actividades.

Os lugares de direccións destas institucións, pasaron a seren designados polos novos señores da economía (ver “A nova orde”, do autor deste texto en especial no capítulo de “Os amos do mundo”), pasaron a xestionar os nomeamentos dos respectivos presidentes e principais asesores, a través das portas xiratorias, para compensar favores obtidos, noutras ocasións e etapas.

Isto revela unha natureza totalmente ante democrática do neoliberalismo, nascente, que se encontraba apoiada por un autoritarismo, non só conservador, máis aínda, autenticamente neoconservador e, partindo de aí, a construción do réxime e súa estruturación, a que chamamos de neoliberalismo.

Politicamente, é na década de setenta, de medio para o fin, que se permite estabelecer as bases prácticas, desta nova orde. Dúas datas son especialmente importantes, como marcos desta presión até ao novo sistema.

Estas se sitúan coa subida ao poder en Inglaterra de Margaret Thatcher, en 1979 e, de Ronald Reagan, en 1980 nos Estados Unidos da América.

Estes dous elementos do máis conservadores que se coñecen até hoxe, proporcionaron as condicións suficientes pois, as necesarias xa estaban en curso pola implantación daquilo que era o desexo dos máis poderosos:

A DES-REGULARIZACIÓN DA ECONOMÍA

Esta é a resposta, á pregunta que antes tiñamos posto, en evidencia no texto enriba.

Este dúo de políticos, de perfil de extrema dereita económica, se dedicaron a levar a efecto a ante regulamentación das actividades. Se xuntou do lado americano o presidente da Reserva Federal (o equivalente aos bancos Centrais), Paul Volker, que executou unha brutal transformación da política monetaria. Este economista, con esta súa política, se puxo a fronte dunha cruzada, contra a inflación, a calquera prezo, resultando, como non podía deixar de ser, nun desemprego enorme e coas peores consecuencia sociais e, unha fractura enorme na sociedade.

Estas políticas, tiveron como obxectivo inmediato, a destrución do poder dos sindicatos en ambos os lados do Atlántico.

Foi desrregulada a industria, a agricultura, a extracción de recursos, abrindo de par en par todas as portas aos poderes financeiros, tanto dun lado do Atlántico como do outro. Pronto, pasou a ser a “moda” a nivel internacional, seguir á América de Reagan e ó Reino Unido de Thatcher.

Entón, saíndo das penumbras equivocas, acabaron por cognominar este conxunto de medidas, en teorías e prácticas a que se chamaron de:

NEOLIBERALISMO.

Chegamos ao momento de dar unha definición do que entendemos por neoliberalismo:

Se trata dun conxunto de teorías e prácticas  politico-económicas que determinan que a mellor forma de promover o ben estar da humanidade, consiste en restrinxir o libre desenvolvemento das capacidades e das liberdades empresariais do individuo, nun marco institucional, que se caracteriza, por dereitos de propiedade privada, mercados fortes,  comercio libre e o mínimo posíbel de Estado.

Estes os adeptos do neoliberalismo, levan até os límites máis extremos, a simplificación do Estado e dos seus poderes, estando como obxectivo, unicamente a súa representación. Policía, exército, saúde, educación, xustiza, exercito, todos os servizos públicos, todo o que “mexe”, deberá ser privatizado (3)….

Realmente, o que pretenden lexitimar, é que todas as súas accións, desde os leven a obter os maiores beneficios posíbeis e sen fronteiras, son  lexitimas. Un mundo sen barreiras, no entanto, só de “Os Amos do Mundo”. Todo o resto é só paisaxe…..

Notas:

(1) A sociedade das Nacións, tamén na altura coñecida como Liga das Nacións, foi un organismo internacional, que decorre a súa institucionalización do chamado Tratado de Versalles de 28 de xuño de 1919. Serviría para regularización das relacións internacionais entre os diversos países, tras ao Termo da Primeira gran Guerra Mundial. Un dos seus presidentes foi o político republicano portugués e profesor universitario, así como primeiro ministro da República Portuguesa, Afonso Costa.

(2) O International  Monetary  Fund, traducindo é o fondo Monetario Internacional, foi fundado en 1944, tras os acordos de  Bretton  Woods, seguindo as ideas de John  Maynard  Keynes e Harry  Dexter  White, se tomando este último como o realmente responsábel polo seu arranque.

(3) Como non podía deixar de ser un dos arautos destas posicións, se trata do fillo de Milton Friedman, que repara no nome de David Friedman.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.