Así, cada un de nós, cando facemos un deposito bancario, o que estamos a facer é de banqueiros. Estamos a prestar o noso diñeiro, a uns señores que con ese noso diñeiro, irán facer negocios, gañando diñeiro co que era noso, só porque ten unha porta aberta para a rúa e unha licenza do goberno de todos nós, para nos explotar
Por Jose Vieira
En xeral España é un país en que a principal ambición persoal, é posuír a vivenda como propiedade propia, isto é, de quen a habita, é o obxectivo de todas e de todos.
Así é costume, que os noivos, entre os seus proxectos teñan como horizonte primordial, ese desexo. É mesmo común, os noivos faceren contas aos seus ingresos seguros, para veren até que punto, poden aspirar a unha determinada vivenda.
Comezan normalmente por sumar os seus vencementos (admitindo unha situación en que ambos traballan e, que os seus empregos son indefinidos), infórmanse de cales son as vivendas que lle gustaba, para pronto pasaren á seguinte acción, a de saber se as axencias dos bancos da zona, están dispostos a financiar a respectiva compra e canto, ese compromiso lles vai custar mensualmente.
Comezan de inmediato as dilixencias para saber canto custa, a legalización da referida compra, sexa ela un piso ou unha vivenda individual, a chamada casa e, máis todas as tramitacións necesarias para poderen entrar a vivir.
Axiña, pensan canto irán gastar no equipamento mínimo necesario para poder estaren cómodos a vivir. Pensan no gasto en móbeis, en electrodomésticos, pois, moitas vivendas non ten as cociñas debidamente equipadas, nas roupas de casa, etc.
Despois de sumaren todo, verifican o custo mensual da divida a asumir co banco, e canto son os outros gasto inmediatos, dos outros etc. É entón nesa altura, que se sentirán ou non, seguros de como poderán facer fronte, a tales cantidades de diñeiro.
Tamén é normal que comecen por só contar cos gastos inherentes á compra, máis os electrodomésticos que lles fan falta e, pois, os outros custos, de máis necesarios, sempre se poden arranxar con cousas que traen da casa dos seus proxenitores.
Feitos todos estes cálculos, por eles propios ou a través das axencias que venden as respectivas vivendas (moitas xa se dedican como forma de servizo complementario, a resolver os problemas das finanzas do comprador), e avanzan para a contratación do respectivo préstamo.
Como somos optimistas, todo vai para a fronte sen problemas de maior.
Queremos dicir, que os noivos, conseguen o préstamo, ao demostrar ao banco que teñen capacidade creditícia, para asumir ese débito, dado que os encaixes declarados así o confirman.
Operación concretada = Familia feliz
Tampouco debemos circunscreber estas operacións de compra de vivenda, só a noivos, pois moitos de nós os maiores, só nos conseguimos meter nestes traballos, moitos anos despois de termos entrado na vida do traballo e, entón si, conseguir a capacidade para ter unha vivenda en propiedade.
Postos estes considerandos, podemos avanzar co que está subxacente a esta simple operación de contraer un préstamo, será a existencia de débeda, case sempre, de por vida.
Esta prestación que nos vai acompañar á praza de moitos anos, 20, 25, 30 e por veces até máis, consta dun documento, de débito do banco, que se divide en por o menos en dúas partes, ou sexa, unha será respeitante ao pagamento de xuros e a outra á amortización do capital mutuado.
Tamén como todos sabemos, estas cifras acostuman evolucionar, de formas inversa, inicialmente a parte dos xuros é maior do que a amortización do capital, pois, este permanece no inicio practicamente case sen se mover e, a medida que os anos van avanzando, sobe as amortizacións e baixan os xuros.
Esta operación, do día a día, normalmente é efectuada no país en que viven, os suxeitos activos e pasivos da respectiva relación xurídica, denominada de compra e venta.
No entanto, este financiamento bancario, está umbilicalmente ligado a outros horizontes do mundo global financeiro.
Este problema, non se circunscrebe só á dirección operacional do banco prestamista, mais si, a un conxunto de límites impostos, pola forma como se financian os propios bancos, no sistema financeiro internacional.
Dito doutra maneira, depende da forma como o banco financiador se refinancia, no mercado financeiro.
“É aquí que o porco torce o seu apéndice coxis caudal”
Comezamos por chamar a atención, de que as marxes de variación das formas de financiar, ofrecidas no mercado do crédito inmobiliario, están estritamente reguladas polas regras impostas polos financiadores dos bancos.
Claro que cada banco ten as súas propias marxes, para contraer o expandir as súas mellorías, na consecución das respectivas operacións. Será, entón evidente que existe un pequeno espazo, que os bancos explotan para personalizar unha política de marketing e, fidelizar os clientes.
Así as diferenzas son máis de pequenos pormenores, que a vista desarmada ao cliente, lles parece ser máis atractivo o banco A que o C e por aí en diante.
Entremos agora dentro da cabeza dos bancos. Os bancos non son outra cousa, que suxeitos que abriron unha porta para a rúa (unha tenda) e, están á espera que entren os clientes para, que entreguen as súas economías, por cuestións de seguranza ou en busca dalgún rendemento, a través do colocaren, nas mans do banco.
Así, cada un de nós, cando facemos un deposito bancario, o que estamos a facer é de banqueiros. Estamos a prestar o noso diñeiro, a uns señores que con ese noso diñeiro, irán facer negocios, gañando diñeiro co que era noso, só porque ten unha porta aberta para a rúa e unha licenza do goberno de todos nós, para nos explotar.
Esto ten sido o procedemento desde os tempos dos primeiros bancos. No entanto, co tempo as cousas se foron alterando, grazas á importancia e poder que estas sociedades que co “diñeiro dos outros” foi adquirindo, na sociedade.
Estes mesmos señores emprenderon a constitución de asociacións de bancos, en cada un dos países, en que ían eles mesmos depositando unha porcentaxe dos depósitos que posuían. Desta maneira os varios bancos fundaron o seu banco central, ou sexa, o banco dos bancos de cada país.
Estes en a xerga común tamén son coñecidos como os bancos emisores, pois de acordo cos gobernos do momento, fabricaban diñeiro físico, que posteriormente seguía dúas vías, pagar os gastos do goberno, como anticipación dos ingresos dos gobernos ou mesmo como financiación directa e, prestar diñeiro aos bancos do seu país (que até son seus socios).
Esta foi a maneira, dunha forma moi simple mostrar con se desenvolveu o sistema financeiro, até chegar á complexa estrutura obscurantista actual.
Xa temos unha pequena idea de como os bancos á súa vez dependen moito máis das súas propias estruturas corporativas do que dos estamentos políticos do momento.
Máis para dar un ar de seriedade ao negocio de prestamistas, os Bancos Centrais de cada país, emisores de diñeiro ou non, se declaran independentes dos respectivos gobernos do momento.
Posto este esclarecemento, imos volver ao par de noivos que foron contratar un determinado préstamo que o banco lles concedeu, ofrecéndolles as seguintes dúas condicións; pagamentos mensuais fixos ou mensuais variabades.
Pomos só estas dúas alternativas, pois, se tratan das que marcan as regras esenciais do negocio.
Normalmente, os bancos, teñen as mesmas motivacións, que ten o veciño que ten unha corredoria de seguros e, queren gañar máis diñeiro, facendo chantaxe, ao conceder o crédito, impondo ou case, a compra de roupa de casa, vaixelas, seguros, viaxes, electrodomésticos, etc. Se trata de máis é unha forma, pouco honesta de aumentar os seus lucros, pois, aínda por riba funcionan como vendedores á consignación e, sen incompatibilidade de xénero de actividade.
Nos parece até un acto de competencia desleal, até para con moitos dos seus clientes, que son desas áreas de negocio en que os bancos explotan.
Volvamos ás condicións do respectivo contrato de préstamo.
Falamos, para simplificar en dúas modalidades; primeiro, xuros e amortizacións, nunha cota de importe sempre igual, ou sexa un valor constante, á praza do tempo de vida do préstamo e, unha segunda modalidade, cuxa mensualidade, en que ambos os valores se van modificando, en función dos cálculos do servizo da divida.
Imos ver agora, o que pode primeiro influír en ambos os casos no cálculo deses valores a pagar ao prestamista.
O importe do préstamo, o tempo de duración da referida débeda, a calidade das garantías ofrecidas polo debedor e as compras que o cliente acepta facer.
Todas estas condicións, son naturalmente controlabades polo prestamista, ou sexa, a entidade que pon o diñeiro para o proceso en curso. Existe neste momento, aquilo a que chamamos un risco inherente á operación, que é máis ou menos calculábel con bastante pouca marxe de erro polo banco acredor. Claro que ese risco crediticio, entra nos cálculos do custo da operación de financiamento foi estabelecido, cos elementos atrás referidos e calculados casuisticamente.
No entanto, existe unha outra condicionante, cun peso enorme, na feitura da operación e, que a podemos chamar, risco de variacións bruscas, do custo do diñeiro nos mercados internacionais. Este risco igualmente vai dentro do custo real do diñeiro en cada momento da operación, como máis un custo a debitar ao cliente por parte dos bancos. Así existen dous tipos de riscos, os inherentes ao cliente e outro ás variacións internacionais dos xuros.
Postos estes esclarecementos, de como os bancos raciocinan e polo outro lado os seus clientes, imos ver porque os prezos do diñeiro están cos valores que están. Nos referimos a actualidade.
Queremos alertar, que non é nosa intención indicar, como procede cada un dos bancos ou mostrar as súas diferenzas, que desexamos é mostrar porque os prezos do diñeiro se encontran neste nivel actual. Así como, esclarecer que os prezos existentes, actualmente relativamente estábeis e accesíbeis, non son regalos dos bancos prestamistas.
Antes de máis, tampouco estamos no máis mínimo, na busca do “noso cisne negro”, para polas tintas máis negras da economía do que elas xa están.
Debemos moitos de nós, aínda recordar que por altura da crise de 2008/2009 e durante moito tempo, os prezos das hipotecas, se traducían en mensualidades moi máis elevadas do que na actualidade, esa é unha verdade incontestábel.
Entón diciamos que a culpa era do sistema pois, os diñeiros custaban moi caros e, os bancos tiñan ao prestar, procurar que o seu cliente cubrise os seus custos e, máis a respectiva marxe de beneficio, esperada para a entidade prestamista.
Pois, o prestamista ía pronto a descontar esa operación nos mercados respectivos. Todo isto pasou até que a “burbulla”, rebentou nos Estados Unidos da América, dando orixe a gran crise que referimos (as chamadas hipotecas lixo).
Moitos de nós sentimos na nosa carne, esas dificultades, que pronto culminaron no chamado camiño estreito das restricións e da austeridade. Recordamos as accións conxugadas do FMI do BCE (1) e como non, da señora Merkel da Alemaña.
As cousas se foron recuperando (no entanto, aínda hoxe existen enormes feridas desa crise que non totalmente superada) e, chegamos a unha nova etapa, en que os financiamentos para adquisición de vivenda persoal, volven a ser posíbeis, ou sexa, en que os prezos das mensualidades volven a ser soportabades.
Estamos antes da pandemia de 2020.
Isto quere dicir que o problema dos desequilibrios dos países, provocados polo exceso de débeda, tanto de particulares como dos gobernos, se viñeron a atenuar e a estar dentro dos límites acordados entre Estados.
Os chamados déficits controlados.
Se, a memoria non traizoa, queridos lectores, só en España, o rescate dos bancos, foi de cerca de 70.000 millóns de euros, que até hoxe non foron devoltos, “polos queridos bancos”, é diñeiro de todos os españois. Tamén recordamos, que o goberno prometeu que era só un préstamo e, que a poboación até viría a gañar diñeiro coa operación (2).
Contas reequilibradas, pasamos a situación de case barra libre, de novo na adquisición de vive. Até qui chegamos, con prezos do diñeiro, máis ou menos iguais entre bancos e, pequenas variacións de condicións hipotecarias.
Había que dar saída aos stocks existentes de vivendas.
Coñecedores de que había de dar saída a estas vivendas imobilizadas que pesaban nos balances dos bancos, estes pasaron a ter case barra libre a baixos prezos, ao redesconto, nos bancos centrais e a poder recorrer ao BCE (Banco Central Europeo). Hai diñeiro e prezos bastante atractivos para os bancos no seu negocio de prestamistas. Chegaron aos xuros no BCE a ser negativos.
Estamos o tempo do diñeiro gratuito
É evidente que estamos a alixeirar o texto, pois, as cousas aínda son máis sesgadas do que parece.
Cando todo parecía que se ía a estabilizar, e que a economía se estaba a refacer realmente da situación de crise de 2008/2009, con soltura, nos encale encima en 2020, oficialmente en marzo, a pandemia de covid 19.
Novo golpe na economía, que tivo non soa que deixar de se recuperar, ou de se estabilizar, para non só paralizar e, na maioría dos casos, decrecer.
O que fixo o presidente da Reserva Federal dos Estados Unidos, foi comprar bonos, polo diñeiro a prezos tales, que chegaron a taxas de xuro negativos, a subsidiar a economía para evitar o seu colapso, provocado pola paraxe debido á pandemia. O mesmo sucedeu na Europa e pola primeira vez na súa historia, se promoveu un préstamo, a través de bonos que foi avalado polos países do euro, conxuntamente. Desde esa situación, foron creadas as condicións para haber préstamos con xuros realmente atractivos para os particulares e diñeiro para acaparar a economía e inverter o seu sentido. Porque este esforzo e conxugación de esforzos?
É que esta crise está a ser tao dolorosa, e grave, que non só fixo que a economía decrecesxse, como se crease un desabastecimento de materias primas e, consecuentemente de produtos (crise de desabastecimento), elevación dos prezos de todo o que son materias primas e compoñentes semielaborados, que mostran unha subida xeral de prezos. Se verificou simultaneamente unha perda de empregos, pois, moitísimas empresas tiveron que parar, ou mesmo que desaparecer e, igualmente as que puideron continuar a traballar, tiveron até que reaxustar á subida salarios, aos traballadores que estaban máis calificados.
Reparemos e xuntemos os fíos da tela e, temos: subida de prezos, desemprego á alta, que o emprego que se crea é inestábel e temporal, desabastecimento de todo o tipo, empresas en quebra, economía global, en completa desaceleración, máis traballadores reformados e, como non, estamos nun certo momento en que emerxe a inflación.
Se a isto xuntarmos a capacidade de se manter e até se desenvolver esta inflación con todos os condimentos que enriba referimos, podemos dicir, sen querer ser demasiado alarmistas, que estamos dentro xa, do que os economistas designan como estainflação.
Este é un dos escenarios que máis temen os macroeconomistas.
E se este escenario persiste, se acabará o diñeiro barato
Este é o guión dun drama en moitos actos, que ten desde xa, uns actores principais, que serán chamados a actuar, dunha maneira rigorosa, para trabar a dita inflación. San os señores presidentes dos Bancos Centrais. No caso da España, será o Banco Central Europeo, que terá que cerrar o acceso á barra libre do diñeiro e como tal, a subida do tipo de xuros, así como a recompra de bonos de estado (3).
É aquí que entra, probabelmente, a trabar este retorno a austeridade, o infeliz agravamento da covid 19 e a nova variante designada por “*Ómicron”.
Será, pois, esta situación de “calamidade”, que fará eventualmente con que os señores da Reserva Federal Americana, do Banco Central Europeo e do Banco da Inglaterra, adíen o ataque á inflación coa habitual subida dos xuros dos préstamos, o recorte na compra dos bonos dos Estados, e todas as medidas que serían indicadas para trabar a inflación.
Pode ser mesmo, que con este adiamento das tales medidas, veña a acontecer que esa mesma inflación, acabe por ser unicamente temporal e de reaxustamento estrutural. Se iso for así, pode que a economía deixe de estar estancada e lentamente sae a contestar, que non estamos na tal situación dunha inflación persistente e que finalmente aprendamos a convivir coas pandemias e co mundo que nos toca vivir.
Iso esperamos con moita ansiedade
Notas:
( 1 ) BCE – Banco Central Europeo, FMI -Fondo Monetario Internacional.
( 2 ) Todo promesas do partido de entón, o Partido Popular, que así nos empobreceu en que se saiba en por o menos 70.000 millóns de euros)
(3 ) A consecuencia son os valores das hipotecas polas nubes, se non houber un estímulo real de contención das xa contratadas.
Se el primero en comentar