Hai alternativas

A emancipación parece ter unha forte conexión, coa teoría crítica, sempre orientada para atacar o marxismo, dicindo ao fin e ao cabo, que este está completamente errado, cando discute as razóns das loitas de clase e, que só o criticismo de Honneth, é o que realmente clarifica a orixe desas mesmas loitas de clase.

Por Jose Vieira

Comezamos este texto cunha citación dun teórico da política, Axel Honneth, no seu traballo, “A idea do Socialismo” onde atopamos o seguinte: “o descontento xeral permaneceu estrañamente mudo e introvertido”, para pronto continuar, “simplemente carece da capacidade suficiente para pensar máis alén do presente para imaxinar unha sociedade despois do capitalismo.”

Quen é este señor?

Tratase dun filosofo e sociólogo alemán, natural de Essen, nacido nos idos de 1949. É considerado unha das figuras máis influentes da actual escola de filosofía, designada pola cidade a que pertence a universidade en cuestión, que é Frankfurt.

Traballou e traballa sobre todo sobre a teoría do coñecemento, seguindo as doutrinas desenvolvidas por Jurgens Habermas. Tamén o recoñecen como un seguidor da Teoría Crítica Social.

Este filosofo é considerado a figura máis importante da terceira xeración da chamada Escola de Frankfurt.

O que queremos dicir, con esta frase, que traducimos, parece facer crer, que este filosofo, tamén efectuou un xiro de posicionamento pois, como se pode deixar desde xa afirmado, existe un consenso, de que se está tornando cada vez máis saínte, a necesidade de que a teoría crítica inverta está tendencia.

Como representante da teoría crítica, Honneth se ten implicado, por menos até agora, por un afastamento de Karl Marx e, unha aproximación a Hegel.

Quen é Hegel?

Hegel naceu na cidade de Stuttgard a 27 de agosto de 1770 e morreu en Berlín a 14 de novembro de 1831. Case sempre ten sido considerado un dos catro grandes cartesianos, sendo os outros tres, René Descartes, Immanuel Kant, Edmund Husserl. Igualmente se lle atribúe a paternidade da chamada “Consciencia da modernidade.”

Karl Marx, interpretou as súas teorías, a través da lente do materialismo, subordinando así o xénero humano e a súa razón, aos atropelos das gran decisións e conformacións da materia, onde se inclúe o Estado, a Igrexa e o mercado. Por esta visión, o ser humano, “depende de forma inevitábel das condicións, materiais ideais, tendo que se afrontar a esas condicións cunha dialéctica non morredoira, que non o torna libre, o prende a unha nova forma material en cada ciclo dialéctico”. Así, o que vemos, é unha súa rexeita de volver a Marx, facendo acusacións, de que este nos leva ao reducionismo, economicismo, determinismo, produtivismo, homoxeneidade e moitas outras cousas, que a seu ver non conveñen.

Para Honneth, o marxismo é unha teoría en que o economicismo, como que cega os horizontes, que se vislumbram na súa imaxe de emancipación.

Exactamente aquí e, neste momento, que non podemos deixar de por en cuestión, que o marxismo na actualidade insiste, precisamente, en analizar os constranximentos das institucións e, esas análises están cheas de pragmatismo, non afastadas do pragmatismo que, no entanto, Axel non o quere ver e por iso o critica.

Diremos que é o marxismo é bastante mais pragmática, do que intenta Axel na súa critica, pois, nos advirte sobre os obstáculos que teremos que nos afrontar no incerto futuro.

Segundo este, estabelece unha crítica baseada nunha acusación da utilización dunha lóxica a que chama de “estrutural/ funcional”, que considera insustentábel. É unha forma, para Axel problemática, utilitaria e cuxos valores só serven como unha maneira de alimentar a loita de clases, sobre a tal estrutura funcional e motivada por intereses, segundo el económica.

Nas súas obras, que son necesariamente influentes, afirma reiteradamente que o que leva ás loitas de clases, ou sexa, o que soporta os conflitos sociais, son sentimentos de humillación e de desprezo en nítida oposición a Marx.

No fondo o que esta a facer Honneth, é a utilizar a situación exposta por Hegel, entre grupos, ou dito doutra forma, a relación entre o grupo dominante (amos do mundo) e os dominados (o resto da poboación). Esta é nada máis nada menos do que se normalmente se chama a dicotomía de Hegel, “o amo e o escravo”.

Para Axel, o que ve, é que as loitas sociais, resultan de que os grupos máis desfavorecidos, procuran buscar refuxio nas leis xa institucionalizadas, para que sexan interpretadas e aplicadas a seu favor e contra os dominantes. Acolléndose na xustificación que estes se senten marxinalizados e, os seus intereses non considerados.

Así, a emancipación parece ter unha forte conexión, coa teoría crítica, sempre orientada para atacar o marxismo, dicindo ao fin e ao cabo, que este está completamente errado, cando discute as razóns das loitas de clase e, que só o seu criticismo (de Honneth), é o que realmente clarifica a orixe desas mesmas loitas de clase. Tamén ataca os marxistas doutra maneira, afirmando que o socialismo, por estes imaxinado, fracasou, pois, non resolveu nin resolverá, nunca coas súas teorías, dun golpe, os conflitos sociais.

Poderiamos dicir, que Axel considera que as ideas de Marx, se pechan demasiado de pronto e, por iso de aí o recoñecemento, da súa “limitada” capacidade para detectar os movementos emancipadores (estes son os fundamentais argumentos para Axel, o sexa, a “emancipación”).

O que quere dicir, é que o marxismo, que sempre é recoñecido como unha doutrina critica, non pode ser recoñecido como unha teoría crítica.  Isto é realmente o que Axel Honneth quixen afirmar, nas suas obras, sobre todo nestas “A sociedade do desprezo” e “A loita polo recoñecemento” e, en múltiples conferencias espalladas polo mundo das universidades.

Así son as diferenzas esenciais:

En forma de sumula, as ideas de Honneth, o que pretenden afirmar, é que tanto cando se combate contra unhas ganas non libres, ou contra unha lei inxusta ou arbitraria, o que nos move é un impulso de autonomía e, non outra razón.

Por outro lado, Marx, o que defendía e os marxistas, é un estado de liberdade social, en que os distinguidos grupos se informan e educan por si propios, a través dunha loita de clases e, con esa aprendizaxe, procuran aumentar a súa liberdade, para todos os seres humanos. 

Se quixermos dalgunha maneira, calmar as discrepancias desta fronte aberta por esta xeración da chamada escola de Frankfurt, é dicir que o que o filósofo Axel Honneth, parece ser é un paracaidista de grupo de intervención, nunha tentativa de asalto do criticismo idealista e, talvez pragmático, ao marxismo.

Para xuntar fundamentos para este estado de animo do señor Honneth, engadimos a unión aos seus fundamentos teóricos, a de o filosofo e psicólogo americano John Dewey, que realmente era un opositor desde sempre aos marxismos. Entón, con Hegel e a cabalo de John Dewey o americano psicólogo, intentan acurralar o marxismo nunha teoría “neopragmática do recoñecemento”, o que a noso ver nin é individualista, nin tao pouco economicista.

Engadimos, unha pequena nota, sobre quen foi o filosofo e psicólogo John Dewey. Este señor naceu en Burlinton estado de Vermont en 20 de outubro de 1859, nos Estados Unidos da América.

Se graduou na Universidade de Vermont, tendo afondados os seus estudos na Universidade de John Hopkins. Foi un seguidor de Hegel, a través doutro dos seus continuadores George Morris, por entón profesor nesa Universidade. Posteriormente Dewey pasou a ser o director do departamento de filosofía de Universidade John Hopkins. O mérito máis recoñecido deste é ser considerado o fundador da pedagoxía moderna.

As súas aportacións a pedagoxía contemporánea, teñen sido moi desenvolvidas sobre todo nas universidades alemán e de certo modo en Portugal (anos 80, do século pasado e no departamento de Ciencias da Educación), sobre todo no que se trata da elaboración dos distintos constructos mentais.

Terminamos este texto cun chamamento, a que os señores da Teoría Crítica, o que deberían facer era tentar entenderse, articulando e interpretando a loita de clases, a través do coñecemento real das Ciencias Sociais, e como tal, producir un coñecemento verdadeiramente transformador e consecuente.

Non podemos deixar de ver nestas diverxencias, moi máis que vontade dalgunha precisión filosófica, que en ningún momento, por en risco calquera unha as doutrinas, no seu aspecto operacional.

No fondo, o que se debía facer, na nosa modesta opinión, era a síntese construtiva de ambas as correntes, para que de aí puidese saír, con gloria e eficacia, novos constructos mentais estructurantes, verdadeiramente eficaces, na sociedade en que vivimos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.