Estamos na altura, de indicar algúns números debidamente contrastados, da “cruzada” anticomunista, levada a efecto polos americanos, sobre a batuta dos mestres das operacións clandestinas, para as cales, foron sempre debidamente escurecidas as noticias das súas execucións.
Por Jose Vieira
Dunha maneira xeral, sempre que pretendemos falar de exterminio dunha poboación, queremos sempre relacionar ese triste evento, coas causas que o determinaron.
Sempre temos lido ou visto en numerosas películas, documentarios e en moitos outros medios de comunicación, que os case exclusivos destrutores dunha poboación foron os alemáns (e dentro destes os chamados nazis, do tempo de Hitler) ou como non, os dirixentes comunistas do tempo de Stalin.
Non estariamos moi afastados das ideas correntes sobre o tema, se non dixésemos que no Holocausto (eliminación de entre 5 a 5,5 millóns de xudeus, polo réxime nazi da Alemaña e dos seus socios, italianos e xaponeses), antes e durante a Segunda gran Guerra Mundial e, como non, a eliminación de opositores ao réxime ruso de Stalin, de máis ou menos, a mesma cantidade de cidadáns rusos, non fosen situacións, como mínimo idénticas.
Poderiamos dicir, dunha forma inxenua, que os “carniceiros asasinos” únicos, foron os señores do eixe de fascista da gran guerra enriba referido e o réxime comunista da Rusia do tras Segunda Guerra Mundial”.
Naturalmente se nos aparece a dúbida e, como tal, a necesidade de que a historia, nos marca, outras situacións, para as cales se operaron auténticas liquidacións de poboacións, coas máis diversas xustificacións, para tan nefastos éxitos.
Antes de proseguir, na historia máis recente, contemporánea, recuemos ao tempo da colonización das Américas, levada a efecto polos pacíficos europeos (os descubridores españois, portugueses, franceses, holandeses e como non, os ingleses), que levaban nunha man a espada e na outra a cruz do catolicismo. Estes beatíficos suxeitos, dunha forma perfectamente católica, exterminaran desde o Canadá até aos confíns da Arxentina, cerca de 90%da poboación indíxena, que feitas as mellores contas, ascende a uns 57 millóns desa poboación autóctona. E todo isto, en nome da civilización cristiá.
Por outro lado, os cidadáns brancos, que se fixaron nos Estados Unidos da América do Norte, masivamente de maioría inglesa, se entretiveran a comprar e a vender, a torturar e a maltratar, ós escravos de orixe africana, outorgándose no dereito de vida ou de morte, deses escravos até ben o miado do século XIX e, polo medio a dizimar os indios peles vermellas.
Este país, que se arroga como a autoridade máxima, ben ética ben moral do mundo, asenta a súa forza identitaria nun pasado escravista, que continúa a practicar, só que agora fóra do seu territorio.
Se non vexamos como evolucionou o seu imperialismo, agora o século XX, en especial desde a Segunda Guerra Mundial, en que se sentiu lexitimado, ao ser o único vencedor dese conflito bélico, en que o seu territorio saíu incólume. Recordemos que todos os aliados saíron gañadores, mais cos seus países devastados pola destrución da guerra.
Xa en anteriores textos nos referimos a que os americanos, a semellanza da súa matriz (a Inglaterra e, estes con os servizos secretos M16), crearon un primeiro servizo secreto, que reparaba nas siglas OSS (recordamos que eran a división, designada por Despacho de Servizos Estratéxicos) e, que aos poucos, transformaron na famigerada institución do mal denominada CIA (chamada Central Intelligence Agency), estabamos en 1951. Estivo a fronte das operacións clandestinas o famigerado señor Frank Wisner.
Postas as cousas neste estadio o tempo, período tras o conflito de 1939 a 1945, imos a ver o que se para co estado vixía e imperialista, todo poderoso, que sobre todo foi o grande gañador económico do conflito. Recordemos que Winston Churchill por entón, primeiro ministro inglés, afirmaba: “nunca tantos deberon a tan poucos”.
Así os americanos tomaron esta expresión a letra e se implantaron, como prestamistas (altíssimos xuros), na reconstrución, fornecemento de equipamentos e de todo o máis, necesario para a recondución da Europa destruída. Foi un negocio redondo (Plan Marshall).
Estamos na altura, de indicar algúns números debidamente contrastados, da “cruzada” anticomunista, levada a efecto polos americanos, sobre a batuta dos mestres das operacións clandestinas, para as cales, foron sempre debidamente escurecidas as noticias das súas execucións.
Non esquecer, que toda a técnica e programática que se deixa a seguir, tivo como instrutor e acompañante a CIA americana.
Comezaremos pola intervención, na área da China, aínda co xeneral Chiang Kai-Shek no poder, debidamente apoiado polos americanos, mais aínda sen a CIA, tendo como punto de aplicación a Illa Formosa e, o ano de 1947. Foron exterminados, cerca de 10.000 chineses, posibelmente adeptos de Mao Tse Tung, ou sexa, comunistas.
Volveron a soar as tubas do exterminio e, entre 1948 e 1950, na Corea do Sur, contaronse entre 100.000 e 200.000, eliminados por acción americana na cruzada anticomunista.
Entre 1963 e 1978, estes excelentes loitadores anticomunistas, eliminaron no Iraq, uns 5.000 comunistas ou máis rigorosamente a poboación que non ía coa cara dos señores da CIA.
A mesma cifra de comunistas, foron eliminados no Irán, o ano de 1988.
Nunha operación lóstrego, uns comandos no Sudán en 1971, chacinam uns máis de 100 pseudo comunistas.
Para que a Tailandia, non se sentise fóra do contexto protector anticomunista, os señores americanos, o ano de 1973, liquidan máis de 3.000.
Como estaban moito cerca o Sri Lanka, entre 1987 e 1990, son dizimados entre 40.000 e 60.000 locais comunistas.
Na antiga colonia de Portugal, de Timor Leste, entre 1975 e 1999, son exterminados, máis de 300.000 autóctonas pseudo comunistas.
Non obstante, entre 1965 e 1966, nun curto prazo dun ano, se estabeleceu a marca de eficacia da CIA na Indonesia, sendo abatidos máis de 1.000.000 de comunistas indonesios.
Recordemos a triste famosa operación Fenix, levada a efecto no Vietnam, que en menos de catro anos, foron eliminados 50.000, isto entre os anos de 1968 e 1972.
Pasemos as Américas e, neste caso a de o Sur e, na famosa operación Cóndor, entre 1970 e 1980, nos seguintes países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai, o exterminio foi de entre 60.000 e 80.000 locais, por comunistas.
En El Salvador entre 1979 e 1992, foron mortos máis de 75.000 salvadoreños.
Na Colombia polo mesmo motivo, entre 1985 e 1995, se mataron entre 3.000 a 5.000 colombianos.
Na Guatemala, entre 1954 e 1996, foron exterminados máis de 200.000.
Na Nicaragua, uns 50.000 pasaron polas armas, entre 1979 e 1989.
Nas Honduras de 1980 a 1993 desapareceron uns 200 cidadáns.
Finalmente no México, entre 1965 e 1982, foron eliminados algo máis de 1.300 mexicanos comunistas.
Tamén queremos alertar, que estes números indicados, perden por ser notoriamente inferiores ao que de verdade pasou.
Como podemos ver, desta reseña minimamente numérica, non hai lugar para dicir moito máis, que poida ir en aboo deste país, que se asume co policía do Mundo actual, mais que a noso ver, lle falta non só lexitimidade como autoridade ética e moral, no pasado, como agora no presente para lanzar a Europa nunha crise económica, por unha invasión que podía moito ben ser evitada, da Ucraína pola Rusia.
“Unhas veces se coloca o ramallo nunha porta, mais o viño se vende noutra porta”
Se el primero en comentar