Estamos nunha dobre necesidade imperiosa, a Europa necesidade de gas como de pan para boca e os rusos de rublos ou doutra moeda, de forma desesperada. Esta situación ten que ser resolta, non mañá, mais si hoxe…
Por Jose Vieira
Fomos sorprendidos, ou talvez non tanto, coa noticia de suspensión do fornecemento de gas a Polonia e a Bulgaria, por parte da Rusia.
Claro que o país fornecedor, necesita urxentemente que entren nos cofres do seu Banco Central, as respectivas divisas, so a forma de rublos. E segundo parece, os respectivos países agora coas súas represalias, polo corte de gas, non estaban a cumprir as novas alteracións, segundo as imposicións da Rusia.
Claro que os rusos necesitan que se lles paguen en rublos, pois, se deixan de entrar rublos con base en divisas estranxeiras este mesmo caerá aínda máis no computo mundial, e as súas importacións custarán os ollos da cara do señor Putin.
Vexamos o que de aí decorreu en termos dos mercados. Tomemos como exemplo, os holandeses Title Transfer Facility (TTF), que nos contratos europeos de gas natural son referencia, e que cotizaban antes do corte a 92 €, este luns, dous días despois, cotizaban a 125 €. Se tratou dun incremento de calquera cousa, como do 36%.
Fagamos outra abordaxe máis exemplificativa, ou sexa, se tomarmos o ano de 2021 o mesmo mes, e coa data de 28 de abril, tiñamos para entregas no mes de maio deste corrente ano de 2022, o prezo de 17,47 €, o MWh (1), o que significa que 125 €/17,47€ = 7,15 veces de aumento este último ano, o que representa doutra maneira un aumento do 615%.
Non podemos deixar de non referir, que se este aumento ten aparecidos dous meses antes, en pleno inverno, o seu impacto sería aínda máis grave.
Que vai acontecer, por exemplo, a Polonia, vai ter que comprar máis gas ruso, mais agora á Alemaña que fará o respectivo “bay pass”.
Máis, se perspectiva que o prezo do gas aínda subirá máis, se a Rusia restrinxir o fornecemento de máis países europeos (os chamados prezos de contratos TTF). Esto ocorrerá especialmente llo corte de fornecemento se centra en países como a Alemaña, a Francia ou a Italia.
Estamos nunha dobre necesidade imperiosa, a Europa necesidade de gas como de pan para boca e os rusos de rublos ou doutra moeda, de forma desesperada. Esta situación ten que ser resolta, non mañá, mais si hoxe…
É voz común, que Rusia sen entradas macizas de diñeiro, pola venda dos seus combustíbeis e, os seus principais clientes son europeos, estoura.
Basta ter en conta, que as receitas habituais, computaran antes da pandemia en 331,4 mil millóns de dólares americanos, unha fonte que a Rusia non se pode permitir descartar.
Como podemos ver, existe realmente un drama do gas e do petróleo, por parte do fornecedor Rusia e outro drama non menor, por parte dos seus clientes europeos.
Cremos, que ao estaren ambos contra a parede, resulta en que o conflito armado aínda non foi de máis.
De aí a nosa impresión, de que os rusos non van cortar máis fornecementos de gas, pois, non se poden dar ao luxo do facer, sen ter outros compradores para idénticos valores e, iso non parece ser viábel a curto prazo.
Teñamos, mentres, en atención, que a Alemaña, que é o motor da economía europea e, cun corte certo de gas, sería atinxida de forma drástica na súa industria e, como tal, non deixará de ter un dobre discurso cun sentido moi pragmático.
Supoñendo que poida acontecer esa escalada, queremos alertar, que vai ter que haber unha cousa chamada “racionamento”, que carrexará inevitabelmente, unha subida en frecha dos prezos.
Tamén queremos deixar, unha nosa reflexión, pois, as necesidades de gas eran pensabades, dato o proceso acordado de descarbonización da economía. E non é por acaso, que xa durante os períodos máis graves da pandemia, aparecesen disrupcións entre a oferta e a procura do respectivo combustíbel.
Non obstante, os prezos do gas americano, se mantén estábeis, no entanto, con prezos máis elevados do que era o gas ruso, para alén do custo do transporte moi maior (se trata de transporte marítimo).
Así a Europa está cada vez a importar máis gas dos Estados Unidos da América do Norte, con vista a se desfacer da dependencia da Rusia, substituíndo unha pola outra, mais con prezos naturalmente maiores.
Para se dar conta do real custo dos fornecementos americanos, basta dicir que os prezos de entrega até ao fin do ano corrente, están por enriba dos 100€ por MWh. No entanto, existe unha tendencia a baixaren de forma lenta, até 2025, podendo nesa altura roldaren os 45 €, mais só mesmo ao final do ano, en cuestión seguindo os especialistas na materia.
Terminamos, dicindo que unha das consecuencias inevitábeis, é un aumento dos prezos en xeral e en especial dos produtos que resultan de transformación industrial.
Non podemos deixar de dicir como sempre o facemos, as sancións teñen sempre consecuencias nos dous sentidos ou sexa, sobre quen as recibe y o respectivo “ fee de back” para quen as aplica.
Nota:
MWh, significa megawatt-hora
Se el primero en comentar