O autoritarismo, libertarismo na economía e o Brexit

Los posibles escenarios del Brexit | Onura

Por Jose Vieira

En xuño de 2016, se realizou un referendo no Reino Unido sobre se os seus cidadáns pretendían continuar na Comunidade Europea, da cal eran un dos fundadores, o se ao contrario, non vían interese en continuar a pertencer ao referido espazo comunitario.

Así neses referendos había dúas opcións, opostas:

REMAIN = PERMANECER e LEAVE = ABANDONAR.

Os resultados apareceron na mañá do día de San Xoán, tal como dunha fogueira mal extinguida, desa noite de pracer e diversión moi peninsular.

Para unha maioría de aprendices de feiticeiros da economía, non nos pareceu ser unha gran sorpresa os resultados.

REMAIN = PERMANECER   48,1%

LEAVE = ABANDONAR       51,9 %

Nota: estes valores, son obtidos sobre o total dos boletíns debidamente entregados.

Comeza neste momento aquilo a que chamamos a hipocrisía do poder económico/financeiro, pois parecería a primeira vista que os señores da City londiniense, estaban desexosos de que o resultado fose o de permanecer na CE.

Isto parece à primeira vista que os poderosos intereses financeiros da City foran derrotados.

Foi así, que pasaron as cousas?

A resposta é conclúente, non foi nada diso o que na verdade pasou.

Falamos por enriba de hipocrisía pois, foi iso o que pasou durante toda a campaña efectuada no reino unido, senón, vexamos:

Canto a fondos necesarios para inclinar a balanza dos resultados, como todos sabemos, por experiencia propia, o que é necesario é dispor dos medios financeiros necesarios e, entregar a expertos de comunicación e marketing político, para que se poida obter o resultado desexado.

Esta é unha verdade insofismável e que está á vista de todos.

Ora se cousa tiñan os homes da City é diñeiro, e como tal o utilizaron da mellor forma posíbel, no sentido de obteren os resultados, que realmente tiñan como máximo obxectivo.

Así a City, dirixiu dúas campañas de sentidos diverxentes, isto é, que apostou polos dous cabalos concorrentes, só que con cantidades distinguidas de medios, e con menos nítidas as cabezas de financiación á vista desarmada.

O que eses señores fixeron foi dividiren os medios que querían dispor, para conseguir os seus intentos. Por un lado, o que lles parecía ser o camiño politicamente correcto, dar medios para a permanencia na CE pero por outro lado e servíndose doutros “cabeza de turco”, e inxectando máis medios a estes, inclinar a balanza para a saída, que finalmente era o seu obxectivo.

COMO ISO SE PROCESOU?

Como non podía deixar de ser, o conglomerado financeiro da City, dedicou máis de dous partes do seu orzamento para promocións, neste problema de saída ou permanencia da C.E., promovendo subliminarmente a saída. Por outro lado só cerca de 1/3, dos seus fondos para a operación en causa, se destinaron a manterse o Reino Unido na C.E..

Está tan nítida, a planificación do sector financeiro, que se fixermos as divisións por porcentaxes, dos fondos envolvidos na promoción do referendo, temos os seguintes valores: para a saída, os financeiros contribuíron con 57% do total de todo o diñeiro, no obxectivo “Leave”, saída; mentres para a “Remain”, permanecer, só investiron 36% dos seus fondos.

A primeira conclusión, parece bastante nítida, ou sexa, que había unhas ganas de saír da C.E., por algunha razón.

Facemos aquí unha paraxe para esclarecer algo sobre os conceptos utilizados, pois verificamos unha grande concupiscencia, entre as palabras e o seu respectivo contido.

Comezando polo liberalismo libertario (seguimos o sociólogo Michel Clouscard), este xunta todas as características actuais do capitalismo, non pondo de fóra o seu enfoque retrospectivo, o que significa que ten en conta a evolución das sociedades industrializadas, e para nós, máis aínda as pos-industrializadas. Este autor se serve das ferramentas antropolóxicas e sociais, enmarcando os últimos desenvolvementos, das lóxicas dos mercados, onde finalmente acaba por incluír “intimamente” o propio individuo.

Este liberalismo libertario, no teñen nada a ver co neoliberalismo ou co capitalismo liberal. De certo modo, até se pode considerar, como unha espiña metida naquel.

Libertarismo, é, por tanto, unha corrente dentro da filosofía, política ou legal. Esta corrente prosegue a defensa da liberdade do individuo en sociedade, o dereito á propiedade privada, así como unha obtención de recursos que privilexia a economía de mercado. Esta é unha noción corrente expresada en distinguidos medios socioeconómicos (a tradución é de nosa responsabilidade).

O libertarismo, considera toda a intervención do Estado, como sendo un erro e un abuso, debendo ser o neoliberalismo, de preferencia, a forma eficiente da obtención de recursos

Os adeptos desta corrente, consideran que os poderes do Estado, deberán ser cercenados ou até extinguidos. Imperando soamente os intereses dos individuos, quere como entes individuais, quere nas súas asociacións económicas, a través de acordos voluntarios de salvagarda dos seus intereses.

Mentres o neoliberalismo, é unha doutrina económica, que se desenvolve na reformulación do liberalismo económico, da escola austríaca (de Menger, Friedrich Hayek, Ludwig von Mises, Bohn von Bawerk, entre outros e, posteriormente secundada por Milton Friedman na Universidade de Chicago, coa súa escola), ou sexa, unha serie de correntes económicas e políticas, que pretenden estar fundamentadas, nas ideas do liberalismo clásico. Podemos engadir, estar baseada nun individualismo metodolóxico. Estes seus defensores, acostuman definirse, como sendo os cultores da ciencia económica do libre mercado.

Segundo resalta Gilles Dostaler, os libertarios van moito máis para alén do neoliberalismo, sobre todo en relación a diminución do Estado, dicindo que a este, se debe retirar, no só a educación e a saúde, así como algunhas outras infraestruturas, como por exemplo, o sistema de transportes, mais tamén outras, que até hoxe, eran exclusivas do Estado”. No entanto, o fillo de Milton Friedman, David Friedman, vai máis lonxe, para este, se debe privatizar, alén de as xa enumeradas, a policía, a xustiza, a defensa, e como nós dicimos, todo o que se move.

Entón, pola  razoes enriba apuntadas, os principais,  fornecedores dos fondos, para a promoción da saída o non, do Reino Unido da C. E., se dividiron especialmente, en dúas categorías: os que podemos  cognominar, de primeira  financeirización (bancos,  aseguradoras,  consultoras, empresas de comunicación), cuxo súa actividade para a acumulación do capital, se baseaba no método tradicional dun,   chamamento ao aforro privado e, súa posterior   inversión nos mercados de valores ( e, control  pasivo das empresas cotizadas na bolsa).Estes estaban a favor da “ remaine”, mantemento na Comunidade Europea.

Mentres un outro grupo, por outro lado, designados de segunda financeirización, que se poden identificar como sendo, os xestores alternativos de activos, de capitais de inversión, os xestores de “hedge funds”, de fondos voitres, etc. Estes se caracterizan por seren os inimigo irreconciliábeis con calquera tipo de limitacións ás súas actividades, son os chamados, anti regulamentos. Financiaron magnanimamente os adeptos de “leave”, ou sexa, pola saída da Comunidade. San os financiadores de Nigel Farage, a figura política da saída do Reino Unido, da Comunidade Europea.

Porque os axentes da segunda  financeirización estaban a favor da saída da C.E.?

Os axentes da segunda financeirización, son os elementos que pretende estar, fóra das regulamentacións e, de todas as restricións legais pois,os seus negocios, se encontran naquilo a que podemos en bo rigor, dicir que na zona escura da economía. Só funcionan en pleno rendemento, cando se encontran nos limbos legais.

Como sabemos, aínda que a Comunidade Económica funcione cunha estrutura neoliberal, ten mesmo así, unha lexislación relativamente aos intereses deses axentes da segunda financeirización, bastante restritiva, e para estes, no seu xuízo, non lles permitirían, desenvolver os seus negocios “fóra de regras”, e, como tal, non puidesen prosperar a seu gusto. Esta situación non só non os traía satisfeitos, pois, deseñaran para o Reino Unido, a creación de autenticas plataformas desreguladas na súa totalidade, de calquera limitacións legais (trataban de crear un mercado mundial de negocios desregulados ao por maior). Estes elementos de segunda financeirización, estabeleceron unha das máis importantes redes de “think tank” (a Free Market Foundation, onde pontificaba o analista Chris Hattingh, xa o ano de 1975), Estes elementos sempre preparan as cousas co debido planificación e, a largo prazo. Nada hai sido feito de improvisar.

Para estes, o risco non era a saída do Reino Unido da C.E., o certo problema era se non se saía da Europa Continental.

O que estes en o fondo pretenden crear, é unha autentica plataforma “Offshore”.  Respigamos unha opinión dun ex- broker e banqueiro de inversión Marc Fiorentino, que di sobre esta situación: “…os financeiros soñan con que Londres se converta nun Singapur, mas a nivel mundial, sen as regulamentacións europeas, en que as potencias económicas e financeiras emerxentes, podan facer negocios, – limpos e non tan limpos – libremente, que é o mesmo que dicir, un grande asilo fiscal. Este proxecto, está mesmo xa cognominado como

 “Singapur – on – Thames” (Singapur do Tamisa), por a prensa inglesa.

Co actual primeiro ministro Boris Johnson, estes segundos axentes da financeirización, xa se comezaron a instalar no centro de Londres, en Westminster, desde que este asumiu o seu posto de comando no número 10 de Downing Street, tomando posicións estratéxicas, xunto ao poder.

Queremos deixar ben expresado, que co “ brexit ” non se trata de ideas  neoliberais pois, está moito para alén dese pensamento económico. Estes, están nunha plataforma de ideoloxía económica libertaria. Pois, non podemos esquecer, que a estrutura socioeconómica e legal da C.E. era, e é, neoliberal.

E como enriba deixamos dito, o libertarismo ten como doutrina esencial, limitar toda e calquera intervención do Estado, desde que supere o recoñecemento da propiedade privada, de caras ao colectivismo ou ao estatismo.

Propoñen un capitalismo totalmente desregulado, como único sistema social, que recoñeza e protexa os dereitos individuais e, exclúa todas as sancións ou coaccións de calquera orde, nas relacións de carácter social.

Este é, un réxime de acumulación libertarista, no plano económico e autoritario no plano político. É total a súa oposición e hostilidade, a calquera “mecanismo de redistribución”, que garantise as condicións mínimas de existencia de ben estar, para as poboacións (falamos de educación, saúde, protección social, etc.). Como non podía deixar de ser, están a favor da restrición das liberdades públicas e, entenden que se debe perseguir os movementos sociais, se debe facer o control da circulación das persoas e restrinxir a liberdade de expresión.

Pensamos, que este cadro, é bastante elucidativo, do pretendido polos señores da desregulación das actividades financeiras e, como non podía deixar de ser, dos dereitos, garantías e liberdades dos cidadáns.

Maos ventos sopran da canle…

Nota:

Ver por exemplo “Le capitalisme, seule solution pour sortir de la pauvreté et être libre”, de Chris Hatting, edita Contrepoints

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.