![]()
O histórico dirixente nacionalista Francisco Rodríguez, expón ideas clave para o desenvolvemento da conciencia nacional galega neste 2025, setenta e cinco anos após a morte de Castelao.
Por Redacción NR | 24/12/2025
Neste 2025, cando se cumpren tres cuartos de século do pasamento de Alfonso Daniel R. Castelao, a vixencia do seu legado e a necesidade de repensar a nación galega están máis presentes que nunca. Para afondar nesta encrucillada histórica, Daniel Seixo conversa en Roxin Roxal e para Nueva Revolución cunha das voces máis lúcidas e autorizadas do noso tempo: Francisco Rodríguez. Nesta entrevista, o histórico dirixente e intelectual debulla as claves para reactivar a conciencia nacional e afrontar os retos políticos do presente sen perder de vista a nosa memoria.
Francisco Rodríguez Sánchez naceu o 22 de novembro de 1945 en Ferrol, na parroquia de Serantes. Estudou Historia e Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, doutorandose na USC en 1988. En 1968 gañou as oposicións de agregado de Lengua e Literatura española de bacharelato, e exerceu a docencia en Albacete e Ourense entre 1969 e 1973. Ese año gaña as oposicións a catedrático de instituto, desempeñando as funcións como profesor en diversas localidades galegas como Cangas do Morrazo, Carballo, A Estrada e Ferrol, entre 1974 e 1995.
Autor dun vasto número de estudos, ensaios e investigacións relacionados coa realidade galega, publica en 1976 “Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza”, e no 1978 xunto a Xosé Ramón López Suevos “Problematica Nacional e Colonialismo: O caso galego”. A súa bibliografía contén estudos moito documentados e clarificadores sobre autores e autoras fundamentais na nosa literatura, como demostran os seguintes títulos: “A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez” (1995), “Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada” (1993) ou “Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro” (1988).
Francisco Rodríguez combinou os seus estudos lingüisticos e literarios coa política, na que entrou aínda na ditadura, cando so contaba 18 anos, durante o seu período universitario. E se integrou en 1965 na recen creada Unión do Povo Galego (UPG), da que foi Secretario Xeral entre o 2000 e o 2012, no que daría paso a Néstor Rego. Forma parte do Secretariado Político da UPG e do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG). En 1993 convertese en deputado no Parlmento Galego polo BNG, e en 1996 e elixido deputado do Congreso Español.
Se el primero en comentar