![]()
Fomos, somos e moito máis seremos a súa colonia enerxética sacrificial e tamén un prácido e servil refuxio atlántico de élites angloeuropeas cando o centro e Leste do noso continente estiver ardendo
Por Marinha López Vilar | 2/08/2025
O proxecto xentrificador das Xubias compromete para sempre o meio natural e a forma de vida das veciñas da Crunha que ainda era algo mariñeira e xenuina e non apenas unha postal de revista.
Se logo os fondos especuladores fan o seu xogo suxo no que xa compraron antes, é outro cantar, MAIS o BNG non teria autorizado nen lexitimado isto co seu voto no Pleno desta semana o desembarco do sionismo criminal nas que eran as Xubias de noso.
Vaia, o que censuraban de principio ata hai poucas semanas e mesmo rexeitaron en plenos anteriores, e grazas ao seu grande talento negociador, pois seica xa nin tan mal, coas Festas de María Pita volta o modo «En positivo» para a nova Party Line após o fervor reivindicativo do Morriña Fest.
Todo isto cheira moi raro…. E somentes no Grupo Municipal de clases pasivas medias culturetas, que semellan mesmo non decatarse agora que a chave do Golfo Artabro vai rematar en maos de Rotschild e con o PSOE corrupto españolista de conseguidor, intermediario e avalista local. E con a Pardo de Vera no medio da trama. Montoro, Koldo a mesma merda, non é?. Non denuncia o noso nacionalismo, o noso internacionalismo, o noso ecoloxismo, etc que o PPSOE son as dúas patas da mesma mesa apodrecida. Canta razón. Básicamente, o mesmo poder na sombra que manda neles dende Sabon, dende o Bernabéu e dende Bruselas e Wall Street e que ten lazos de sempre co sionismo xenocida, foi quen decidiu onte por partida doble cal sería o porvir dos restos desta Galiza que nos quedou. Fomos, somos e moito máis seremos a súa colonia enerxética sacrificial e tamén un prácido e servil refuxio atlántico de élites angloeuropeas cando o centro e Leste do noso continente estiver ardendo. ….
Mentres a Xunta ultra de Rueda cos seus elementos reaccionários e blanqueadores do xenocidio palestino e os sicários da mafia eólica seguen a esfregar as mans nesta colonia modelo, pois o proxecto das Mariñas d’Or como negocio litoral para o proveito de colonos premium brancos, señoros ecoguais, implica tamén que o interior do noso país se reconvirta en tanatorio de indíxenas desleigados e subsidiados entre eucaliptais, aldeas á venda e albergues pantasma dun Camiño sen alma onde quizá deixen algún resort de monte tradicional para reiki de pijos influencers metropolitanos un chisco estresados …
Todo isto xa nos foi sentenciado antonte tanto dende a Corte de Luxemburgo como logo recalcado por burofax executivo dende o despacho corporativo de Zurich: Ultimátum cumprido para entregarmos de vez a nosa Crunha, cómo cabeza, garda e chave históricas do noso Antergo Reino de Galiza.
A Morriña da Festa anti- imperialista e o BDS guai diante do McDonald’s semella que eran algo polo que se vivía até antonte …, e por isto onte nun chat xa recibo unha mensaxe desolada dun rapaz palestino refuxiado e amigo en Barcelona, e por isto decidimos opinar do grave desta cesión errada e indecente pois a nosa solidariedade non pode depender de cabildeos de colegas.
A denuncia do rol dun Banco criminal vencellado co Imperio británico, históricamente o máis sionista de todos, antes mesmo da própia colonización, pode ser matizada somente por qué teñamos conseguido apenas dúas vivendas para señoritos e non as cinco iniciais, ou porque nos deixen algo de esmola en forma de VPO, seica iso sí ao pé do tanatorio, que ainda hai clases, eh.
TODO MOI SOLIDARIO, MOI SOCIAL, MOI ECOSUSTENTABLE. Logo de facer TODAS parte da campaña galega e internacional en defensa dos dereitos do pobo palestino, de denunciarmos os festivais colaboracionistas vencellados á KKR, de defender un valente hostaleiro do Líbano por non querer encher o peto cos cartos do sangue dos que matan ao seu pobo e a Gaza, mesmo cando déramos xa consensuado entre todas as militantes da causa solidaria contra o apartheid e xenocidio as 4 demandas mínimas éticas exixidas pola sociedade civil palestina: o Comité Nacional Palestino do BDS, e baixo dos criterios da PACBI (Campaña Palestina polo Boicote Académico e Cultural a Israel) …
AGORA volta o negocio baixo de moqueta e a única realpolitik seica posible de pelotazos, malmenorismos, cesións, carguiños e favores que se agradecerán.
E concelleiras do BNG, seica moi combativas e das máis críticas no seo da organización agora queren tamén vender que fan o que lles deixan, coitadiñas de Nós, cando Inés Rey depende SÍ ou SÍ dos seus votos e mesmamente perdeu xa mocións de confianza. Non compramos xa máis o contrabando caducado da sua incapacidade política, que agora mesmo é bastante sintomático de algo mui escuro, a tomar controlo de sectores do aparello acomodaticio no BNG.
Isto tristemente xa non é un futuríbel que, seica intentaremos evitar. Isto é pura e lisa capitulación diante das Axendas criminais do Imperio que tanto criticamos hai uns días entre coca colas no Festigal e que tanto denunciamos como censura imaxes de crianzas esfameadas no X de Musk e no META do Pentágono, ou no Bluesky do Partido Demócrata igual de xenocida. Pois nada, a seguir cabalgando coas vosas heroicas contradiccións agora en despachos de María Pita, a finde na resaca de Pardiñas, que logo teredes que rematar o verán nos saraos VIP da Coz, a que se boicota aseghun…Un día sí e trés non……Iso sí o noso NON É NON.Antonte e hoxe. NON NO NOSO NOME. E NON COS NOSOS VOTOS.
Se el primero en comentar