Follas verdes, esterco, varíola, nubes, gadañas

Müntzer avogou pola liberación a través das armas, para lograr un comunismo primitivo

Resultado de imagen de guerra de los campesinos alemanes

Por Angelo Nero

Bohemia, século XXI. Precedido de unha sucesión de movementos protestantes, auspiciados e propagados graza á aparición do invento de Johannes Gutenberg, e de revoltas campesiñas que, ó abrigo de aqueles, que comezaban a facer tremer os cimentos do feudalismo, o predicador Thomas Müntzer, contemporáneo e discípulo de Lutero, propuxo unha vigorosa reforma social e relixiosa. En 1514 pronunciou o seu “Sermón ante os príncipes”, no castelo de Allstedt, afirmando que os pobre vían con máis claridade que os gobernantes ós cales “a espada lles será quitada”, unha clara advertencia a que a violencia podía mudar de mans. Unha proclama insurrecional que o levaría a fundar a Liga dos Elixidos, e a alzar en armas a uns 6.000 campesiños, que despois de algunhas vitorias, foron masacrados na batalla de Frankenhausen polas tropas dos príncipes, conducidas por Philipp I de Hesse e polo duque Georg der Bärtige de Sajonia, poñendo fin á Revolución do Home Común ou Guerra dos Campesiños Alemáns, que causou, segundo estimacións, entre 100.000 e 130.000 mortos, especialmente campesiños que constituían o groso da poboación, naquela altura, do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que a guerra estendeuse tamén a amplas rexións de Austria e Suíza.

Müntzer avogou pola liberación a través das armas, para lograr un comunismo primitivo, con unha orde social máis xusta, e pagou coa súa cabeza o precio dos seus ideais, inspirando a escritores como o colectivo italiano Luther Blissett, ó finlandés Mika Valtari, ou o francés Éric Vuillard. Na súa obra “La Guerres des pauvres”, Vuillard condúcenos, moi habilmente, polos escenarios de aquela rebelión dos desherdados da terre, dos ninguéns que non teñen nada máis que perder que a vida, nunha sorte de rébancha coa historia, utilizando unha sintaxe narrativa moi cinematográfica, con frecuentes cambios de tempo, apertura e peche de foco, primeiros plans e plans secuencia, flash-back e travelling… o único que non por o escritor galo, que tamén é director de cine, neste libro, e un happy-end, a todas as luces imposible.

Éric Vuillard, que xa nos ten acostumados ós seus axustes de contas coa historia –con libros como “Conquistador” (2009), “La Bataille d’Occident” –no que se mergulla nos desastres da guerra que inaugurou o século XX- (2012), “14 Juliet” –relato a pe de rúa da toma da Bastilla-, ou “L’orden du jour” (2017) –onde fala dos grandes empresarios alemáns que financiaron a Hitler-, e polo que gañou o prestixioso premio Goncourt, vincula ás revoltas campesiñas do século XVI coas protestas dos Gîlets Jaunes o as do movemento Black Lives Matter, defendendo que “a historia é algo vivo e palpitante, que sempre está en movemento, que treme e renace”. Con unha prosa poética na que avoga pola “loita pola liberdade e a igualdade, pois sempre o discurso oficial de quen están no poder estivo en contradición cos principios que fundaron as sociedades nas que vivimos”.

Para ilo rescata a figura de Müntzer, un predicador ó que os seus críticos retrataron como un tolo mesiánico, pero que non dubidou en poñerse do lado dos máis desfavorecidos, de eses pobres que lle seguiron ó campo de batalla e cos que compartiu a súa sorte, percorrendo tamén outras rebelións anteriores como as de John Wyclif ou Juan Hus, na convulsa Europa.

“Inspirado polas follas verdes, polo esterco, a varíola, as nubes, as gadañas”, Éric Vuillard tráenos neste delicioso libro unha ollada ó pasado, para desvelar algunhas claves do presente.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.