Falemos de democracia

Por Jose Vieira

Comezamos por dicir que “nunha democracia, a opinión pública inflúe na política e o goberno executa as accións, acordadas pola poboación”.

Pensamos que con esta pequena frase, estamos a situar, como debía ser o “modus faciendis”, dun sistema político democrático.

Agora, imos concentrar a nosa atención, en quen concentra o poder, nas ditas democracias, contemporáneas.

E estrañamente, comezamos a ter desde este momento unha contradición de moitísimo peso. Se non, vexamos:

Dunha forma constante e continúa, temos constatado, que a riqueza vense concentrando, nun único punto de acumulación, o sexa, no hábitat dos xa ricos e poderosos, tornándoos cada vez máis poderosos e, como tal, a concentración do poder, os leva a que sexan os que conducen os cordeis da política en todos os seus aspectos.

Como se verifica esta situación, se non son a maioría dos votantes, os que deteñen a riqueza e o correlativo poder?

Pois, é máis que evidente, que os partidos políticos, nos diversos países ditos democráticos, non conseguen financiarse só coas achegas das cotizacións dos seus militantes.

Todos sabemos de experiencia feita, que o custo das eleccións nas últimas decenas de anos a esta parte, se ten tornado estratosféricas e, como al, estas teñen que ser financiadas dalgunha maneira.

Desta necesidade, decorre a primeira gran dependencia dos partidos, en relación aos seus grandes patrocinadores.

Non resta, por tanto, a menor dúbida, de que ninguén dá diñeiro a alguén ou a algunha organización, sen asegurar algunha contrapartida. Isto é o mesmo que dicir que os financiadores das campañas políticas ten os partidos perfectamente controlados (aténtese a disciplina partidaria, por exemplo).

Este seu poder, se pode ver de inmediato, por exemplo en condicións máis favorábeis fiscalmente, desregulización, máis facilitadas determinadas formas de xestión, facilidades de movimentación de capitais e moitas facilidades financeiras, dentro de moitas outras facilidades e subvencións visíbeis ou ocultas.

Como facilmente podemos concluír, estes financiamentos aos partidos, non ten outra finalidade, como vimos, a non ser reforzar aínda máis o poder dos grandes conglomerados.

É case un habito, consolidado, o financiamento de partidos a través da concesión de financiamentos bancarios e, pasado algún tempo, os propios bancos financiadores, dan como “perdoadas” as respectivas débedas dos partidos.

Tamén aquí resulta de como as institucións financeiras meten nos seus petos, as orientacións dos seus devedores, partidos políticos.

Mas será a democracia o sistema político de agrado dos ricos e poderosos?

Unha cousa é o desexado outra cousa é que se pode e debe ter para que se poida vivir nunha especie de adormecemento das masas.

Este é o problema que afrontan os ricos e poderosos e, como tal optan por utilizar a pantalla do engano programado, dando largas debidamente controladas á ilusión das poboacións utilizaren os instrumentos que forman parte, tecnicamente das liberdades democráticas.

Chámase a esas liberalidades dos poderosos a posibilidade de tempos a tempos, as poboacións se entreteñan, en discusións sobre dereitos presentes e futuros, terminando esas masturbacións democráticas, na noite da conta dos votos.

Mas todo isto, está moito ben medido e programado, polos poderosos, pois, a democracia é un sistema político que non lles é, mesmo así, vantaxoso.

Estes teñen ensaiado, teoricamente nos seus foros, esencialmente dous camiños, para que non sexan limitadas as súas ambicións, ou sexa, “todo para eles e nada para os outros”, que están abaixo da pirámide poboacional; un dos camiños é aumentar o nivel medio das liberalidades democráticas, para así no haber contestacións, nin se uniren os máis desprotexidos, no entanto, o sendeiro escollido parece ser, o de restrinxir, máis e máis as liberdades democráticas.

Recordemos, que cando a economía estaba máis regulada desde o tras segunda gran Guerra Mundial do século pasado, se aplicou o chamado New Deal (programa deseñado e controlado por Harry Dexter White e por John Maynard Keynes, respectivamente nos Estados Unidos da América do Norte e no Reino Unido), como secuencia aos acordos de Bretton Woods, e durante uns cerca de trinta anos, practicamente non houben problemas e até os poderosos e “Amos do Mundo”, estiveron coas uñas contidas e, naturalmente a economía creceu como nunca e máis, non houben grandes conflitos laborais .

Mais os “Amos do Mundo”, son moito máis ambiciosos e como tal, esta situación non lles era demasiado atractiva, e como tal, hai que transformar, nos Estados Unidos da América do Norte, o sistema económico e, como tal, estes deslocalizaran a produción industrial, reducindo drasticamente o sistema industrial vixente até entón, para pasar a utilizar o capital como mercadoría, desde entón. A isto se chamou a financeirización da economía.

Nace entón coa deslocalización da produción, desde os antigos países industrializados, para países sen tradición industrial, cuxos seus traballadores, pasaron a ser os elementos en permanente loita entre si (trasladaron a loita de clases para os propios traballadores agora en diversos puntos do globo, que loitaron entre si por mellores salarios e demais condicións laborais).

Con esta deslocalización e financeirización da economía, os “Amos do Mundo”, puideron e están a restaurar, dunha forma cada vez máis drástica, a súa autoridade no mundo de hoxe, impondo a súa xerarquía, a súa experiencia na explotación e naturalmente o aumento da súa riqueza.

Realmente, todo se está a recompor, a favor da diminución cada vez máis, da capacidade de eliminar as desigualdades e, en vez diso, o aumento destas dunha forma cada vez máis salvaxe.

Unha das formas de verificar como se está a acelerar este proceso, basta observarmos, como os poderosos están a conseguir, manipular as masas, de tal forma que estas nin se dan canta, de que nas últimas votacións levadas a efecto un pouco por toda a Europa, as poboacións están a votar a favor dos populismos de extrema dereita, sen calquera dúbida o problema ético.

Só podemos dicir que están a correr de forma completamente ás escuras para o cadafalso social.

Esta estratexia dos “Amos do Mundo”, di ben de que a democracia, xamais é un sistema político da súa simpatía, e segundo parece, está chegada a hora destes a limitaren de forma terminante, sen, no entanto, expresamente o declararen.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.