Por Jose Vieira
Non hai dúbida de que é un título longo, no entanto, tamén foi inmensamente longo o tempo de xestación deste proxecto de sistema económico, a que nos queremos referir.
Fixemos esta frase de chave en inglés:
Doughnut economics, planetaries, Sustainable Development Goals (que aparecerá moitas veces unicamente coas siglas SDGs).
O popular Donut, en inglés se chama Doughnut.
A idea que adiante iremos divulgar, foi inicialmente desenvolvida, por unha primeira vez en 2012 e, posteriormente, transformada nun libro, que alcanzou un éxito mediático, moi grande case de inmediato. O título do libro en inglés se denomina:
Doughnut Economics: Seven Ways cho like a 21 st. Century Economist.
Abaixo damos o organigrama do sistema proposto por KATE RAWORTH (1), que mostra dunha forma moi esquemática e simple as ideas esenciais, desta forma de pensar a economía do século XXI.
Se non tomamos realmente en nosas mans medidas concretas e urxentes, que teñan en conta as posibilidades reais do planeta Terra en que vivimos, para nos fornecer as materias primas e demais recursos, necesarios para alimentar a continua busca de lucros para as grandes empresas, máis breve do que tarde nos veremos nun buraco sen saída, da destrución incontrolábel e colectiva do noso “hábitat”.
O deseño enriba incerto, dános o organigrama esquemático dos principios básicos da Teoría Económica da autora en cuestión.
O texto da economista inglesa KATE RAWORTH, pretende dar unha idea, do que significa para a Humanidade prosperar e, indica os pasos necesarios, segundo a mesma, para o conseguir, debaixo da súa teoría, dunha forma sustentábel.
Partamos do principio de que o planeta en que vivimos, mostra a xa moito tempo (desde o final do século XIX e especialmente durante o século XX e en progresión case exponencial, no presente XXI), sinais evidentes e incontestábeis de “esgotamento ecolóxico e ambiental”.
Non queremos ser alarmistas, estamos só a transmitir o temor dos máis avisados e, que tamén partillamos. Pois, os datos empíricos así o demostran por máis que os “Trumps” (2) e compañía, se envolvan en campañas de desinformación.
Nunha primeira conclusión, afirmamos é que o capitalismo, na súa configuración actual, non é máis que insustentábel.
Pasando deste punto, podemos afirmar de acordo coa referida autora, que se trata dun concepto bastante claro e até convincente, sobre a necesidade de crear sistemas económicos novos, desde a base e, que por si só, sexan rexenerativas e distributivas.
Curiosamente a teoría que Kate Roworth propón, un organigrama, moi fóra dos canones habituais da economía. Se presenta como sendo a imaxe dun xigantesco donut, dade o nome de Economía do Donuts, que é bastante sugestivo e innovador.
Podemos tentar explicar dunha forma simple, o que significa o respectivo organigrama:
Este modelo ten no medio a base social do benestar humano, que é en si mesmo, o espazo seguro e será o xusto, para a Humanidade. Alimentase dunha Economía rexenerativa e distributiva.
Está rodeado, externamente polo un entorno ecolóxico, crítico da degradación planetario.
Este entorno, como que nos convida a situarmos, dentro do círculo do donut. A nosa permanencia dentro deste círculo, asegúranos que non caeremos en dificultades como, a falta de alimentos e outros recursos, que permitan que a sede do crecemento, non supere os límites das posibilidades do planeta e, como tal, conduzan ao colapso ambiental.
Como sabemos, estamos no limiar do colapso medio ambiental, e para ter constancia real desa situación, basta atentar cos cambios xa notoriamente anunciadores dunha catástrofe ambiental, a medio e a pouco largo prazo, digamos a medio prazo.
Antes de entrarmos en explicar o que son os sete puntos da Teoría de la Economía do Donut, queremos referir algúns dos números que a autora en cuestión refire para sinalar o desastre existente:
– unha de cada seis persoas (1/6) entre os 12 e 15 anos non van á escola
– un quarto (1/4), da poboación mundial vive con menos de 3 dólares por día
– unha de cada 11 persoas (1/11), non ten acceso a auga potábel
– un terzo (1/3), da poboación mundial non posúe un retrete
A autora, propón un pequeno exercicio de comprobación do camiño que estamos a trillar, vexamos entón como con ese empirismo elemental, chegamos a un cálculo espantoso.
Se estabelecermos como meta a atinxir anualmente o crecemento do 5% (do PIB mundial), que é unha meta que os “Amos do Mundo” anuncian, como obxectivo, obtemos para 2050, que o tamaño da economía mundial sería de 5 veces maior do que a actual e, mantendo eses 5 % o restante tempo até 2100, a economía atinxiría 50 veces o valor do PIB de hoxe. Inacreditábel!
Preguntamos:
Será posíbel que o planeta soporte esa sobre explotación?
Tamén damos a nosa resposta. É absolutamente imposíbel, co sistema actual
Así, o que vemos, é que o mundo en que vivimos, está completamente exhausto e, incapaz de se poder rexenerar, no entanto, os problemas das poboacións, continúan sen resolver.
Isto o que reforza é a idea que xa deixamos enriba, de que o modelo actualmente usado polo capitalismo, dos seguidores da escola de Chicago e austríaca (3), nos están a levar ao cadafalso. No entanto, non reaccionamos debidamente a esta situación.
Senón vexamos, o 1% da poboación máis rica do mundo, no momento, posúe máis do 60% da riqueza
global e, máis, na última década, aínda se acentuou máis as desigualdades pois o número de bilionários (segundo o concepto norte americano), aumentou de cerca de máis 1.000 elementos, sendo agora moito cerca de 2.000.
Este non é o Mundo desexado e, onde todos podemos vivir con dignidade.
Vexamos agora, cales son os sete puntos ou principios anunciados enriba e que son as bases da Teoría do Donut da economista Kate Rowarth:
1 – Mudanza da meta a atinxir polos PIBs. O sexa, o crecemento continuo do PIB, pois, hai sido o obxectivo prioritario desde o período entre as dúas Grandes Guerras Mundiais, do seculo XX.
2 – Se atente no panorama xeral, desde o mercado autónomo, até a economía integrada. Primacia na economía liberal, antes de todo, coas regras do Mercado.
3 – Fortalecer a natureza humana, desde o home racional, até ao home, que se adapta á sociedade nova proposta. Recordar que a economía neoclássica, se nutre dunha visión moi limitada da natureza humana, maximizando o home económico, na súa sociedade.
4 – O coñecemento dos sistemas, onde prima o equilibrio mecánico, até aos sistemas dunha complexidade perfectamente dinámica. É o froito das demasiadas tentativas de simplificación dos modelos económicos, para os asemellar a modelos lineais mecánicos.
5 – Crear un modelo de deseño tal, que sexa distributivo, ou sexa, que o seu crecemento sexa distributivo e no destrutivo, mais si rexenerativo. Vemos constantemente, cada vez maior concentración da riqueza, en cada vez menos individuos.
6 – Crear iso si, o sentido de rexenerar, desde un crecemento limpo, que fará circular a economía cada vez máis, á rexeneración. Será o concepto e a práctica dunha certa economía circular, que permitirá novas e innovadoras colaboracións humanas.
7 – Estar en garda, ou sexa, ser agnóstico do crecemento por crecemento. Só aceptar o crecemento dentro da sustentación non destrutiva.
Estes son os 7 puntos básicos da Teoría de Kate Rawort e, por todo isto, non é de estrañar, as cidades do norte da Europa, como Bruxelas, Amesterdan e Copenhague (cidades ricas e onde existe forte consciencia de política económica), estean a acoller con todo o interese estas súas propostas. Como sempre o sur da Europa, só se nutre das ideas do neoliberalismo salvaxe da América do Norte.
Non imos emitir un xuízo de valor, sobre as súas propostas pois, aínda as estamos a estudar con máis detalle, no entanto, nos parece extremadamente coherente e, non hai a mínima dúbida, que nas súa alerta, ten todas as razóns do mundo.
Así volveremos en debido tempo, a este tema, mentres, podemos avanzar que parece ser o camiño apuntado dunha economía circular, un dos atallos non só necesarios como urxentes.
Naturalmente como a redución, do louco ritmo da busca de cada vez máis lucros, nas actividades económicas, sexa a que custo sexa, para a Humanidade, estamos a matar o mundo en que vivimos.
Notas:
(1) – Economista londiniense nacida en 1970, investigadora no Instituto Ambiental de Oxford. Esta se fai chamar a si propia de economista renegada.
(2) – Como sabemos nos referimos as ideas de Donald Trump o anterior Presidente dos Estados Unidos, un perfecto negacionista de todo o que se refire á destrución do medio ambiente
(3) Os discípulos do neoliberalismo ortodoxo de Milton Friedmann, de Hayek Ludwig von Mises, escolas de Chicago e de Viena de Austria, con todos os seus seguidores, norteados unicamente pola idea de seren exclusivamente ricos, nun mundo de pobres e famentos, causados por súas especulativas prácticas.
Se el primero en comentar