Esta comuna non funciona (reseña de “Kollektivet)

Por Angelo Nero

A pesares de que a filmografía de Thomas Vinterberg non sexa tan prolífica como a de outros dos integrantes do movemento Dogma 95 –precisamente inaugurado con un filme seu “Festen” (Celebración), en 1988-, en especial a do sempre polémico Lars Von Trier, sempre estou alerta do que puidera producir unha película tan fermosa e dramática como “Dear Wendy”, unha desas cintas que anima á reflexión, dada a profundidade das súas mensaxes, á vez que pode ser vista como unha película con certa atmosfera de western, herdeira dos desenlaces fatais de Sam Peckinpah. Aínda que nos seus últimos anos dos dos seus traballos, “The hunt” (2012) y “Dar Fromm te Fading Crown” (2015), demostraran a versatilidade e a frescura da súa cinematografía.

Aínda que o plantexamento da historia podería levarnos a pensar nunha película coral, esta centrase –o que, na miña opinión, réstalle profundidade a un tema que podería dar moito más xogo- nas personaxes interpretadas por Ulrich Thomson y Trine Dyrhol, Erik y Anna, parella en crises que ve na comuna unha orixinal saída os seus problemas, aínda que isto derive en máis conflitos, deixándose levar por aquel espírito contracultural dos setenta, que tan ben reflexou Darío Fo en “Coppia aperta” (Parella aberta). Pero si a premisa de partida é errada, tamén o é o debuxo dos xeradores desta historia, ambos de procedencia burguesa, el un profesor de arquitectura, e ela, unha famosa presentadora de televisión, sen máis pretensión que rentabilizar a herdanza da casa familiar, afastados dos plantexamentos da vida comunal da época.

Aquí, esa serie de concesións á que está suxeita calquera relación afectiva, especialmente cando se desenrola baixo o mesmo teito, se somete a votación, nunha sorte de democracia asemblearia que non sempre xera sinerxías positivas, producindo algún dos momentos máis tensos do filme, como cando debaten si a amante de Erik é admitida na comuna. O certo é que, salvo os seus disparatado debates e votacións a man alzada, o colectivo funciona máis como unha casa ocupada que como unha auténtica comuna, xa que a meirande parte dos seus membros non aportan demasiado, nin para apoiar economicamente o proxecto –non esquezamos que é a razón principal pola que a parella decide embarcarse na aventura-, nin para facer unha convivencia de maior calidade, onde prime o apoio mutuo e a procura efectiva de solucións en común ós problemas diarios.

De feito é Anna, a principal animadora da comuna, quen escenifica, nas súas propias carnes, o deterioro dunha utopía que, na súa caída ó abismo, arrastrará ó restos dos integrantes do grupo, pasando do ambiente festivo do principio da historia, a un ton marcadamente dramático no seu desenlace, coas relacións persoais xa moi deterioradas. Aínda que Vitenberg mantén ese aire de crítica social hilarante cara as sociedades nórdicas, como no seu aplaudido debut en “Celebración” (1988), tan abertas no común como pechadas no persoal, esta mostra de esquizofrenia colectiva resulta errada si pretende retratar unha experiencia que resultou exitosa en moitos lugares, como en Dinamarca, onde se desenrola a historia de “Kollektivet”. Aquí, a comuna é un catalizador de problemas de parella, non un fin para mudar as ríxidas estruturas sociais herdadas do calvinismo, e as situacións e conflitos que xera ben poderían ter lugar nun fogar máis normalizado, como o que sufre a filla, magnificamente interpretado pola xoven Martha Sofie Wallstrom, que se precipita polas fendas da relación dos seus pais e non atopa acubillo nun entorno desestructurado.

Moito máis interesante e profunda é, por exemplo, “Remarke”, de Roger Gual, en torno a un grupo de familias que se reunían nunha casa para lembrar o seu pasado comunal alí, onde se afonda nas causas do seu fracaso e nos éxitos da experiencia, así como na evolución persoal das súas personaxes, nunha sorte de axuste de contas xeneracional. Incluso “Together” (Xuntos) do sueco Lukas Moodysoon, moito máis atractiva no estudo das dinámicas comunitarias, aínda que tamén dende unha perspectiva desmitificadora.

Kollektivet”. Dinamarca, 2016.

Direción: Thomas Vinterberg

Guión: Tobias Lindholm, Thomas Vinterberg

Produción: Zentropa Entertainments

Fotografía: Jesper Tøffner

Música: Fons Merkies

Reparto: Ulrich Thomsen, Trine Dyrholm, Martha Sofie Wallstrøm Hansen, Helene Reingaard Neumann, Lars Ranthe, Fares Fares, Julie Agnete Vang, Lise Koefoed, Adam Fischer, Magnus Millang, Oliver Methling Søndergaard, Rasmus Lind Rubin, Sebastian Grønnegaard Milbrat

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.