Por Angelo Nero
Camille Hédouin (Nantes, 1986), coñecida artisticamente como MounQup, viu a Galiza fai dez anos, para formar parte do proxecto de recuperación dunha aldea no concello de A Bola, en Ourense, onde se integrou na paisaxe, tanto humana como xeográfica e cultura, deixándose “colonizar” polo galego, lingua que fixo súa e que emprega nas súas composicións, xunto o francés e o inglés, desenrolando un proxecto musical propio, rabiosamente orixinal, no que mestura instrumentos para nenos e material reciclado, pasado pola electrónica.
En 2011 decides marchar de Nantes, a maior área metropolitana do oeste de Francia, onde vivías, a unha pequena aldea do interior de Galiza, Saumede, onde resides dende entón. ¿Qué te motivou a pasar de vivir nunha grande urbe a un pequeno núcleo rural? ¿Qué referencias tiñas de Galiza, e porque elixiches precisamente esta terra para vivir?
Despois dos meus estudios de bioloxía, forxéime mais consciencia política que ganas de traballar na industria farmacéutica, facéndome un súper estatuto social cobrando da saúde da xente. Con ese 24 anos que tiña buscaba un tipo de cuartel, onde podería desenrolar os meus sonos de vida alternativa, ética mais en acordo ca miña ideoloxía. Pero sen renunciar ao que me gusta mais da cidade, que é ter unha vida cultural diversa. Poder mesturar xente, ideas diferentes. Cando escoitei que uns amigos encontraron un pobo alí en Galicia, que o querían rehabilitar, que buscaban xente. Pois fun a velo por suposto. E era Saumede !! Non tiña ningunha referencia de Galicia, era como calquera francés, non o coñecía.
Saumede é un pobo bastante peculiar, un dos moitos que foron abandonados polos desertores do arado, e que volveu a cobrar vida, grazas a xóvenes que procuraban unha forma de vida alternativa, en contacto coa natureza, pero desenvolvendo un proxecto comunitario cultural. Fálanos un pouco do que atopaches ó chegar a Saumede, como foi a túa adaptación a este novo entorno, e como se foi desenrolando ese proxecto cultural.
De forma consciente, non esperaba nada especial, pensaba chegar da forma mais aberta posible. Encontrei un entorno salvaxe, lindísimo, moito espazo, poucos seres humanos visibles, unha sensación de liberdade total, que todo esta para facer e que todo se pode facer. Moitos colegas interesantes, divertidos, un lugar ideal polo que buscaba.
A miña adaptación foi larga, sigo en proceso. Tiven moitos golpes na cara que tiven que dixerir. O primeiro gran golpe foi a vida pseudo comunitaria. O proxecto de Saumede non é unha comunidade si non un lugar socio cultural con edificios públicos rehabilitados da forma mais ecolóxica que se pode. Pero era o lugar de chegada para todos. Aínda sabia dende o principio que non quería vivir alí, é o que pasou. Entón nos atopamos con xente moi distinta, cada un buscaba algo propio en Saumede, tivemos moita dificultade para atopar unha dirección comunal. Loita infinita de egos sobre dimensionados, incomprensións culturais entre franceses e galegos. Personalidades torturadas, bueno un puto enredo. Ademais do contorno autóctono que xa había e do cal, non podía enteirarme, quero dicir as peculiares políticas do rural, a mentalidade moi rural (non só galega) de espiar, denunciar, a falta de anonimato tan común na cidade, entre outros… Unha moi potente e moi boa escola da vida ! Estou moi agradecida.
A lado diso conseguimos rehabilitar concretamente edificios con poucos medios, organizar eventos, aprendemos un montón, agora temos aliados fortes, que fan que Saumede sexa un lugar tan especial, onde xorden cousas surrealistas, máxicas.
Un dos froitos dese traballo, polo menos o máis visible ao exterior, foi o festival “Ao Compaz”, un evento realmente ecléctico, posto que non procura atraer a un público numeroso, se non, máis ben, ao contrario. Como unha das organizadoras, ¿Qué balance fas do festival, e que impacto ten sobre a comunidade de Saumede?
Ese festi que conseguimos manter a pesar das tormentas que nos pasaron encima, fai o porque Saumede é tan máxico, o porque vale a pena. Somos moi poucos activos en Saumede mesmo, a comunidade de Saumede esta dispersada xeograficamente. Ese evento nos permite xuntarnos e cravar ese lugar nos nosos corazóns.
Pero claro, a idea é que sexa mais activo todo o ano e por iso necesitamos xente que se queda aquí. Iso é o mais difícil, ter galegos aínda mais, pero no verán pasado chegou xente nova, tan ilusionada coma min cando cheguei pero mais madura e traballadora hehe ! Que ben de envellecer !
E é aquí, na Galiza, onde decides iniciarte no mundo da música, pero dun xeito moi orixinal, cunha aposta moi persoal que, alguén comparou, creo que con pouco acerto, cunha cantante islandesa. Persoalmente, penso que a túa electrónica, cunha certa atmosfera tribal, ten outras influencias. ¿Cales son as fontes musicais das que se nutre a singular proposta de MounQup?
Aínda que non os escoito tanto como antes, teño dous grupos principais na sangre: Animal collective e The knife. Despois, creo sinceramente que calquera cousa que me entra polas orellas se queda aquí, e sae como pode, a través do meu filtro, por suposto, persoal. Non teño formación académica e a pesar do complexo que me xera iso, a música é máxica para min, como non teño teoría, me deixo levar, sen moito control, e tantaan! aquí esta! Cando me de conta que me estou repetindo demasiado, igual estudarei para entender porque, e poder adiantar, non sei.
A influencia da cultura galega, da paisaxe, está presente na túa música, de tal modo que o teu primeiro traballo o titulaches “Proba de Son” (2017), ¿En qué medida atopase Galiza na túa música, onde, por outra parte, a electrónica non é un xénero que, precisamente, tivera moitas referencias?
Como dixen, non quero enterarme do que fago, soa ben para min, ten sentido para min? Pois imos aló, nada mais. Pensar así dame unha sensación de liberdade, é importante para min. Así que flipo (por ben) cando a xente me di que hai folclore galego na miña música. Estou influenciada conscientemente ou non polo me rodea, sobre todo inconscientemente creo. Pero hai que saber que cando cheguei non me gustaba nada a música tradicional galega, haha. Teño mais respecto e igual cariño agora, grazas a artistas como Mercedes Peón, encántame a súa forma de vivir no amor da tradición pero moderna, “muda a tradición” como di. Pra min o folclore está cravado no pasado como morto, un recordo. Unha tradición que muda co presente é cultura viva e é cando me interesa.
Un ano despois sae o teu segundo traballo, “Castro Verdi” (2018), onde o teu estilo vaise definindo, as voces adquiren unha atmosfera máxica, afondando nese tribalismo que te caracteriza, á vez que alora unha consciencia nas túas letras máis clara. ¿Qué supuxo este novo paso no teu universo musical, cara onde querías levar ós que te escoitábamos?
Non sei, onde queredes ! O fago e vos, interpretades, vos quero xerar emocións principalmente. Si sentedes cousas, eu estou contenta e agradecida. Si ademais, xero en vos pensamentos, reflexións, pois aínda mellor.
Se el primero en comentar