No Picture
Alberto Gonçalves

É tempo de loita. Onte, hoxe e sempre

A ineficacia e insuficiencia das medidas adoptadas polo Goberno español e a total incomparecencia da Xunta de Galiza, deixan o pobo traballador galego nunha situación de total desamparo. Cómpre reaxer. Cómpre esixir o que por xustiza nos pertence. Demandando políticas públicas que protexan a clase traballadora e non o grande capital. Non podemos permitir máis políticas que empobrezan a maioría do pobo e que pretendan confinar os nosos dereitos sociais e laborais. Non podemos tolerar máis abusos patronais. Só a mobilización, a loita organizada, a que impida que como en crises anteriores sexan os ricos e poderosos quen se salven a costa do sufrimento da maioría explotada. […]