![]()
o Produto Interior Bruto (en siglas PIB) neste momento, atinxe os 2,09 billóns de dólares americanos o que equivale, a un pouco máis do que 1,9 billóns dos nosos euros
Por Jose Vieira | 15/08/2026
Pensamos que as actividades económicas de grande envergadura, en España están viradas para a unha tranquilidade que diriamos dormente, ou probabelmente están a mudar de ciclo e, como tal algo como están gañan o que se chama enerxía, para novas iniciativas.
Mais como temos oído, lido e, como tal comentado, nas tertúlias económicas, parece que a España actual vai ben.
Por outro lado, o que fomos testemuños viventes como todos os noso ilustres concidadáns, é que polo menos, en todas as zonas costeiras e onde se encontran os principais monumentos divulgados internacionalmente polo turismo institucional, se nota un euforismo, pois, están a facturar bastante ben os bares, restaurantes e até os hoteis, así como, as tendas do comercio ao pormenor, aínda que estas, non tanto.
Podemos ir dando algúns elementos macroeconómicos, mais que xa hai moito entraran nas terminoloxías do dominio común.
Así, o Produto Interior Bruto (en siglas PIB) neste momento, atinxe os 2,09 billóns de dólares americanos o que equivale, a un pouco máis do que 1,9 billóns dos nosos euros.
Por outro lado, o crecemento revela que atinximos cerca de 2,1 %, o que nos parece bastante agradábel, aínda que continuamos a pensar que está cada vez máis mal distribuído.
Esta cifra enriba referida, nos permite dicir que atinximos o valor per cápita, de máis de 41.500 dólares americanos.
A estas cifras, se lle xuntamos os niveis de emprego alcanzados, nos poden desde xa levar á conclusión, que se está verificar unha recuperación e, a ultrapasar, da economía española, isto é, superando os valores anteriores á crise de 2008.
Hora isto contradí o que inicialmente afirmaramos na entrada deste texto. Mais xa vermos a razón por o cal o afirmamos.
Recordemos que entre 2011 e 2025, se crearon, segundos números de adherentes á Seguridade Social, cerca de máis de 4,7 millóns de novos contribuíntes, pasado de cerca de 17 millóns, os contribuíntes, de máis de 21,7 millóns. Estamos a falar dun crecemento do 21,64%, nos últimos 14 anos, mais é necesario ter en consideración que a velocidade de adhesións se incrementou, de forma moi máis acentuada nestes recentes 6 ou 7 anos.
En relación á Variación Interanual, esta hai sido de 2,7 % ou sexa, unha décima maior que o último trimestre de 2025.
Evolución do PIB en España
![]()
presente texto, pois, nos xorden as dúbidas acerca do que se está a pasar, en España que xa é a cuarta economía máis importante da Eurozona e, presenta un potencial crecemento positivo, dos maiores neste momento, na EU.
O que nos parece, é que as actividades económicas, se están desprazando, dunha forma, case visíbel a “ollo dispo”, do sector secundario do país (da industria, en si propia), para o sector terciario.
Non podemos deixar de dicir que efectivamente todos os sectores da economía, perderon peso relativo, excepción ocorrida no sector terciario que subiu 5%, que en seus valores, o que significou pasar do 72% a 77%. Foi un adianto moito significativo.
Vaiamos axiña dar unha visión da distribución do emprego en España de acordo cos números recollidos da Seguranza Social Española e dos números fornecidos polo Ministerio de traballo e Economía Social, do seu informe titulado “TENDENCIAS DEL MERCADO DE TRABAJO EN ESPAÑA.
Fixemos un resumo destes números e agrupamos os datos polas nosas principais actividades e, por tanto, segundo a nosa opinión e así temos-
![]()
Estamos, como podemos ver a un cambio de ciclo, polo menos dunha forma visíbel, en relación a como se distribúen os empregados.
Como dixemos no inicio, tampouco foi só os servizos, cuxa responsabilidade está no turismo, mais tamén, realmente esta transformación, nos parece segundo o que pensamos, está a ser cada vez máis imparable.
Por outro lado, o traballo executado en diferido, utilizando os traballadores o seu propio domicilio, a partir de onde executan as súas tarefas, tamén hai sido outro estimulo, para o aumento de máis ocupacións do tipo administrativo (por tanto do sector terciario) e, por outro lado e, con cada vez máis importancia, a introdución das novas tecnoloxías nas actividades económicas.
Por outro lado, é moi interesante ver que a economía española, tivo a capacidade de ir absorbendo, aínda que de forma lenta, mais segura, os excedentes, que son dispensados, ou sexan, provenientes dos sectores secundario e primario e, isto é, unha boa noticia, para os españois.
Recorrendo de novo á os datos enriba referidos do informe das “TENDENCIAS DEL MERCADO DE TRABAJO EN ESPAÑA”, así como da Seguridade Social, mostran un cadro, que abaixo copiamos coa debida venia, e con que damos como terminado este recorrido sobre a transformación, do emprego en España.
As maiores operacións de emprego entre 2011 e 2025
| Servizos dependentes do presuposto | 14725031 |
| Do turismo | 657731 |
| Dixitalización administración | 726748 |
| Comercio e transporte | 593293 |
| Outros servizos | 272437 |
| industria | 272800 |
| construción | 235363 |
Así, esperamos ver como esta economía, vaise progresivamente, transformando e, pode que se converta esencialmente unha economía predominantemente terciaria. Esta situación non será de todo equilibrada e, como todos sabemos, por mais experiencias doutros países, a diminución do sector secundario, non é, ningunha alegría, hai que provocar o equilibrio entre sectores.
Se el primero en comentar