Como perdendo, finxen que están a gañar

O que se ten vindo a verificar é que, os USA, ao imporen o boicot aos produtos rusos e con impostos aduaneiros, incomparábeis, os produtos chineses, ten lanzado a Europa, nunha situación dunha economía en situación de inflación máis que crepitante

Por Jose Vieira

Comezaremos por indicar, quen foi o diplomático e político George Frost Kennan. Este é habitualmente coñecido polo seu primeiro e o último nome: George Kennan.

Alén de diplomático tamén foi un historiador, e un conferenciante brillante e, sobre todo un politólogo moi considerado nos medios conservadores americanos.

Durante a súa vida, dedicouse a defender unha política do Occidente, de tal maneira, que esta non permitise a expansión da Rusia (aquí, cabe que dicir que tratabase do alargamento da influencia da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, durante a chamada Guerra Fría), os seus tempos de diplomático e profesor.

Naceu en 16 de febreiro de 1904, en Milwaukee, no Wisconsin, falecendo a 17 de marzo en Princeton, New Jersey o ano de 2005, ambos nos Estados Unidos da América do Norte (USA), foi galardoado co premio Pulitzer de Biografía.

Durante a década dos anos corenta, do século XX, tivo unha influencia moi importante na xestión do presidente dos USA, Henry Truman.

Foi tan importante a súa influencia, nos destinos da USA, que foi incluído no restrinxido grupo de conselleiros que pasaron á historia co nome de “Os Homes Sabios”.

Entre outras políticas que axudou a desenvolver dunha forma moi significativa, hai sido o famoso tratado, que ficou para a historia do tras Segunda Guerra Mundial, do século XX, designado “Plano Marshall”.

Como sabemos foi un plan para que a Europa se refixese dos efectos da destrución provocada pola guerra enriba referida, comprando a crédito materiais e equipamentos americanos. O que carrexou unha autentica dependencia financeira da Europa devastada e non soa, da USA.

Posteriormente, parece se ter arrepentido de como as políticas de “contención” foron desenvolvidas, polos USA.

No entanto, pouco despois, veu a criticar ás políticas por el suxeridas, pois, se convenceu que coa URSS (estamos en 1948), sería posíbel emprender negociacións.

Isto veu a levar a que a influencia de Kennan, viñese aos poucos a perder importancia na política externa dos USA (parece que ese clímax, coincidiu co nomeamento de Secretario de Estado Norte Americano de Dean Acheson en 1949). Este último era un anticomunista primario.

Abandonou así, o Departamento de Estado en 1950, téndose dedicado a ensinar no “Institut for Advenced Study”, desde esa data até á súa morte aos 101 anos).

Tampouco podemos esquecer que foi membro do consello fundador do Rothermere American Institut na Universidad de Oxford.

Posta esta introdución dun dos dous, máis influentes politólogos, que desenvolveron a tese da necesidade dos USA seren líderes mundiais, sendo o outro o tamén lonxevo, Henry Kissinger, que morreu igualmente con 101 anos.

Posto isto, xordeme unha frase moi indicativa do que se está a pasar no reino dos USA, ou será que nos equivocamos e o espazo da República Federal dos USA, non é un imperio do mal?

Esa frase reza como puños unha verdade do tamaño do Universo:

“Como perder finxindo gañar”

O problema é que a pesar dos grandes estrategos, dos grandes políticos (polo menos é o que nos queren facer crer, mais mellor sería, que fósemos tan cautos e esclarecidos, que viramos que o rei viña completamente nu), impóñennos a todos os que están debaixo das súas patas dominadoras, que compremos as súas manufacturas, as súas materias primas os seus repostos, en fin todo o que eles producen así como o que, polas súas imposicións, até non son máis do que intermediarios e, o peor polos prezos que lles dá na gana.

É que estamos os europeos obrigados, pola súa despótica cobiza, a nós suxeitarmos aos prezos superiores aos mercados orientais e, aceptar as táboas que lles permitan restaurar a súa decrépita economía financiariazada.

Este é o apoio que os USA, xenerosamente dá a seus socios. Até parece que somos inimigos. Claro xa nos esquecemos do aforismo “amigos, amigos, negocios a parte”.

A Europa, nunha obediencia total, e máis, cunha xenuflexión reverencial e afirmativamente agradecido, comprarán todo en especial material de guerra e, non poderán deixar do facer, até estaren saciadas a total necesidade, que os señores “Amos do Mundo”, impón aos seus creados (parece que os presidentes dos USA, non son nada máis, do que “a voz dos seus donos”) e, entón estean completamente satisfeitas e os seus petos ben aprovisionados.

O que se ten vindo a verificar é que, os USA, ao imporen o boicot aos produtos rusos e con impostos aduaneiros, incomparábeis, os produtos chineses, ten lanzado a Europa, nunha situación dunha economía en situación de inflación máis que crepitante.

Así poden vender os seus produtos, por prezos moi máis elevados, facendo recuperar a súa economía, que como xa dixemos, estaba en crise e, como non podía deixar de ser, exportaron a crise para os seus socios europeos, como o temos probado e aínda nos encontramos.

Con esta política, perfectamente despótica e insoportábel, ten provocado os desequilibrios da economía europea, pois, lles vedaran os accesos por súa imposición aos mercados do liches.

No entanto, xa se nota mesmo dentro do territorio dos propios USA, que cada vez máis, crece uña crítica consistente e capaz de invocar de forma consciente as contradicións que cada vez, se mostran mellor as limitacións das esperanzas, de que o século XXI poida ser de novo un século do dominio absoluto utilización de armas nucleares e, entón, os seus cálculos estarán inevitabelmente errados. Os USA, sufrirán nunha futura guerra tamén o desbastamento do seu territorio, con todas as consecuencias de aí advindas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.