Por Jose Vieira
En moitas ocasións, se nos deparan accións ou actividades, cuxa súa realización se tornan practicamente imposíbel, quere o tempo e no espazo, dispoñíbeis.
Estas sensacións de incapacidade material de resolver determinados problemas, acaban por conducir a autenticas frustracións, que se reparten en dúas consecuencias principais. Unhas de carácter persoal, pois se asocian a unha frustración na aplicación de coñecementos que os tiñamos como correctos e, outra cuxa frustración asenta en xeral, na falta de suficiente análises previas, do certo contido do respectivo problema.
Estes tipos de imposibilidade, pasan a todos os niveis e sobre todo nas ciencias sociais, das que a economía é unha das súas compoñentes fundamentais.
Acresce a este problema, de imposibilidade de resolución, unha característica de moitos autores, de quereren ser tan polivalentes, en que as súas receita, serían a panacea para todos os males dos seus apoiados, quere da dereita, do centro ou da esquerda.
En linguaxe moi popular, era como se o completo, servise para o meniño ou a meniña. É un pouco unha versión unisex, que servisen ao mesmo tempo, para todos os cadrantes políticos. Estas panaceas universais, xa se deron conta os seguidores de Maquiavelo, hai xa uns centenares de anos.
Este noso texto, vén a propósito, dunha releitura das obras dunha das economistas de moda e, de quen particularmente tamén gosto, aínda que non a siga, como un dogma dentro da economía.
Se trata dunha ítalo-americana de nome Mariana Mazzucato. Esta economista vive e traballa en Inglaterra. Da súa obra, revisei as seguintes obras, “O Estado emprendedor” e o “Valor das Cousas”. Recentemente saíu un novo libro que se titula Misión Económica”, que lin en versión orixinal.
Ten realmente un perfil moi interesante, esta economista, que até se autointitula, como sendo a “economista máis aterradora do Mundo”.
Unha das razóns pola cal pensamos que así se titula, se debe ás súas ideas por veces un pouco desbridadas.
Segundo consta nos medios periodísticos, esta é consultada por gobernos de varios cadrantes, quere de dereita quere de esquerda e pór o propio Bill Gates, entre outros grandes señores da economía mundial. Esta opinión é vinculada, entre outros periódicos, como o diario Londinense, “London Equipos”.
Esta experta económica, foi asesora da máis radical congresista dos Estados Unidos, Alexandria Ocasio-Cortez e, da senadora democrática e concorrente fronte a Joe Biden, dentro do Partido Demócrata ao nomeamento, por ese partido á Presidencia da América do Norte.
Tamén foi asesora dos laboristas ingleses, Corbyn e McDonnell, o que lle revisa unha “fama” de consultora de esquerda. No entanto, debemos lembrar, que neste cargo, durou moi pouco tempo, dado que se deu conta, que xamais sería alguén no panorama político do país.
Máis, o periódico “The Mail”, sinalou o seu coqueteo cos laboristas e, que pronto pasou a colaborar co partido conservador, tendo asesorado, entre outros a Greg Clark, sobre todo sobre política industrial e súa estratexia, tendo este ocupado o papel de ministro para as empresas.
Esta traxectoria, mostra a súa polivalencia, non só como consultora, sendo patente que a súa Misión, non ten fronteiras.
Así como os múltiples cargos que ten desempeñado en varias organizacións mundiais. Enumeramos de entre elas: a de Xefe do Consello de Economía da Saúde para todos en 2020, pola Organización Mundial da Saúde.
Nesta súa última publicación enriba referida, presenta de novo, a idea de que “o sector público debe liderar, o camiño das economías modernas”.
Ela pretende restaurar, ou mesmo implantar de novo, a teoría de que o goberno pode ser unha fonte de creación de valor. Aquí non estamos de acordo, pois o goberno non crea valor, no sentido de beneficio de capital, o que si fai é usar eses valores, para a sociedade. Esta diferenza Mazzucato, non recoñece, no entanto, é ben recoñecida polos capitalistas.
Presenta como exemplo o préstamo, que Obama, Presidente dos Estados Unidos, concede ao dono da Tesla, Elon Musk e, que foi fundamental para o éxito da empresa.
Cabe aquí unha reflexión, sobre as leccións que debiamos aprender coa gran Recesión, que custa demasiado rescatar as economías nacionais durante unha crise, máis do que manter un enfoque proactivo de inversión pública. Todo isto porque en xeral se manten o mito de que existe unha superioridade do sector privado. Se cremos e máis o practicamos (as políticas dos últimos gobernos de España), estaremos moito máis mal nas crises futuras e ese efecto xa o estamos a sentir nas nosas carnes, na actualidade (pandemia e crise económica conxuntas).
Imos dar un exemplo desta situación na práctica, en que estamos en sintonía co que acabamos de afirmar da releitura, dos escritos da autora Mazzucato.
Así vemos o que se está a pasar coa investigación a todo o pano, para a obtención das vacinas o máis rapidamente que foi posíbel. Quen financiou a investigación, foron os fondos públicos. No entanto, foi desenvolvida toda unha propiedade non publica, minimizada pola teoría económica convencional. E por outro lado, non foron os privados que deron a mellor resposta, perante a pandemia e as súas mortes, mais si os servizos de saúde públicos. En contra partida quen fica a obter uns fantásticos beneficios e un desenvolvemento de actividade sen riscos, foron os privados (o diñeiro público reverteu e tornou o sector resistente a calquera risco, ou sexa, a beneficios seguros).
Aquí temos un dos argumentos da economista, Mazzucato, cando fai e xustifica os investimentos en innovación, por exemplo en proxectos como o Apolo (un proxecto de colaboración Público/Privado), multisectorial, que permitiu que fose aproveitado, moitas das investigacións levadas a cabo en artefactos de interese para a comunidade.
Segundo ela, o capitalismo moderno o “que necesita é unha asociación impulsada por un obxectivo ben definido, entre os sectores público-privado”, e de novo ela nos afirma que “aparentemente o que necesitamos, é dun enfoque e un redeseño de ferramentas, para unha nova teoría económica e, esta ser a adecuada para poder afrontar unha nova direcionalidade do crecemento.
Esta idea mostra que a misión (título do seu novo libro), para superar a pandemia, xa nos demostrou que o sector (empresas capitalistas e gobernos), debe compartir riscos e, naturalmente as recompensas.
Recoñece máis, unha necesaria relevancia fundamental do sector público, reavaliando a situación moi para alén dos fallos dos mercados, segundo a autora, derivados da economía de “ben estar neoclásica”, adoptando un novo papel na “co-creación do mercado e a súa modelación.
O que pretende dicir é que non se ten de arranxar os mercados, o que se ten é crear novos mercados, en toda a extensión do significada.
Esta autora, en súas múltiples colaboracións, revelou que tamén falla como todos, a pesar dos seus dogmas, por exemplo, nos proxectos que asesorou para a Alemaña, sobre a transición enerxética de enerxías renovábeis, sobre todo na hora de redución de emisións.
No entanto “errare humanum est”
Imos deixar algunhas preguntas pertinentes para que se poidan aquilatar, das dificultades de contestar aos rectos da economía e en especial a actual:
– Debería ser misión do goberno crear mercados ou dar forma aos actuais?
– Se pode reverter o cambio climático e o quecemento global, mentres as industrias dos combustíbeis fósiles non estean debidamente regulamentadas, pór os gobernos?
– Se pode solucionar as desigualdades crecentes, a través dunha colaboración público/privado?
– Se pode evitar o desemprego tecnolóxico, cando as grandes empresas están apostando pola robotización e a Intelixencia Artificial, substituíndo o traballo humano?
As respostas a todas estas preguntas, contestadas por cada un de nós, mostrarán unha evidencia non moi animadora.
A autora, aínda engade que é necesario que todos os cidadáns se involcren nos desafíos non só sociais, con todo o “entusiasmo cívico” nas tarefas necesarias… Será isto realista?
O que pretende animar, coa misión, é que esta ofreza un certo camiño para relanzar un novo Estado e, así reparar o capitalismo, en lugar de acabar con él.
Non temos todas connosco, que sexa posíbel responder a todos os desafíos que se en os deparan, dunha maneira tan, simple e multilateral.
Na dúbida está o método e. Non será isto unha Misión imposíbel.
Se el primero en comentar