Por Jose Vieira
Naturalmente se trata dunha cuestión que non temos nin certezas absolutas, no entanto, non podemos negar. Podemos máis dicir, con máis certezas, de que estamos no camiño de sermos teledirixidos (queremos dicir dalgunha maneira robotizados), do que responder que non.
Algunhas cousas temos xa presentes que todos ou case todos temos móbiles, máis ou menos intelixentes, temos televisións cada vez máis sofisticadas, así como electrodomésticos intelixentes. As casas que habitamos, son cada vez máis monitorizadas, ou mellor robotizadas o que está máis correcto, todo isto, para nos tornar a nosa vida máis agradábel.
Será que estamos todos a camiño da felicidade instantánea e xeral?
É evidente que podemos contestar que non é así, pois a maioría das poboacións ten vindo a verificar que cada vez o seu diñeiro é menos e que cada vez o seu estándar de vida disminuí. Todo isto sabemos na propia carne, mais tamén as estatísticas, tamén nolo indican, coa frialdade dos números.
Quen lucra coa crecente dependencia da robotización, son naturalmente aqueles que se distinguen por “the have and have not”, os que ten e os que non ten. Esta situación, que xa á súa vez tiña un multiplicador maior que 1, se ve acelerada, pola existencia da pandemia. Existe unha magnifica exposición para quen queira afondar esta aceleración do antropólogo Wade Davis.
Imos dar un pequeno exemplo, para que os estimados lectores poidan ter unha idea máis clara da progresión das desigualdades, e tomamos os números e os nomes do referido antropólogo:
As tres persoas máis ricas dos Estados Unidos da América, ou sexa, Jeff Bezos da Amazon, Bill Gates da Microsoft e Mark Zuckerberg da Facebook, son tan ricos canto os 160 millóns dos americanos máis pobres. Isto significa a metade da poboación dos Estados unidos.
Non esquecer que 36% da poboación de memoria os chamados “*Áfrican americans”, non só non ten nada como o que posúen son débedas.
Esta situación nos leva a unha primeira aproximación deste texto, de que o primeiro país do mundo, durante dous terzos do século XX e a primeira década do actual século XXI, perderon a hexemonia quere comercial quere industrial no mundo, intentando mesturar a súa autoridade militar, como elemento de show, nada máis.
Son estas compañías as que están robotizando o mundo e, como tal determinando os nosos propios comportamentos pois, nos coñecen mellor do que nós propios. Isto os permite orientar de forma sutil os nosos hábitos e, como tal, mandar nas nosas actitudes e comportamentos. A esas entidades empresariais, que son chamamos “SeF Tec”, non só dominan a actual robotización, como controlan os nosos datos persoais e como tal a nosa privacidade.
Un exemplo ben actual, é a posibilidade de poderen seguir todos os nosos pasos, como poder mesmo sen termos conectado o noso terminal intelixente, poder ver con que estamos, onde estamos e o que estamos facendo. Coa captación de imaxes. Case nada.
Como podemos ver, non existe calquera empresa da vella Europa que se entrepoña a estas SeF Tec americanas, nin mesmo as chinesas que só agora saíron ao mundo, como por exemplo a Sansung, razón por que, Trump a prohibe nos Estados Unidos, a mando das Sef Tec, americanas.
Retomemos a robotización e verificamos, que moitos de nós traballamos desde casa, ou mellor dentro da soidade da mesma, moitas veces pouco o nada estamos coa familia, pois o traballo impón un ritmo tal que nos vemos amarrados aos medios informáticos. Non esquecer que os empregadores poden verificar con toda a simplicidade se estamos a traballar para a empresa ou o que estamos a facer. Se hai ido totalmente a nosa privacidade.
Antes había máis sociedade, hoxe como moito está reducida ao núcleo familiar na mellor das posibilidades.
“Todo isto non vai acontecer, está a acontecer”
Como di o referido autor, Wade Davis, a non existencia, de convivencia no traballo, trae outra vantaxe esencial aos patróns pois, deixa de haber espírito de clase, logo de organización sindical e, como tal, os medios colectivos de negociación no e de traballo.
Falemos agora sobre o traballo na América do norte, país onde xa están máis implantadas estas formas de robotización da vida dos traballadores. Neste país, a perda de emprego se conta por decenas de millóns e a posibilidade de encontrar traballo, leva a que llo procure por todo o país, o que tras outra consecuencia a desagregación do núcleo familiar. Esta perda de emprego ten traído, entre outras consecuencias, que na América do Norte, a segunda causa de morte, xa sexa a por exceso de inxestión de opiáceos, pola poboación en desemprego.
Claro que as tecnoloxías nos teñen facilitado a vida e realmente temos a nosa man, moitas cousas que xamais imaxinaramos, no entanto pagamos para iso o prezo de termos perdido a nosa intimidade.
Por último, e pensamos volver a este asunto brevemente, nos aproxima a pasos xigantescos de traballar todo o día, ou sexa, utilizando a famosa regra de 24/7, o que quere dicir estar ao traballo as 24 horas do día os sete días da semana.
Se el primero en comentar