Como financiar a crise (I)

 Por  José Vieira

Como sempre, se imos ao restaurante, en xeral, a nosa a tentación se concentra en dúas cousas. Na variedade da carta e, como non podía deixar de ser, nos prezos de cada un dos elementos que compoñen o “menú” respectivo.

En xeral, é costume que as persoas se despracen aos restaurantes de máis categoría, sempre acompañadas e, como tal, sexa un dos intervenientes a pagar o repasto, ou a conta a dividir, sempre se ten en atención os elementos enriba referidos.

É por de máis evidente, que non se temos diñeiro suficiente, na nosa perspectiva ou dubidamos de que o que temos non chegue para tan grande acometido, non ofrecemos a comida ou nos atemos a unhas tapas, moi máis económicas.

Esta situación, mutatis mutandis, tamén pasa en relación aos gobernos dos países. Un gobernante, por máis popular que queira ser, non pode vir ofrecer aos seus representados, máis do que de verdade pode realmente dispor.

Tamén é correcto que, os medios dispoñíbeis por un goberno, son incomensurables maiores e máis flexíbeis, do que os orzamentos persoais. Así que as comparacións deben ser feitas con algún coidado en termos das idiosincrasias de cada ente.

Como é do coñecemento xeral, na actualidade, practicamente se extinguín na plenitude, a economía, aínda que, non todos os países ao mesmo tempo.

Con isto queremos dicir, que as economías, que xa estaban en franca desaceleración, e nalgúns casos mesmo con crecementos negativos, acabaron por teren mesmo que parar pois, a este cadro negro, se xuntou a pandemia do coronavirus, obrigando a confinar as persoas nos seus domicilios.

Así, como non podía deixar de ser, entre outras consecuencias, a economía entrou nunha fase  depresiva (para nós consideramos que estamos non nunha recesión,  pero todos os indicadores nos levan a admitir, estarmos a entrar en algo moi semellante en termos económico/sociais a “gran Depresión” dos anos trinta.

As tecnoloxías actuais, permiten o traballo  oficinal, ser efectuado dixitalmente, desde os domicilios dos traballadores, no entanto, os despedimentos seguen en centenares de millóns, por máis habilidades lexislativas dalgúns gobernos, e o panorama no horizonte, non se ve nada claro (ver o noso artigo, de “Como será o día despois”, no  CASINO EN QUE VIVIMOS). 

O problema, esencial neste momento, está centrado en trabar e controlar, o máis rápida e definitivamente, esta pandemia chamada de coronavirus.

Claro que o goberno, se puxo a traballar, tendo como obxectivo o conseguir dominar a pandemia. Para iso, a través do Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo, declarou o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo Covi-19. Posteriormente e, igualmente por Real Decreto 487/2020 de 10 de abril, se prolonga o estado de alarma declarado no decreto referido anteriormente.

Esta situación, suspendeu practicamente todas as actividades económicas, que non fosen esenciais, no combate a pandemia, confinando as persoas as súas casas, solo debendo saír, para comprar os alimentos necesarios, os medicamentos e outras que fosen imposíbeis de seren mantidas en casa de cada un.

Saídas cos animais de compañía, algunha tramitación administrativa o policial e moi pouco máis.

Aparentemente o que si funcionou a todo o gas, foron os hospitais e demais departamentos, da saúde pública, como os Centros de Saúde e os seus PAC.

É exactamente este o primeiro momento, en que as persoas, se dan conta de que durante os varios gobernos que xestionaron España, desde a década de 90 do século pasado até a actualidade, viñeron sistematicamente a desarmar o Sistema de Saúde Pública. 

Este premeditado acto, dos varios partidos nos sucesivos gobernos, deixou sen medios materiais, sen equipamentos esenciais, sen contratar persoal sanitario en todas as especialidades e grados, necesarios á prestación da asistencia normal, non tendo mesmo contratado persoal para repor as prazas dos que se ían reformando.

Antes pór o contrario se foron externalizando, non só servizos auxiliares de diagnostico, así como, se ten vindo a facer, transferencias de millóns de euros para os grupos privados de saúde, en detrimento dos servizos se saúde públicos.

Non obstante, xorde a pandemia, chamada de coronavirus, que se declarou inicialmente na República Popular da China, en fins de novembro, sendo o primeiro caso identificado como tal, o día 1 de decembro de 2019, na cidade de Wuhan, capital da provincia de Hubei.

No entanto, neste reino, todo se mantivo na chamada “santa Paz”, como se unha pandemia vírica, fose un accidente de menor importancia e, naturalmente, se quedase confinada na China.

Pero non foi ese o caso, como sabemos hoxe se viaxa de avión, de tren o doutros medios de transporte e todo se propaga con moi máis rapidez do que antes.

Antigamente os virus viaxaban, como moito a velocidade dun cabalo de tiro. Hoxe estamos nun mundo onde todo se transmite en segundos.

Regresemos a España pois, é sobre esta, que queremos, analizar unhas cantas cuestións para nós esenciais.

A situación no país chegou a ser de tal maneira incomprensíbel, que os sanitarios tiñan que ir tratar dos enfermos contaminados, sen as mínimas proteccións pois, non existían nin en almacén pois, nin se tiñan previsto que a pandemia podía chegar ao reino en cuestión e, como tal non foron encomendadas en tempo  útil. O mesmo aconteceu con outros equipamentos máis técnicos, que ou non existían en cantidade e que igualmente non foron pedidos a tempo.

Cabe aquí, unha pequena pero para nós moi importante reflexión, que se trata da mortalidade que atinxiu dunha forma fulminante, as residencias de anciáns, a quen debiamos respectar por se tratan dos nosos proxenitores.

No entanto a súa externalización, e a súa falta de inspección por parte das autoridades sanitarias, antes, durante e case con certeza despois, de pasada a pandemia, pois son unicamente lugares de obtención de lucros, para as empresas privadas, a quen o goberno entregou o “negocio”.

Máis, moitos dos hospitais, revelaron que non tiñan capacidade para asistir a cantidade de enfermos que aparecía para seren tratados, nunha primeira fase se levaban para as UCI, segundo un criterio descoñecido, para o grande público. Tamén as UCI, non só non eran suficientes, no entanto, iso non que lexitimaba criterios máis menos aleatorios. Non imos discutir en que estado estamos, pero pouco claro raramente transparente e notoriamente pouco democrático.

Se instalaron hospitais de campaña, en pavillóns de exposicións comerciais, en pavillóns deportivos, e até en tendas de campaña militar. 

Faltaban camas onde eran precisas, no entanto, varios hospitais, ten centenares de camas desactivadas, pois, non ten persoal sanitario para as pór en funcionamento, porque non contratan sanitarios.

Estes hospitais de campaña improvisar, con camas e con instalacións de  UCI, ten sido dunha utilidade extraordinaria, así como, o esforzo,  abnegado e altruísta, dos sanitarios, das  UME (militares), das Vixía Nacional, Policía Local, da Guarda Civil, da Protección Civil, e de tantos e tantos voluntarios.

En España, existe tanta xente que se sacrifica polo seu semellante, que non queremos deixar de referir o auténtico exército de transportistas, que diariamente vén repor os suministros necesarios para que non exista un desabastecimento e que inspire pánico. Tamén ten sido extraordinario, o esforzo dos pequenos comercios de alimentación e as grandes superficies (vulgo supermercados).

As boas noticias, cando chegan, non acostuman ser tan satisfactorias, como desexamos, no entanto,  van xurdindo e “gran a gran, a galiña enche o  papo”, e parece que a curva de Gauss da pandemia en España, non só se vai achatando, así como nos aproximamos, do punto máximo, o que significa que o  respectivo desenvolvemento da expansión do virus, está a ser vencido polas medidas adoptadas. Parece lento pero seguro.

Entramos, por tanto, na segunda parte do problema, que se resume dunha maneira moi simple, no entanto, bastante dramática.

Xa antes dixemos que a economía ía mal en xeral en todo o mundo, mostrando unha desaceleración e en moitos casos, até un crecemento negativo.

Posta as cuestións nestes termos nos xorde a pregunta sacramental:

Como se vai poder pagar, todos os gasto asumidos para trabar a pandemia e ao mesmo tempo, poder encontrar os medios para recuperar a economía que foi devastada?

Temos, a maioría de nós, ben presente en anterior recesión de 2008, tamén coñecida pola crise das hipotecas sen valor (en castelán hipotecas basura).

Nesa altura, tivemos a experiencia de que os países menos acaudalados, ou sexa, de economías máis febles, da Comunidade Económica, da moeda única do euro, ou sexa os 19 países, pasaron situacións dramáticas.

Estes, tiveron que someter a súa acción, a unha  fiscalización, pois nada podían facer, desde que implicase gasto, sen a autorización dun conxunto de funcionarios, os chamados homes de negro (así eran chamados eses funcionarios) pertencían a un  trío de organismos, que se lle chamou a  Troica. Esta era constituída por elementos da Comunidade Económica, do Fondo Monetario Internacional e do Banco Central Europeo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.