Como fan para que os máis maiores voten os que privatizan

quen detén os órganos de comunicación social e os manipula a seu belo pracer, é esa tal minoría, ou sexa, os tales moi ricos, a través dos seus servidores os tales que son a “voz do dono”

Por Jose Vieira

Normalmente as persoas maiores pensan da seguinte maneira e, que está correcta en principio, “pagado un imposto sobre a meu salario, para que despois de morrer a miña viúva, se aínda vive, teña con que poida aínda vivir.”

Este é o pensamento máis ou menos xeral e, como tal, non lles merece unha contestación máis detallada, nin máis atenta.

Nunha poboación tan envellecida como a peninsular, podemos hiper xeneralizar, afirmando que case 50%, dos maiores, xubilados ou cerca do estaren, pensan que é así que debe ser e, evidentemente é así que esperan vivir (eles ou as súas familias).

Nesta altura, nos xorde unha pregunta, que non é nada retórica, mais si necesaria, para sabermos se realmente a poboación en xeral, ten un comportamento síncrono con este noso diagnóstico previo.

E naturalmente se detecta, un continxente da poboación bastante máis restrinxido, en números, pois, representa non moi máis do 5 %, da totalidade e, destes 5% cerca de metade, realmente ten posición moi ben definida sobre o tema da supervivencia, mentres a outra metade dos 5%, o sexa uns fortes 2,5%, se encosta a eses outros 2,5% que son os realmente moi ricos, unicamente por un efecto imitación, pois, se xulgan igualmente uns electos da fortuna social (son constituídos na maioría dos casos por cadros intermedios con problemas de prestixios social).

É que ese certo conxunto de poboacións que son realmente moi ricos, preguntan aos seus botóns, porque ten que estar a ser participes da supervivencia do resto da poboación.

Para este pequeno continxente da poboación, o ben estar presente e futuro, e especialmente a supervivencia da restante, non lles interesa o máis mínimo. Unicamente o que desexan é que estes estean moito ben disciplinados e tranquilos dentro dos varais creados para a súa acomodación, non creando calquera problema social ou disciplinar.

Así a primeira posición dos partidos que realmente aglutinan esta poboación minoritaria, é dar cobertura e crear unha estratexia, co auxilio dese grupo que lles segue “como monos de circo”, para que o groso da poboación non se dea conta do logro en que están a caer, as súas capas, máis anciás.

Así eses partidos, representan “a voz do dono” dan a cobertura ás capas máis vellas da poboación, dando a sensación a través dunha propaganda, dirixida polos órganos de comunicación social, subsidiados por eses partidos, dicindo que se continúan a gobernar partidos máis de esquerda ou máis sociais, van deixar de poderen recibir os diñeiros das xubilacións, pois, eses gobernos irán deixar de pagar esas prestacións.

Todos sabemos e, se non nos informamos correctamente o debiamos facer para a nosa tranquilidade, que quen detén os órganos de comunicación social e os manipula a seu belo pracer, é esa tal minoría, ou sexa, os tales moi ricos, a través dos seus servidores os tales que son a “voz do dono”.

Como manten moito ben acompañada esa súa intoxicación informativa, o groso da poboación maior, “corre de brazos abertos”, para os seus salvadores, eses partidos controlados polos máis ricos.

Non se dan sequera conta de que estes seus partidos, ao estaren a propor sempre o recorte de impostos, están a limitar cada vez máis as receitas publicas, cada vez menores, implican cada vez son posíbeis menos políticas sociais.

Mas aínda hai máis, os moito ricos, que controlan eses partidos, non só queren menos impostos, así como satisfacer a voracidade polos beneficios dos seus “Amos do Mundo”, pois, os ricos locais, se enmarcan dentro das liñas de actuación suxeridas polos ricos e poderosos mundiais e, entón, gastan o diñeiro que debía ser para políticas de educación gratuíta e sanidade gratuíta e ambas públicas, en armamento (as compras macizas de armas aos vendedores americanos, que ten como intermediarios o sr. Joe Biden e a organización criminal OTAN).

Por exemplo, nos imos referir ao caso do ensino en escolas públicas.

É normal o seguinte raciocinio: ou non teño xa fillos en idade escolar, e por iso, pregunto porque teño que pagar máis impostos para manter un servizo do cal xa non necesito ou aínda teño fillos en idade de estudar, mais, non quero que estean mesturados con “esa xente reivindicativa e de afinidades próximas aos comunistas”.

Por iso, en calquera das circunstancias estou a deitar diñeiro fóra da miña utilidade, servindo para outros que non forman parte da miña “CLASE”.

Por todo o que enriba fomos referindo, se pode ler sen dificultades, que os partidos coñecidos polos apoiantes das liñas máis extremas capitalistas e até salvaxes, se están impondo, no panorama da comunicación política, non só intoxicando e levando os máis anciáns a teren unha relación oblicua, para cos seus familiares máis novos, isto é, abandonando o que lles vén despois destes teren cerrado os ollos, facéndoos caer na máis completa situación de inseguridade social.

É exactamente neste punto, que os partidos como o Partido Popular, e sobre todo os seus dirixentes, procuran dunha forma criminal, enganar as poboacións máis anciás, co apoio da igrexa católica e do seu partido matriz, o VOX.

É realmente unha falta espantosa non haber unha comunicación social, exime e independente, que non vivise á custa dos subsidios, que só poden obter, se transmiten as ordes dos seus financiadores.

Terminamos este, dicindo que é necesario meter unha liña divisoria nas noticias, por forma que dunha vez por todas, as institucións e a administración non envíen “falsas informas”, para que sexan aproveitadas polos que se dedican a intoxicar a vida das poboacións.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.