Os Huties forman parte do chamado “Eixe de Resistencia”, que é unha asociación tamén apoiada pola República Islámica. Son tres as organizacións que a constitúen: os Huties propiamente ditos no Iemen, o Hamas en Gaza e o Hezbollah no Líbano.
Por Jose Vieira | 13/01/2024
Non é habito, teren os nosos textos títulos tan extensos, mais, queriamos chamar a atención a esta dobre acción máis que criminal, que unha vez máis, desenvolven “Os Bos”, que é o como os europeos en xeral e en especial os peninsulares, ven eses países, no texto en epígrafe.
Comezaremos por indicar que os Estados Unidos teñen dado todo o apoio directo a Israel no xenocidio que todos xa temos perfecto coñecemento do pobo palestino.
No entanto, por outro lado os USA, apoiantes e fornecedores de material de guerra (adiante escribirmos material de morte), aparece nos fóruns mundiais, como querendo ser un dos promotores agora dun acordo para cesar fogo, na respectiva zona. Unha máxima hipocrisía que está a manipulara as mentes.
Non pode haber maior hipocrisía, nin de coherencia, tan pouco de honradez política e clareza, como a que mostra esta actitude do goberno dos USA.
Mais o peor de todo, xa non é a posición dos criminais USA, perfectamente a coberto da impunidade que lle revisa, o seu único argumento, a forza das armas e, ter ao seu servizo, unha Unión Europea (adiante EU), que basta que o “sheriff americano teña tose”, que na EU, se rasca as bolsas para comprar material de morte aos USA e seus asociados e, facer todas as venias para se quedar ben co seu dono.
Este procedemento é criminal, pois, é desviar recursos, que debían ser para investir no desenvolvemento e, como tal no ben estar dos seus cidadáns, o fan para os petos dos grandes industriais de armamento dos USA e do Reino Unidos, onde están as sedes das 5 maiores empresas do mundo de “material de morte”.
Recordemos, por exemplo, a situación de crise en que caeu a Europa, que todos temos sufrido nas nosas carnes, unha inflación “galopante”, e como podemos ver, estamos quietos, calados e serenos, despois de termos asistido á destrución dos gasodutos Nord Stream II e Nord Stream I, nun acto terrorista entre os máis recoñecidos terroristas, feitos polos USA, en augas territoriais da Dinamarca.
É que o que querían e queren os USA, é seren o uno líder non só económico do chamado Occidente, mais tamén o que dita as leis do que é o non é terrorismo -o fago eu-, é unha boa acción de organización da economía, más se é outro calquera sen miña autorización, é un criminal terrorista, a merecer a inmediata eliminación.
Esta operación como enriba referimos quen foi o seu autor, foi levada a efecto, por explosións submarinas, o día 26 de setembro de 2022 e, á praza da illa danesa de Bornholm.
Inmediatamente, un día antes, tiñan a Polonia e a Noruega aberto o Baltic Pipe, atravesando a Dinamarca, para fornecer como alternativa á Rusia os hidrocarburos Noruegueses.
Más, a Alemaña, gran accionista dos gasodutos eliminados polos americanos, quedou calada, pois o seu xefe de goberno, o señor Olaf Sholz, é un fiel e submisos servidor dos intereses dos USA, preferindo perder a inversión a cuestionar a política do patrón americano.
Queremos facer recordar, que os partidos socialdemócratas, non é máis do que un partido, neoliberalista, a sombra dos partidos americanos, que os fiscalizan e revisan, lles dan as regras de conduta, que é o caso do SPD alemán de Olaf Sholz. Esta situación vén desde o tempo de República Federal da Alemaña de Konrad Adenauer.
Xamais estes partidos tiveron intención, ou polo menos seus xefes, de ser unha alternativa ao socialismo.
O mesmo pasa cos partidos socialistas europeos, pois, realmente son partidos, que na mellor das alternativas, soamente serán democráticos e, nalgúns casos, socialmente populares.
Esta crise no Mar Roxo xorde, segundo as noticias manipuladas polos americanos, para atacar os barcos que transitan no referido mar, como represalia polo apoio do Occidente, en especial dos USA, Reino Unido, EU, Canadá, Australia e Nova Zelandia, ao xenocidio do pobo palestino, que non ten os medios suficientes para a súa defensa.
Todos sabemos que o pobo palestino é esencialmente árabe e como tal musulmán.
Os Huties, tamén coñecidos por Huzies, están predominantemente constituídos, polos zaidis chiítas, mais tamén inclúe sunies. Se acostuman designar como “Ansorolá”, que significa “partidarios de Deus”.
Son unha organización militar islamita que xurdiu para reaccionar contra o réxime de entón no Iemen, os anos de 1990. Comezou por ser “Xuventud Crente”, cando polos anos 90 do século pasada foi creada polo seu xefe fundador Hussein al-Houthi, como movemento relixioso de orixe chiíta do islam, designada zaidismo.
Estes son apoiados polo Irán. Os Huties forman parte do chamado “Eixe de Resistencia”, que é unha asociación tamén apoiada pola República Islámica. Son tres as organizacións que a constitúen: os Huties propiamente ditos no Iemen, o Hamas en Gaza e o Hezbollah no Líbano.
Existen inmensas contradicións, na política do “Sheriff americano”, pois, hai moi pouco tempo, funcionarios americanos, destacados polos USA, estiveron a adestrar, esta organización armada, na utilización e axuste de mísiles de produción dos Huties.
Os Huties forman parte do chamado “Eixe de Resistencia”, que é unha asociación tamén apoiada pola República Islámica. Son tres as organizacións que a constitúen: os Huties propiamente ditos no Iemen, o Hamas en Gaza e o Hezbollah no Líbano.Venden a dereita e a esquerda soa que moitas veces, utilizan a intervención dos traficantes de armas. Cortan polas claras e reparan nas escuras.
Xa enriba referimos que son os USA, quen definen o que é ou non terrorismo, quen debe ser punido por súas accións e quen non. Cando é oportuno apoiar as organizacións e cando o día seguinte as criminalizan (neste caso despois de lle teren vendido as armas e cobraren os seus créditos).
Por iso, é voz corrente, entre os investigadores deste tipo de actuación de cognominar os presidentes dos USA, como vendedores de armas (dato ser esa a súa principal actividade a nivel mundial –véxase a súa empresa e filial de intermediación chamada OTAN).
Infelizmente a Europa está obrigada a ser a servil socia desa criminal sociedade.
Recordamos que o único home que freou os americanos, chamabase Xeneral Charles De Gaulle, sendo na altura Presidente da República Francesa, sendo foi afastado do poder, por acción de levantamentos sociais instigados polos USA (maio de 68 con apoios secretos na altura) e grazas a renunciar, como tal en 1969, tendo mesmo así antes se ter retirado da OTAN, a Francia.
Regresando ao mar Roxo
Esta pasada noite, pasaxe de 11 para 12 de xaneiro, unha vez máis os señores dos USA, acompañados ou apoiados, polos seus máis fieis servidores, atacaron o pobo Huties, con toda a súa habitual brutalidade, sen se preocuparen coas poboacións civís (meros danos colaterais –como nos seus socios israelitas, que xa levan asasinados máis de 23.000 cidadáns civís incluíndo máis de 8.000 nenos).
Isto fai lembrar o que aconteceu na “Guerra do Golfo” de 1991, que viña a ser preparada desde os anos 80 do século pasado, herdanza de Donald Trump, coa creación da espantosa e tristemente criminal a celebre forza, denominada “Quick alert force”. Esta forza foi creada para poder chegar a calquera punto de interese americano antes que puidesen chegar as forzas rusas (aínda non desaparecera a antiga URSS).
É máis que evidente, que as forzas militares que posúen os Huties, non resultan unha certa ameaza para os israelitas, no entanto, a súa actividade no Mar Roxo, local de paso dos barcos que se moven nos dous sentidos de subministrar produtos de oriente a occidente e vice versa, causa perturbación na área, afectando os intereses comerciais esencialmente o “Sheriff americano”, mais tamén naturalmente ao comercio mundial en xeral.
Así, este grupo islámico, o que está a facer, é un acto de represalia contra os israelitas e os seus apoiantes, fornecedores de material de morte, mais, dunha forma indirecta.
Estes ataques dos Huties no Mar Roxo, non son máis do que a contribución destes, contra o inimigo do pobo palestino, e dos musulmáns en xeral, que son o goberno e parte do pobo israelita. Se trata dun acto de solidariedade islámica.
Isto o que quere dicir, é que a solución da escravização pola parte israelita e confinamento do pobo palestino, en guetos, como fixeron aos xudeus, os alemáns, nas décadas de 30/40 do século pasado (o holocausto), só se resolve, cando os “Sheriff americano”, deixar de fornecer o material de morte.
Entón se poderá constituír nese espazo xeográfico, os dous Estados debidamente independentes A Palestina e Israel, cunha distribución xeográfica do territorio, sen incluír as conquistas á forza das armas dos israelitas.
Esa nova distribución xeográfica, sería mundialmente recoñecida (pola ONU) e fiscalizadas as súas fronteiras, por forzas militares independentes (o que quere dicir, que non poden formar parte desas forzas os membros desa organización criminal chamada OTAN) e, tamén, xamais podan estar presente forzas, dos propios USA, do Reino Unido, do Canadá, da Australia nin da Nova Zelandia.
Antes de terminar, queremos dicir que todo o Occidente (incluíndo a EU), ten como mínimo responsabilidade criminal, por virar a cara para o lado, nesta actual guerra de xenocidio e até de cruzada relixiosa, contra o Islam, levada a efecto por Israel e os USA.
Parecenos moi máis coherentes, que forzas ligadas ao bloque designado por BRICS (que significa Brasil, Rusia, India, China e África do Sur) e outros seus adherentes, xestionadas pola ONU, constitúan esas forzas de vixilancia.
Pois, se non se busca de inmediato unha paz na zona, corremos realmente o risco de embarcarmos, nunha Guerra Mundial, onde estaremos como carne de canón, até hai total destrución do mundo en que vivimos.
Se el primero en comentar