Ben seguro, a construción da ponte dos Portamuíños viña sendo reclamada pola veciñanza dende había séculos. En 1745, no seu caderno de viaxe, o padre Sarmiento deixou constancia da súa perentoriedade.
Quen nos dera, concello a concello, unha Penaquetanxe conxuradora da politicallada ruín. Mentres zorregásemos con ansia no avogoso petón, aforrariamos irlles ao lombo aos secuaces glotocidas, etnocidas; cómplices da peste eólica e eucalíptica.
Amais de arauto do tempo meteorolóxico, a Laxamoura é limiar do tempo cronolóxico, pois, a pena coñécese tamén co apelativo de “pedra da fin do mundo”.
Nos fondos dixitalizados do Arquivo Arolsen (“International Center on Nazi Persecution”), atopamos documentación do cerdedés Martiño Ferreiro Álvarez, político republicano nado no lugar do Outeiro, parroquia de Quireza en 1892.
A petición da familia –desexo que nos honra–, os teus restos acharán repouso na herbeira do Campo das Laudas, o noso lugar máis sagrado, e alí fundiraste co proxecto que tanto alentaches e que, pedra a pedra, axudaches a construír.