O Campo das Laudas é unha mostra de admiración e respecto cara ás cerdedesas e cerdedeses que, naquel aciago xullo do 36, non dubidaron en aliñarse coa legalidade resistente e oporse ao alzamento militar que nos acabou condenando a unha guerra civil e a corenta anos de ditadura.
A consecuencia do dexenerado capitalismo global e das políticas caciquís de acabación, negacionismo e autoodio, agóirase unha nova catástrofe, quizais xa irreversíbel.
Co bidón do leite en po americano en poder do Museo do Pobo Galego, presérvase un elo esclarecedor da escola de posguerra, ofrecéndonos testemuño certo da miseria na que nos sumiu o franquismo.
Os dominios do mítico conxuntarían unha Administración ancestral, en paralelo ao ordenamento que, segundo a súa ocorrencia ou comenencia, compoñen e recompoñen os poderes públicos de onte e hoxe.
Levando a auga para o noso muíño, enumeramos as personificacións de Mari Diz: deidade dupla (unha e mais a irmá, parella de vacas: a Gharrida e a Cotela), a vide (acios, bagos, bacelos…), maceira, néboa, enchente, buguina ou corno, cova, tesouro…