Análise ás eleccións en Portugal

Non se esqueceran dos repetidos anuncios da chegada dos fondos da New Generation EU, así como, da actuación do anterior xefe dos ministros das finanzas europeos, que é o actual Presidente do Banco de Portugal, e membro do anterior goberno do PS, que foi quen negociou a cuestión dos bonos comunitarios para a obtención dos 750.000 millóns de euros.

Por Jose Vieira

O domingo 30 de xaneiro, os portugueses, foron as urnas votar, nunhas eleccións anticipadas, por non ser posíbel ser aprobados os orzamentos do goberno actual, do Partido Socialista (cuxa sigla é PS e que só indicaremos de aquí a diante por estas iniciais) ao final do ano de 2021.

Ese mesmo goberno, do PS, se mantiña no poder, desde hai seis anos, desenvolvendo a súa actividade, con equilibrios e acordos puntuais, cos partidos, con especial incidencia, cos de esquerda.

Nos primeiros catro anos, merced dun acordo a tres partes, co Partido Comunista Portugués e co Bloque de Esquerda (cuxas siglas son PCP e BE, respectivamente, e de aquí en diante só nos referiremos a estes por estas iniciais), estando este pacto debidamente protocolizado por escrito entre as partes.

Así decorreron os catro primeiros anos da lexislatura, que aínda que fose gaña as eleccións polo Partido Social Democrático (en siglas de aquí en diante PSD), este só estivo no poder, un escaso mes, caendo debido a unha moción de censura e, substituído por unha coalición de esquerda constituída, polo PS, que gobernaría en solitario, mais que sería apoiada polo PCP e o BE.

Esta coalición foi   popularmente cognominada da “geringonça”.

Tras as eleccións seguintes o PS, non obtivo a maioría absoluta e, desta vez, se mantivo no poder, con base en acordos puntuais, cos seus antigos socios da “geringonça”, ou sexa, de novo co PCP e o BE.

Todo foi andando, se metendo polo medio a pandemia, o que fixo que as cousas se quedasen nun cero tipo de paz romana. No entanto, a crise xurdiu cando foron presentados os orzamentos para o ano de 2022, ao final do ano de 2021.

Non houben calquera hipótese de aprobación, pois fallaron todas as negociacións, sobre todo as principais causas do non acordo se deben a cuestións a respecto as condicións laborais dos traballadores portugueses.

É necesario esclarecer, que a posición do PS, foi sempre de impor unha austeridade aos portugueses, e como tal, non permitir unha aproximación destes, ás condicións laborais na maioría dos países da Unión Europea (falamos de condicións económicas e sociais, de salarios e de máis garantías).

Está, mentres, o país en vésperas de recepción dos fondos da New Generation EU, o que é un aliciente, para calquera partido, o de querer ter a palabra decisiva na súa aplicación práctica. Este é un argumento tentador e que fai gañar moitos votos.

É exactamente nesta altura, que ao non ser aprobados os orzamentos do ano en causa, que o Presidente da República, disolve o Parlamento e convoca eleccións lexislativas, como mínimo espazo de tempo posíbel e, de aí, seren efectuadas este último domingo de xaneiro, do ano en curso.

Xorde entón o chamado xogo de probabilidades, para non chamar de póker.

Dun lado un PS, que tivera até entón, un traballo unicamente de xestión, sen grandes sobresaltos, dado que non se tiña metido en grandes problemas de fondo, mais que na verdade, estaba a protexer xubilacións que son necesarios e urxentes acometer, para colocar o país, na senda da recuperación segura da economía.

No entanto o fundamental, hai sido os desacordos en cuestións fundamentais, de dereitos, garantías e contratacións dignas para os traballadores e, que até entón, o goberno sempre se había rexeitado a acordar co PCP e BE.

Máis, eses desacordos foron máis profundos co PCP, que sempre defendeu intransixentemente os dereitos dos traballadores.

Así o PS e, sobre a batuta do mestre de póker político, que é o señor António Costa, secretario xeral do partido e primeiro ministro do goberno en funcións, xa con 6 anos de experiencia, fai o “bluf”, de que, “non había dar aos portugueses” o que tiñan dereito, porque non o deixaron, precisamente os partidos antes seus socios, o PCP e o BE.

Máis, subliminarmente, foi deixando caer, que non deixaría de apreciar as propostas dun goberno de centro cos señores do PSD. Así, pois, aproveitaba as mensaxes do presidente dese partido, que unha e outra vez insistía, en desenvolver ese escenario, que sería, segundo o PSD, o único que servía aos intereses dos portugueses.

Claro que en directo non o dicía, no entanto, a semente da posíbel coalición se instalou, na opinión pública.

O secretario xeral do PS, nada fixo, en ningún momento, para desvanecer esa idea e, como tal, se creou un estado de espírito tal, que levou a que as sucesivas encostas de resultados políticos, se viñesen dunha forma constante, a mudar desde unha maioría confortábel do PS, a que moito cerca das eleccións, o PSD e o PS estivesen practicamente igualados tecnicamente, en intencións de votos.

Mais que aconteceu nas eleccións do pasado día 30 de xaneiro?

Comecemos por indicar que os concorrentes a estas eleccións, foron 23 partidos, no entanto, nos fixaremos unicamente, nos que teñen representación significativa, no futuro parlamento. Os resultados aquí presentados son provisionais, pois, faltan indagar os votos dos consulados, ou sexan da emigración, que elixen 4 deputados.

Pasemos aos resultados:

1 – Vencedor absoluto o Partido Socialista con 41,68 %, ou sexa, 2.246.637 votos e 117 deputados

2 – PSD con 27,8% e 1.498.605 votos e 71 deputados

3 – Chega con 7,15 % e 385.559 votos e 12 deputados

4 – I L con 4,98% e 268.414 votos e 8 deputados

5 – Bloque de Esquerda con 4,46% e 240.265 votos e 5 deputados

6 – PCP con 4,39% e 236.635 votos e 6 deputados

Houben 61.762 votos en branco, o que dá 1,15% em49.531 votos nulos.

A porcentaxe de votantes sobre o número de censados foi do 57,96%

É dentro deste cadro, que realmente vai se mover, nos futuros catro anos, deste mandato que agora se inician, todas as políticas da gobernación.

Non podiamos deixar de referir que o señor António Costa, primeiro ministro en funcións, tamén contou coa habitual abstención dos portugueses, na hora de ir depositar os seus votos nas urnas (a abstención ten sido ultimamente moitísimo grande). Nos anteriores comicios, houbera unha abstención que case roldaba os 50%. Esta pesadísima abstención tiña naturalmente penalizado o PS nas anteriores eleccións.

Este era outro dos factores do xogo de póker do primeiro ministro en exercicio.

Entón os portugueses, facendo un chamamento a súa memoria, se recordaron das agruras que sufriron co goberno maioritario do PSD. E en contrapartida, tampouco se esqueceran do goberno maioritario último do PS, en tempos pasados.

E, tampouco se esqueceran de que en termos de xestionar a pandemia, as cousas foron mal, mais mesmo así mellor do que en moitos outros países e, iso non se esqueceron, da actuación do actual goberno.

Non se esqueceran dos repetidos anuncios da chegada dos fondos da New Generation EU, así como, da actuación do anterior xefe dos ministros das finanzas europeos, que é o actual Presidente do Banco de Portugal, e membro do anterior goberno do PS, que foi quen negociou a cuestión dos bonos comunitarios para a obtención dos 750.000 millóns de euros.

Aquí comeza o xogo de póker a se animar, os xogadores nos seus encontros cara a cara, intentan ler as expresións, para que, aínda que con algún risco é correcto, adiviñar o xogo do adversario e de como será a súa seguinte xogada.

Normalmente, a experiencia determina e aconsella de forma bastante ben, como desenvolver as estratexias e, máis, tamén a poboación aprende rápido e, sobre todo o que non quere, que aconteza.

É por iso evidente que o señor António Costa creu e, viu que non estaba errado, que os portugueses, non ían neste momento entregar o ouro a outro partido e, mal por mal, estarían a votar, de forma útil no cabalo que xa coñecían e no cabaleiro que o conducía.

Esta similitude, entre unha carreira de cabalos e un xogo de póker, pode resumir dunha forma bastante suxestiva, o que determina en situacións moi puntuais, de como as poboacións, no noso caso a portuguesa, aprenden moito rapidamente, non o que queren, mais si o que realmente non queren.

Para finalizar, unha vez máis, tamén influíu e moito, outro factor na votación do domingo pasado, a memoria de que as mudanzas, non son de facer, especialmente cando se ten a sensación de que poden vir beneficios do mantemento dun determinado “Status” existente. Con isto queremos dicir que tamén tivo un gran peso a tradición na votación, o sexa a inercia da mudanza.

Todo isto sabía o señor António Costa, ou non fose un bo xogador… e máis.

Que en xira futbolística, un equipo que está a gañar, non se muda de adestrador e, os portugueses, son grandes amantes do deporte rei.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.