Por Jose Vieira
Nacida a 5 de marzo de 1871, en Zamosé na Polonia, na altura pertencente ao imperio ruso. Os seus pais eran de orixe xudía, sendo o seu pai un comerciante de madeiras. Rosa era a quinta filla do matrimónio. Dado a un erro de diagnostico, cando tiña só cinco anos, permaneceu cerca dun ano en cama, cunha perna enxesada, e cando retirou o xeso, verificouse que tiña quedado cunha perna máis curta que a outra. Esta coxeira a acompañou de por vida.
Dotada dunha intelixencia brillante, integrouse en Varsóvia ao instituto feminino, con só 9 anos. Con pouco máis de 15 anos, aparece como membro do partido de esquerdas “ Proletariat”, estabamos en 1986, este partido fora fundado en 1884, o que significaba uns 20 anos despois dos partidos proletarios rusos. A súa primeira experiencia, foi a participación nunha folga xeral, o que fixo que o partido desaparecese.
O ano seguinte, ou sexa, en 1887, deixa o ensino secundario e grazas o seu bo expediente de estudante, despois de se exilar na Suíza, o ano de 1889, cursa dereito na universidade de Zurich, así como filosofía, historia, política, economía e matemáticas. Todo isto de forma simultánea. No entanto a súa especialización, situouse no estudo das crises, tamén aí podía observar a revolución en primeira man. Foi de novo prendida en 1906, en marzo e liberada en xuño.
É o período en que se estabelece na Finlandia, o que permitía ter moi próximo a cidade de San Petersburgo. Durante esta súa estadía escribiu o libro “Folga de masas, partidos e sindicatos”, logo de novo prendida en 1907, entre xuño e agosto.
Este mesmo ano, viaxa a Londres, para asistir ao V Congreso do Partido Obreiro Social democrático Ruso en Londres, onde entrevistouse con Lenine.
Por eses anos Rosa, dedicouse a ensinar marxismo e economía, no centro de formación do SPD, en Berlín. De recordar, que o primeiro Presidente da República de Weimar, foi seu alumno Friedrich Ebert.
Xunto a Karl Liebknecht, Clara Zektin e Franz Mehring, en 5 de agosto de 1914, crean un grupo internacionalista, que posteriormente transforman na Liga Espartaquista, o día 1 de xaneiro de 1916. Serviron, entre outras actividades políticas, para dar cobertura a unha cantidade de panfletos políticos, normalmente firmados co nome do escravo romano “ Espartaco”.
Esta súa organización, non deu cobertura a entrada no goberno de coalición, do partido Social Democrática Independente da Alemaña ( USPD), onde a Liga Espartaquista tiñase integrado e que fora fundado por Karl Kaustsky, visto que se coligou co SPD, formando goberno, tras a Revolta de Kiel, onde cerca de 40.000 mariñeiros e infantes de mariña, toman o porto (este éxito pasa o 4 de novembro de 1918). Á razón deste acontecemento o Kaiser Guillerme II, abdica e se refuxia na Holanda. Debemos engadir, que xa nese momento a guerra estaba perdida para a Alemaña.
Rosa Luxemburg, fora liberada da cadea de Breslau o día 8 de novembro de 1918 e xuntamente con Karl Liebknecht, así como con outros grupos socialistas e comunistas, crean o Partido Comunista Alemán, de siglas KPD.
A República de Weimar, sobre o liderado do seu antigo alumno Friedrich Ebert, lanza unha autentica caza aos elementos do Partido Comunista, co exército así como unhas milicias de antigos militares da gran Guerra, designados por Freikorps (corpos libres), que acaban por asasinar moitos dos elementos de esquerda.
Rosa é asasinada por esmagamento do seu cranio, metida nun saco con pesos para non poder flotar e lanzada ao río Spree en Berlín.
Foron centenares de mulleres e homes de esquerda vilmente asasinados polos recentemente xefes da República de Weimar.
Particularmente nos apercíbemos, nunha recente estadía en Berlín en outubro deste ano de 2019, que o pobo alemán consagra o segundo e terceiros domingos de xaneiro de cada ano, a relembrar e homenaxear ós dous mártires respectivamente, Rosa e Liebknecht. Este ano conmemorase os 101 anos da súa execución, efectuada por orde persoal do capitán Pabst, que confesou o crime o ano de 1962, despois de ter caducado calquera posibilidade de ser criminalizado.
Esta é unha pequena reseña dunha gran muller e unha gran política de esquerdas que xamais debemos esquecer.
Se el primero en comentar