Por Jose Vieira
Desde o un de xaneiro do ano en curso, non temos a compañía neste vale de lágrimas, da vella “Albion”. Foise co respectivo Brexit, e cos problemas das fronteiras irlandesas por arrumar. Cousas dos señores do outro lado da canle.
Cremos, a pés xuntos, que neste momento do campionato, todos os países da Unión Europea (de aquí en diante, designaremos por U.E e a Zona do Euro por ZE), estarán a traballar en horas extraordinarias para conseguir adecuar os proxectos a presentar a candidatura aos miles de millóns que a señora Ursula von der Leyen, resolveu facilitar, a través do réxime especial de garantía conxunta da UE.
Se trata de conseguir un préstamo monumental de 750.000 de euros, para paliar os efectos da pandemia, entre todos, cunha forma de distribución das cláusulas para non dicir incomprensíbeis, por polo menos rara.
Como temos vindo a falar, se trata das cláusulas inscritas como da “Next Generation EU (en siglas NGEU).
Tomemos o caso de España, a esta corresponderían 140.446 millóns de euros, dos cales 77.324 millóns de euros, serían recibidos a través de transferencias a “fondo perdido” e 63.122 millóns como préstamos.
No entanto, a Italia sería a maior beneficiadora destas cláusulas pois recibiría 209.000 millóns de euros. Hierarquizando, o maior beneficiario sería a Italia e pronto a España.
Todo isto parece ser conseguido o mes de xullo do ano pasado, con sangue suor e bágoas e, parece ser, que só foi conseguido como unha forma de facer unha vez máis, de límite das irresponsabilidades colectivas dunha UE inoperante especialmente cando é necesario.
Volvemos, a unha cuestión, moitas veces discutida e xamais resolta.
Que se debe entender por Unión Europea?
EU é unha entidade xeopolítica que cobre gran parte do continente europeo. É tamén unha asociación económica e política única no mundo, formada por 27 países (xa foi formada por 28, cando a Inglaterra pertencía). Ten bandeira única, himno día da Europa (día 9 de maio) e moeda única.
Comecemos polo cadro que eses 750.000 millóns de euros, se separan de acordo coas súas orixes:
Mecanismos de recuperación e resistencia | 672.500 millóns de euros |
empréstamos Que se dividen subvencións
| 360.000 millóns de euros
312.500 millóns de euros |
REACT-UE | 47.500 millóns de euros |
Horizonte Europa | 5.000 millóns de euros |
InvestEU | 5.600 millóns de euros |
Desenrrolo rural | 7.500 millóns de euros |
Fundos de Transición Xusta (FTJ) | 10.000 millóns de euros |
RescEU | 1.900 millóns de euros |
TOTAL | 750.000 millóns de euros |
Un primeiro desnorte conxunto, parece ser, que pura e simplemente se pensaba que todos os países, non levantarían problemas legais, a hora de rectificar os respectivos acordos.
Sen rectificación, país a país, non é posíbel seguir a diante (igualmente o explicitamos).
E non sabemos o que se está a pasar nos parlamentos de cada país respectivo, no entanto, sabemos, conforme referimos en anterior texto, que a Corte Suprema Constitucional Alemán, impediu cautelarmente, o Presidente da República da Alemaña de firmar o documento de conformidade, mesmo despois, de ser aprobación polo seu parlamento (Reichstag).
Queremos pensar, que neste momento, os organismos encargados de elaborar os proxectos para a aplicación dos fondos, en cada país, deben estar a deitar fume, de tanto traballo que están a desenvolver, para chegaren a tempo de xustificar as cláusulas solicitadas, con proxectos cedíbeis.
Máis, que estes proxectos se presentaron na Comisión Europea, que controlará ao milímetro, a boa aplicación dos respectivos fondos consignados, que por certo deben ser aplicados en investimento e, non en consumo, nin xamais en beneficios fiscais.
Pois, non nos esquezamos, que a idea era o regreso das tales inversións, cando se tivese que devolver o principal, nos finais de 2028, pór o menos, presuntamente.
Outro atallo, é o que o señor Mario Draghi tomou ao ter encargado, de forma inmediata a planificación da recuperación italiana a unha empresa de consultoria, a McKinsey (dos mesmos para os mesmos e, claro, para a financeirización global) logo, mais outra deriva europea, no entanto, un problema de seguranza para o primeiro ministro italiano en exercicio.
Como non podiamos deixar de ser outro desnorte da EU, se trata da aplicación dun plano global, para esta, da vacinación, contra a pandemia actual. Como non podemos deixar de ver, non imos ollar para outro lado e, así nos fixamos nas porcentaxes de vacinación na Europa e, desde esta EU, comparámolos con outros, no entanto, extra comunitarios.
Como é máis fácil a visión a través dun cadro, a través dese instrumento, imos ver como evolucionou a mediados de febreiro e a mediados de marzo, do corrente ano, os valores respectivos dalgúns países (son as porcentaxes das poboacións vacinadas:
País | Mediados de Febreiro | Mediados de marzo |
Alemania | 5% | 7,4% |
Italia | 4,9 % | 7,5% |
Francia | 4,3% | 6,8% |
España | 5,2% | 8,1% |
Reino Unido | 23% | 35% |
Estados Unidos | 15,9% | 20% |
A simple lectura do cadro mostra ben como a Europa, anda perfectamente á deriva, tamén neste tema.
En calquera momento, poden ser feitas as contas dos óbitos provocados pola pandemia e, se a Europa for consciente, deberá pedir contas, por aquilo a que podemos desde xa chamar,
“a grande relentarización da vacinación”
e inexplicabelmente, mentres, a cúpula da EU, insiste en que os seus membros manteñan as súas fronteiras mutuas abertas, mesmo cando entre si, as situacións sexan terribelmente distinguidas.
Escoitamos, moi recentemente, que os señores políticos nacionais do conxunto europeo, descubriron hai moi pouco tempo, que o virus é un instrumento demasiado importante, para que sexa soamente manipulado polo virólogos.
Tamén os políticos, queren a súa parte no “pastel” da importancia mediática, de xestionar a pandemia, mesmo que non teñan a mínima idea de como o deben facer.
Terminaremos este breve texto, cunha das máis graves consecuencias, desta pandemia. Se trata, do que podemos considerar máis espantosa deriva da EU.
Agora desconfiamos e, arrancamos para o pobo al lado, pronto temos que facer máis ou menos confinamento, a seguir máis restricións perimetrais, ou menos, despois as máscaras e distanciamentos, antes e durante as promesas de inmunidades de grupo (as tales 70% en xuño, que sistematicamente se van postergado) en fin, temos sido arrastrados a través dun mundo “de fai de conta” e, naturalmente esta situación non é un conto de fadas.
Así, que para alén de ser necesario, necesitamos de perspectivar un mundo novo, onde haxa lugar para todos e, onde non sexa preciso a gritos solicitar unha “vacina social”.
Non o regreso a unha normalidade pois, xamais o que virá a seguir, non poderá ser unha volta a ese total desnorte da EU e, do seu entorno onde se quere revisar.
Non queremos volver a ese mundo, do horríbel, neoliberalismo canibalesco. Queremos, iso si, crear o noso “admirábel mundo novo” en que todos cabemos con toda a nosa dignidade intocábel.
Que acabe, desde xa, esta DERIVA en dirección ao abismo do “canto peor mellor”.
Se el primero en comentar