Xa está ben, os sindicatos teñen que saír ás rúas coas súas bandeiras

O que non entendemos, é o comportamento das grandes centrais sindicais, que abandonaron, con todo o rigor, o sentido de clase e, como tal, a loita polas clases traballadoras, o que debía ser a súa prioridade e estrela obxectiva das súas accións

Por Jose Vieira

Somos de comprensión lenta e, por iso, non conseguimos entender as razóns económicas que amparan os lucros de “vertixe”, das compañías de produción e distribución da enerxía.

Presenciamos a uns días, en Madrid, unha mobilización multitudinaria en apoio a Saúde Pública, que demostrou que a poboación, na comunidade en cuestión, non está por dar o apoio á entrega do sector da Saúde aos amiguiños da señora presidenta da respectiva comunidade, de acordo coa súa ideoloxía fascizante.

Ou sexa, a entrega de todo o que son os servizos inherentes ao estado de benestar das poboacións, á explotación salvaxe capitalista, co deterioro, non só das prestacións, mais tamén e fundamentalmente de que a sanidade só estará dispoñíbel para que ten diñeiro para a pagar.

Realmente está mobilización, foi un grito de alerta aos dirixentes desa comunidade e, que se transmitirán debidamente aos seus compañeiros ideolóxicos do PP e seus orientadores Vox.

Mais o que pasa coa enerxía, tampouco ten calquera xustificación, para continuar a ser soportado, o aumento de riqueza que os señores das enerxéticas, están a obter, cos prezos que nos impón.

Mais, antes de avanzarmos, queremos dicir que o goberno que temos en Madrid, referiámonos o nacional, froito dunha coalición, o que ten feito, dunha forma tímida e sempre de xeonllos, é suplicar a aprobación dos seus AMOS (os señores da enerxía), para que estes, permitan que sexan prometidas unhas esmolas, para manter as poboacións enganadas e anestesiadas, mais, que saen dos cofres do Estado e non da contracción dos seus lucros criminais.

Non entendemos as razóns que levan as poboacións a un estado de letarxia, perante ás subidas incontroladas de prezos, cando o proceso resulta e resultou, dunha manobra do goberno americano de Joe Biden, por orde dos produtores de material de guerra, que precisaban de se desfaceren dos seus stocks de armas.

Por iso, é que non foron controlados os ímpetos rusos de anexión de partes da veciña ucraína, en tempo, conforme o sabían os servizos da CIA e a diplomacia americana e a conivencia de Bruxelas (falamos da Comunidade Europea).

A CIA é o organismo que coordina e organiza todos os negocios, sucios e criminais, de intervención dos Estados Unidos, sempre encubertos por unha perfecta orquestración informativa, anestesiante.

Debemos recordar algunhas das súas accións, entre outras, as efectuadas na Corea, na Indonesia (que ficou mundialmente coñecido como o Método de Xacarta), no Vietnam, Irán, Iraq, etc., así como, o que sería necesario facer, para que a invasión da Ucraína non se tivese producido.

Non podemos esquecer as súas accións, no Brasil, que levou ao suicidio o presidente João Goulart, tendo entregado o poder a un goberno imposto, de militares do Xeneral Castelo Branco, no Chile, con centenares de mortos, entre eles o presidente da república Salvador Allende.

Recordemos que o actual goberno da Ucraína foi outra invención deses servizos (CIA), para este país entrar a formar parte do patio de incondicionais dos Estados Unidos.

Facilmente entendemos, como se pode xustificar unha guerra fronteiriza, alimentada por fluxos de materiais de guerra, enviados por humanismo, en vez dunha seria actuación das diplomacias mundiais, para por fin a esta invasión.

Esta parece estar a chegar ao seu cénit, debidamente planeado pór os servizos da CIA americanos.

Pensamos que xa están controlados os stocks, das 5 empresas máis importantes do mundo da produción de material de guerra e de máis dun centenar de súas subsidiarias.

O que non entendemos, é o comportamento das grandes centrais sindicais, que abandonaron, con todo o rigor, o sentido de clase e, como tal, a loita polas clases traballadoras, o que debía ser a súa prioridade e estrela obxectiva das súas accións, mais, polo contrario, se entreteñen a xustificar unha pasividade total, favorecendo a actividade errática do goberno, mentres as poboacións se afunden nunha pobreza irreversíbel.

Parece que non debía ser esta actitude dun sindicato ou dunha central sindical. Mas parece ser que as súas funcións, se limitan, soamente a resolver asuntos de secretaría, ar condicionada e cadeiras estufadas.

Pensamos, como moitísimo pesar, non ver os sindicatos na rúa, en accións en que se debían implicar, como o custo de vida, o control dos prezos, pois, é posíbel os controlar.

O foron nos Estados Unidos da América, no tras Segunda Guerra Mundial, que se desenvolveron eses controis, primeiro aínda en vida de Roosevelt e axiña con Truman, como presidente e coa influencia de John Maynard Keynes.

Foi patente o resultado, co desenvolvemento da economía até ao final dos anos oitenta só freada coa chegada ao poder de Donald Reagan nos Estados Unidos e de Margareth Thatcher no Reino Unido, aínda que fose encerrada a central de control por Nixon.

No entanto, eran os países máis capitalistas e cuxa relixión económica asentaba nos mercados do liberalismo de Milton Friedman, e seus apaniguados, os señores da escola austríaca.

Mais, alí houben sindicatos, alí houben economistas que loitaron ao seu lado, e o servizo de control de prezos funcionou.

Vexamos que na Europa en que vivimos, os sindicatos xa se moven, por exemplo vexamos as mobilizacións na Bélxica polos problemas da enerxía.

No entanto aquí, no reino en que agora, xa se pon o sol, nada de nada, pois, os señores dos sindicatos están comodamente sentados nos seus despachos, ignorando que os seus patricios están a pasalo mal, que non chegan ao fin do mes e que as empresas están a usufrutuar de beneficios como nunca, pois, as subidas dos prezos dos bens, son moito máis do que proporcionades.

Semella imposíbel a pasividade dos sindicatos, que para nós que sempre cremos nas calidades de loita destes, polos dereitos dos traballadores, estean impávidos e serenos, e como dicía o escritor portugués Camilo Castelo Branco (escritor da transición do romanticismo para o realismo), “uns impávidos marotos”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.