Estas mesmas empresas, que investiron e están a producir en países do Oriente, como a China, a India, o Vietnam, Corea do Sur, etc., non estarán minimamente interesadas a regresar aos USA.
Por Jose Vieira | 8/05/2025
A noso entender, o que o señor Trump, presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA) pretende, é satisfacer os seus intereses que pasan esencialmente polos coincidentes intereses dos multimillonarios que pagaron a súa reelección.
Ese primeiro compromiso, canto a nós ten a ver con de unha forma case total eliminar os impostos a eses multimillonarios e a todos os ricos do seu país.
No entanto, o seu goberno, non poderá deixar de recibir os medios financeiros para continuar as súas políticas de dominio do mundo en que está inserido (corrupción de elementos dos diversos gobernos dos países amigos e dos inimigos) como por exemplo a través dun poderío militar intimidatorio.
Como primeiro banzo dese sistema, que pretende e está a impor, está a facer desaparecer a noción de socios e amigos, para que desenvolva un estado de total indiferenza, en relación a calquera outro país, fose un seu aliado imprescindíbel ou fose máis ou menos un país hostil.
Mas para que todo vaia conforme os seus desexos, non pode deixar de se manter a face da terra, como o país máis forte militarmente e, por tanto, todos os demais, sintan non só respecto, mais sobre todo, pánico de non estar en total reverencia e acordo, sexa coas máis ferintes políticas que este señor impón o veña a impor.
Mas se realmente está como prioridade, desde o inicio da súa candidatura actual a presidencia dos USA, a retirada da maioría dos impostos que tiñan que pagar os ricos, o seu goberno non pode ficar sen esas receita pois, para manter o seu poderío militar, polo mundo, necesita de manter unhas forzas armadas de primeiro nivel, diriamos mesmo, as máis poderosas do mundo e toda unha máquina de desenvolvemento da investigación en armas cada vez máis letais posíbeis.
E, como non podía deixar de ser, iso esixe moito diñeiro.
Así unha das ideas esenciais nos seus conselleiros é debilitar os outros países, sacando concesións económicas, cuxo beneficio sería naturalmente para os USA.
Non cremos, que pense de verdade, que coa política dos impostos aduaneiros (adiante só tarifas), poida dalgunha maneira (a non ser por un acto de maxia), facer que a industria que se deslocalizou, saíndo dos USA, para países onde os salarios eran moito máis favorábeis.
Estas mesmas empresas, que investiron e están a producir en países do Oriente, como a China, a India, o Vietnam, Corea do Sur, etc., non estarán minimamente interesadas a regresar aos USA, pois, non só investiron neses territorios así con trasladaron as súas tecnoloxías e, estes países, por súa vez tamén pasaron a desenvolver eses mesmos adiantos técnicos, se situando actualmente ben preparados para satisfacer as necesidade dos seus clientes occidentais.
Non podemos esquecer que o que tornou posíbel o desenvolvemento industrial dos USA, foron os vultuosos investimentos do goberno en programas de apoio industriais, en investimentos públicos en infraestruturas, a estimulación seu tempo do investimento privado (que actualmente se desprazou para o oriente debido ás posibilidades de máis e mellores beneficios financeiros), así como unha regulación fiscal na altura adecuada.
Para consumo interno, o presidente dos USA, está a manipular unha acción de marketing, en que mostra que está a apoiar unha política de apoio a unha reindustrialización do tecido produtivo americano, mais, isto é unha pura mentira.
O que o presidente está a facer na realidade é todo o contrario.
O que está a facer é un auténtico movemento de presión economicamente sobre os outros países, sexan eles amigos ou inimigos e, por outro lado, internamente a baixar os impostos aos ricos.
Así esa oligarquía que o apoia, o que está a facer, é a intentar vender todo o que son infraestruturas do Estado, privatizando, como dicía por estes días Elon Musk, todo o que sexa posíbel vender á poboación e aumentar os seus beneficios, a custa deses servizos do estado, que pasarán as “garras americanas e, así na práctica tornalos cada vez máis desiguales e estes multimillonarios cada vez máis ricos.
Están igualmente a destruír o resto que aínda existía, da falida saúde pública.
Están destruíndo a educación, tornando aínda máis difícil e cara, o ensino universitario, que é unha das máis difíciles situacións para a poboación americana. Podemos mesmo dicir que é un dos principais estrangulamentos creditícios, a par coa saúde e, por tanto, causa de endebedamento de por vida da poboación.
Se nos detemos a ver o que se está a comezar a pasar portas dentro, son espidos masivos, cerre de moitas empresas, subidas xerais de prezos e inflación para o consumidor normal.
Isto non é más do que o mesmo programa neoliberal que sempre estivo na mente dos presidentes americanos, mais desta vez cunha vestimenta distinta para disfrazar.
Reportándonos a 9 deste mes de abril de 2025, este señor que repara no nome de Trump e que acumula o epíteto de presidente dos USA, impuxo unhas taxas, ás importacións do seu país a que chamou de recíprocas.
Estas som declaradas como para alén dos impostos aduaneiros, que anunciara o chamado “Día da Liberación” e, inclúen un imposto adicional, do 34% sobre as importacións provenientes da China, segundo este, por esta ter imposto un imposto sobre as importacións americanas do 34% deses millonarios” a quen tanto deben as poboacións
Se fixermos as contas debidamente vemos que as importacións provenientes da China, estarán a ser castigadas cun imposto do 104%, mais, mentres, non se sente confortábel con este imposto e o sobe a 135%.
Isto ponos unha pregunta, a que non sabemos responder, dunha forma categórica, mais, que con toda a certeza, non vai dar ningún resultado sequera próximo ao que está a espera ese respectivo presidente dos USA e, a pregunta é:
Cal é o final destas imposicións?
Para nós isto é unha loucura e, como non poderá ser doutra maneira, isto vai significar unha caída da produción dos USA e como non podía deixar de ser da maioría dos países.
O que temos como correcto, é a reaparición do espectro da inflación con todas as súas consecuencias e, naturalmente se fará sentir as súas nefastas repercusións precisamente no país que desencadeou está gran Guerra Comercial.
O que Trump está a facer non é unha política de Apoyo a súa industria que esta delocada do seu país, o que está realmente a facer é todo o contrario, é unha autentica xogada de poder persoal, para premer economicamente aos outros países amigos e inimigos, como xa referimos, para satisfacer os seus patrocinadores.
Non foron os outros países que estafaran a economía dos USA, foron os mesmos que trasladaron as súas industrias para onde era máis “barata” a man de obra.
A avaricia, fixo o ladrón.
Terminamos este con a idea fixa de que os USA, se están a preparar, para deixar de ser o soporte económico e militara da súa organización terrorista OTAN/OTAN, abandonando a organización, se quedando unicamente como vendedores de armamento e outros servizos pero unicamente como fornecedores.
Trump e seus acólitos, só queren manipular a economía como unha caixa rexistradora, onde só haxan entradas de diñeiro e non haxa saídas.
Será un novo plano de traballo para a NCR (National Cash Register).
Se el primero en comentar