![]()
Que ten de conexión entre o escrito de Maquiavelo, “O Principe”, e os políticos que dirixen o Mundo actual?
Por Jose Vieira | 8/01/2026
Como entrada referimos unha célebre frase de Maquiavelo en que este afirmaba que “o home prefire a vinganza e a seguridade á liberdade”.
Normalmente cando empregamos o nome de Maquiavelo, escritor florentino (máis, non naceu en Florencia, senón en San Casciano, que é un pequeno pobo, situado no Vale di Pesa, pertencente a república de Florencia), se asocia a algún político da actualidade, que ten un “modus operandis” diabólico.
Así popularmente o significado da palabra maquiavélico, o que queremos dicir, é que, suxeito a que pomos ese epíteto, na actualidade, comportase ou utiliza prácticas espantosas e, até diabólicas.
E todo porque, Nicolas Maquiavelo, fora o autor dun dos primeiros tratados, que se pode dicir, de teor político.
Doutra maneira moi máis simple, o que queremos dicir, é que este autor, anticipouse unha serie de séculos. Escribindo un auténtico libro de instrucións (como de calquera eletrodoméstico), para uso dun político.
Estamos a nos referir á súa obra, denominada “O Príncipe”, que foi publicado, postumamente na cidade de Roma en 1531.
Este seu libro, extremadamente interesante, é un primor de ensinanzas, que abre os camiños a que máis tarde se designaría por “ciencia política”, como máis adiante imos referir.
Máis este autor, dunha forma moi popular, sempre se asocia, a que inducise os gobernantes a seren só DIABÓLICOS, cos seus gobernados, co fin único de conseguiren os seus obxectivos, moitas veces pouco recomendabades para os seus gobernados.
Estas nosas afirmacións de ser un tratado, en que se ensina os gobernantes a seren malvados, non é nin correcta e moi menos, real.
Máis quen foi?
NICCOLÒ DI BERNADO DEI MACHIAVELLI
Este cidadán naceu en la Republica de Florencia, a 3 de maio de 1469, falecendo a 21 de xuño de 1527, igualmente en Florencia, sendo sepultado na Basílica de la Santa Cruz, vivindo 58 anos. Normalmente só se coñece por Maquiavelo o como moito por, Nicolas Maquiavelo.
Este escritor, practicou varios xéneros literarios, tendo sobre todo sido coñecido, como un filosofo político, sendo até considerado como o iniciador da Filosofía Política, a elevando a categoría de “Ciencia Política”.
Foi igualmente un diplomático, moi considerado na súa época. Viviu como se ve polas respectivas datas de nacemento e morte, durante o Renacimiento Italiano.
Durante unha súa primeira etapa, que se sitúa entre 1498 e 1512, foi o responsábel por un servizo público, que o fixo viaxar, por varios países como sendo, a Alemaña e a Francia de entón, e a outras cidades estado italianas, como por exemplo Venecia. Foi o secretario da segunda Conselleria da República Florentina.
O seu pai, sendo dunha familia de febles recursos económicos, era doutor en dereito, sendo un entusiasta do humanismo como deixou ficar impreso no seu libro “Libro dos Recordos”.
Na súa casa había un grande e boa biblioteca, que serviu de base de estudo a Maquiavelo fillo.
Maquiavelo, tivo unha base de estudos sólida, pois, como era entón habitual comezando polo estudo do latín, que pronto estendeu á gramática e como non á aritmética. Estudo os clásicos, como Plutarco e Tucidides, entre outros.
Maquiavelo estudou a obra de Tito Livio en “La Primera Década”, que a través das súas leccións morais, moito inspirou o autor de “O Principe”.
Na súa fase máis adulta, estudou a obra de Lucrecio, de quen transcribiu “De Rerum Natura”.
Máis tarde Maquiavelo, nunha carta, segundo parece ser dirixida ao embaixador de Florencia, no Vaticano, Ricciardo Becchi, critica de forma dura os comportamentos do frade Girolamo Savonarola.
Por último e, a pesar de non viviren na opulencia a familia orixinaría de Maquiavelo, pertencía a burguesía florentina, posuíndo blasón en pedra de armas, que anexamos.
Para quen visite o famoso museo de Florencia, “Galeria del Uffizi”, está este escritor inmortalizado, cunha estatua, e onde o seu nome figura como Macchiavelli.
Foi unha vítima ou talvez non tanto, das actitudes da familia Medici, nas súas loitas polo poder na República Florentina.
Que ten de conexión entre o escrito de Maquiavelo, “O Principe”, e os políticos que dirixen o Mundo actual?
Normalmente, os señores dirixentes que conducen os destinos dos países que conforman o circulo de influenciados polos USA, se poden enmarcar, dentro dos perfiles estudados ou propostos, no referido libro.
O problema é que a lectura, que cada un fixo o fai, das referidas ensinanzas aí descritos, non será realmente a que debía ser.
Así como que só toman como ensinanza e, por iso seguen (se algunha vez, dentro da súa cultura ouviron falar de tal personaxe) é o aspecto negativo e extremo que este escritor, fundador da chamada ciencia política.
Así, o que os dirixentes políticos da EU, están seguindo, son as políticas más populares, dunha viraxe a dereita, pois, non queren perder os subsidios e de máis proveitos (grandes financiamentos, chegando a ser auténticos casos de deshonestidade persoal) que os grandes grupos empresariais doan, de forma máis ou menos ilegal, para que os recebedores destas contías, cumpran as súas ordes.
De aí que países como a Alemaña, en que o actual chanceler Joachim-Friedrich Martin Josef Merz, do partido Unión Demócrata Cristiá se asociou co partido AfD de Alce Weidel, que lidera a extrema dereita (recoñece, por exemplo que Adolf Hitler non pasaba dun “pobre socialista”, case un dirixente de esquerda), procuran se aproximar, o máis posíbel, probabelmente sen nunca leren a obra de Maquiavelo, da maldade que este refire, no seu escrito, como utilizábel só en extrema necesidade.
Este noso comentario se pode transmitir, por semellanza de comportamento dos restantes dirixentes da EU.
Entre estes cabe referir a chamada “saña” de odio indesculpábel, pola súa viraxe e traizón a seus electores de entón, o presidente de Francia Emmanuel Macron.
O mesmo acontece coa traizón do actual primeiro ministro inglés Keir Starmer, que traizoou os seus electores do partido laborista, vendendose aos financeiros que pretende a privatización de todo o que son servizos públicos no Reino Unido.
Todo seguindo, unha vez más, utilizando dunha forma sesgada o que escribiu Maquiavelo, traizoando os seus electores.
Esta viraxe destes e doutros tantos dirixentes da EU, non é máis do que a consecuencia de nin os dirixentes nin os seus partidos de soporte, seren capaces de dar solucións aos principais problemas das poboacións que se sitúan, entre as fachas etárias, dos 18 e os 48 anos.
Estas difíciles interpretacións para non dicirmos, que por descoñecemento, oportunismo, falta de ética de moral e por manifesta corrupción, dos escritos referidos, recordan que existe unha palabra, que todo define e abarca DESONESTIDADE ao que xuntariamos INTELECTUAL.
En Florencia coeva coa vida de Maquiavelo, había un príncipe e unha familia a que pertencía e, que eran os “donos” dese universo de entón.
Na actualidade tamén existe un “dono”, que non é un príncipe, pero é un ditador, terrorista e, que encarna unha frase que se atribúe ao rei de Francia, Luis XIV e, que reza así:
“O ESTADO SON EU”
Claro que apenas sería necesario indicar o nome dese criminal, máis polo si e polo non aquí vai….
Donald Trump, o Presidente dos Estados Unidos da América do Norte.
Este es un ferveroso seguidor dos extremos a no utilizar a non ser en situacións de desespero.
Se el primero en comentar