O que parece entón ser posíbel dicir, que cada fillo, podería aspirar a ter un mellor vida, que o seu proxenitor. Isto era antes!
Por Jose Vieira
Como sabemos, acostumamos a convivir varias xeracións, especialmente cos avances da esperanza de vida, que vimos a disfrutar nos últimos 50 anos, cada vez máis se xuntan varias.
Non tememos dubidas de que as xeracións que hoxe están entre os 70 e os 90 anos, tiveron unha xuventude e unha idade adulta mellor do que a de os seus pais, o mesmo acontecendo coa que os segue na actualidade. Estes últimos referidos, son os que se encontran nos estadios dos 50 a 70 anos.
No entanto, xa comezamos a ter as nosas dúbidas en relación aos, que os seguen, ou sexa dos que se encontran por debaixo dos 30 anos.
Claro que entre cada unha destas plataformas etárias, hai zonas de claros e escuros, pois, existen na realidade sobreposicións. Estas, que non as ignoramos, mais que á súa vez, non chegan para destruír, o que nos propomos comentar.
Así, as mellorías de calidade de vida, se viñeron a acelerar, paralelamente cos desenvolvementos das ciencias e a súa aplicación nas tecnoloxías que lle deron o empirismo necesario.
Sempre nos gusta referir, por exemplo, canto tempo demoraba para ser recorrida a distancia entre a cidade de Santiago de Compostela e a cidade de Madrid, tomando como medio de transporte o cabalo. Realmente unha cantidade de horas moitísimo grande.
Esa situación, viría a mellorar, substancialmente coa chegada do tren. Falamos dos trens con máquinas de vapor, que primeiro eran quecidas a madeira e despois a carbón. Aínda se tardaba, unha gran cantidade de horas, nesa conexión.
Coa evolución dos medios locomotores dos trens, o que se observa hoxe, é que cada vez máis se aproximan as posibilidades de que sexan sustentábeis eses tempos de conexión entre os distintos destinos.
O que queremos dicir, é coas mellorías tecnolóxicas, cada xeración, foi igualmente sacando cada vez máis, mellor calidade de vida, nos seus traslados.
Cando nas respectivas moradas, as xentes dunha época xeracional moi recuada o tempo, necesitaba de traballar, practicamente estaba limitada ao facer ou durante a existencia de luz solar, ou cunhas bruxuleantes luces, que obtiña da queima dun calquera combustíbel que entón dispuñan.
Realmente era penoso, mais, no entanto, todo foi en progresando, tendo cada unha das xeracións, vindo a beneficiar, á praza dos tempos dos distinguidos adiantos da ciencia e da súa aplicación tecnolóxica.
Non podemos esquecer, que os tempos das viaxes de cabalo, tamén a maioría das poboacións tiña un moito baixo nivel de instrución, a maioría era completamente analfabeta. A formación universitaria era un monopolio da minoría da poboación, podendo considerar, que a educación en xeral, era un feudo das elites (unha manifesta desigualdade, a pesar de non ser tan grande a desproporcionalidade).
Tampouco podemos deixar de referir, que cada xeración veu a ser informada dos éxitos que ían ocorrendo, o tempo e no lugar, moi desfasados dos momentos en que ocorrían. Con isto queremos dicir que a comunicación tamén se facía a duras penas, mais que foi evolucionando até ao estado actual (TV, internet, móbiles, etc).
Igualmente ocorreu que as poboacións, coa evolución das ciencias (nos referimos a ciencias sociais e políticas), viñeron a sentir a necesidade de seren partícipes na administración dos seus dereitos.
Tamén aí, se evoluciona dunha forma constante e continua, no entanto, a custa de moitos “choques da poboación en xeral coas elites do momento”.
O correcto é que, se foron conquistando dereitos, e hai medida, se foron nivelando eses con as obrigas (antes practicamente a maioría das poboacións, só cobraba existencia pola súa utilización como man de obra, con dereitos pouco máis do que os de preservar a vida, pois, eran medios de produción, das elites.
Felizmente esa situación foi desaparecendo, no entanto, non dunha forma sistemática e igual por todo o planeta Terra.
Todo isto, veu a resultar nunha maior e mellor calidade de oportunidades, para cada xeración, resultando, que cada unha seguinte, se encontraba máis cómoda, pois, viña a usufrutuar, das conquistas e desenvolvementos, conseguidas pola que precedían.
O que parece entón ser posíbel dicir, que cada fillo, podería aspirar a ter un mellor vida, que o seu proxenitor. Isto era antes!
Será iso unha verdade que poidamos constatar?
Non hai dúbida, que estamos perante unha cuestión, que non é moi difícil de esclarecer, pois, os máis distinguidos economistas, seguidores de diversas correntes económicas e, sobre todo nos países máis desenvolvidos, son conscientes da situación, que se pode conceptualizar, como desigualdade, dunha forma cada vez máis notoria, no que toca a nivel de vida, dos seus contemporáneos, así como, a súa nítida e acelerada caída.
Estamos a ver, por exemplo, que os PIBs da maioría dos países da OCDE, teñen crecido, aínda que de formas diversas, o que fai pensar, que dividindo polo total da poboación, daría naturalmente un “per capitá” que notoriamente en moitos casos, podería mostrar que o nivel de rendementos individuais, que agora cada un partillaba, correspondía a unha fatia cada vez máis importante, do que a anterior xeración.
Esta é unha realidade, que partillamos dunha maior fatia do bolo, que se acumula polo aumento de “señor PIB”, do que, as xeracións que nos precederon?
Basta que nos fixemos, que ese tal señor PIB, vai parar en cerca de 60 a 70% nas mans, no mellor dos casos, do 10% da poboación. Entón o que restaría para dividir pola restante poboación, sería uns delgados 40 ou 30%.
Pois, infelizmente é así. Parece, que o que acontece, por estraño que pareza, a poboación ten cada vez máis dificultades de chegaren ao final de cada mes e coas súas necesidades satisfeitas.
Durante moitos anos, foi “palabra das escrituras”, que as economías mundiais, co que tiñan de se preocupar, era por ter a súa poboación nunha situación próxima ao “Pleno Emprego”.
Realmente esa fora a “doutrina” dunha ortodoxia, que non quixen o non souben, correr as leccións que lle chegaban, da real situación que os rodeaba.
Xamais esas ortodoxias, quixeron ver con certos ollos e, capacidade crítica, que a desigualdade social estaba destruído o equilibrio social. Y mesmo dentro dos 10% que acaparaban o bolo dos 60 ou 70%, dos PIBs, había un club moi restrinxido duns 5%, que levaban “a fatia de león”. O que quere dicir que entre os poderosos, tamén existe desigualdades nítidas.
Máis, toda esa ortodoxia, atacaban todos aqueles que vían como evolucionaba a economía mundial e como esta se comportaba, perante os adiantos da economía, aproveitando os desenvolvementos da tecnoloxía e súas aplicacións aos principios produtivos, provocando cada vez máis desemprego e como non, desigualdade social.
A ortodoxia, se quedou parada, sen querer ver e peor, nin admitir, as leccións que as variadas revolucións industriais foron traendo á superficie do planeta.
Estas ortodoxias, sempre crían, que o mercado sempre acabaría por absorber as vítimas de cada revolución, reempregando os desprazados.
Non viran, nin creron e, cando deron canta de que cada vez e, tras cada revolución industrial era máis difícil baixar o desemprego, de valores de dous díxitos.
Tamén esas ortodoxias, non obstante se foron transformando en elites de funcionarios, máis preocupados por súas carreiras do que escrutar os ventos do horizonte.
Esta situación se tem vindo acentuando, cada vez máis, desde a crise dos anos 70 do século pasado.
Non obstante, xa este século, nos deparamos coa revolución do 3.0, de perfil moitísimo máis grave para a estrutura social.
Esta situación, xa era perfectamente patente, mesmo antes da chegada da pandemia do coronavirus, pois, se acentuou despois da crise de 2008. E o que vimos é desemprego, empregos cada vez máis temporais, a liquidacións dos traballos de por vida, en resumo, máis inestabilidade laboral.
Tamén se nos presenta a realidade de que agora moitos dos empregos, que son posíbeis, teñen unha contrapartida salarial, que non permite que o traballador poda chegar incólume ao fin do mes.
Se nos presenta unha situación gritante, que se conceptualiza con sendo unha inmensa lexión de traballadores pobres.
Constatamos que a par dos pobres que non conseguían encontrar emprego, hoxe toda unha clase de traballadores, tamén son pobres a pesar de non estaren desempregados.
Como se pode concluír, as xeracións que nos sucederán vivirán, con case toda a certeza peor, do que seus pais e avoas. Isto é o que non queren ver, a maioría dos gobernantes e, a tal ortodoxia, que se supón que defende os seus afiliados.
Que máis dá haber un pleno emprego, se por acaso fose posíbel, composto por unha lexión de pobres?
Mais hai máis, veu a pandemia máis a invasión da Ucraína pola Rusia, que aínda posibelmente mostrou máis as miserias do mundo do traballo, no entanto, os gobernantes non queren aceptar a única solución verdadeiramente equilibrada e igualitaria, para establecer unha mellor igualdade social e, ao mesmo tempo, para facer chegar con dignidade ao final do mes todo e calquera traballador.
Fálase moi tamén na desigualdade de salarios entre homes e mulleres, de contratos de miseria, de presións patronais, talvez até de chantaxes patronais, mais non aceptan, os defensores do “pleno emprego” da única solución posíbel e realista que existe de verdade e, que se designa RENDA BÁSICA UNIVERSAL INCONDICIONAL.
Queremos terminar este texto, coa esperanza de que se deixen de experimentos, sen calquera posibilidade de aplicación, como é o fracaso total e vergoñento do Ingreso Mínimo Vital.
Tampouco podemos deixar de referir, que é necesario, por unha LIMITACIÓN DOS SALARIOS MÁXIMOS, de efectuar unha certa XUBILACIÓN FISCAL, e dunha vez por todas aplicar a FAMOSA TAXA TOBIN As OPERACIÓNS FINANCEIRAS ESPECULATIVAS.
Máis, a aplicación do RENDA BÁSICA UNIVERSAL INCONDICIONAL, realmente é posíbel de ser aplicada, e máis, existen os medios para a súa aplicación. O que parece trabar a súa posta en marcha é a falta de coraxe dos gobernantes e dos seus apoiantes (os seus amos), pois, estes teñen medo de que os seus exércitos de escravos, os desempregados, se den conta que están a ser enganados.
Será entón que a actual masa traballadora descobre, que eles máis os seus fillos, foron condenados a vivir peor que os seus proxenitores.
Basta xa… Por un RENDA BÁSICA UNIVERSAL INCONDICIONAL e LIMITACION DOS SALARIOS MAXIMOS.
Se el primero en comentar