Se non houber ningún cataclismo, o noso planeta o ano 2050, terá un aumento poboacional, sobre o número actual, de máis 1.800 millóns o que faría que o noso planeta atinxise os 9.800 millóns en tal data
Por Jose Vieira
Fomos sorprendidos, mais no fondo non tanto, por unha recente información, sobre unhas afirmacións do magnate da industria e sobre todo, un dos homes máis ricos do mundo e home dos mil e un negocios, agora xa do universo.
Tratase do señor Elan Musk, que nunhas súas recentes e repetidas comunicacións, defende o sistema de pronatalismo, que se trata dun movemento que promove que a natalidade debe aumentar, para evitar a fame e a carestía, mais dirixida e dunha forma pouco ética, utilizando a tecnoloxía, de tal forma a repoboar o planeta, mais atención, con “persoas que poidan producir unha descendencia xeneticamente superior”.
Queremos recordar, que os homes máis poderosos do mundo, teñen a mostrar a súa obstinación por facer un deseño que lles sexa favorábel do futuro do planeta, utilizando para tal programa planos e tecnoloxía, que pasan por dirixir toda unha política por eles imposta, para acabar coa caída da natalidade, mais, que veña a producir aos seres humanos, que xeneticamente cumpran as condicións por eles previamente determinadas.
É evidente que por exemplo, o señor Elon Musk, a quen nos referimos no inicio deste e das súas palabras, dá o exemplo (non sabemos cales son os seus parámetros xenéticos, pois, segundo sabemos, el ten na totalidade que se saiba, 12 fillos, sendo seis coa autora canadiana Justine Wilson, tres com a cantante Grimes e tres máis coa directora de operacións de Neuralink Shivon Zilis).
Pero este señor non está só nesta defensa do pronatalismo, pois, outros dos magnates mundiais da industria e da finanzas, están na mesma “cruzada”, como sexa, Jeff Bezos ou Marc Andreeseen, querendo refacer e crecer a poboación do noso planeta, non dunha forma libre e aleatoria, mais si, a seu belo pracer, como forma a garantir, un desenvolvemento de acordo cos seus desexos e necesidades económicas e financeiras.
Claro que para realizar os seus desexos, van querer crear, as persoas coas características, propias para desenvolver as actividades que lles interesa.
Isto non é outra cousa, do que a proposta de só seren utilizados aqueles seres, que cumpren as características previamente estudadas e determinadas e, como tal, fosen xeneticamente capaces de seren os proxenitores de descendencias xeneticamente convenientes e ou superiores.
Comezamos por referir un libro escrito por Margaret Atwood, que se titulaba “O conto da criada”, en que trataba dun mundo apocalíptico, que era dirixido por un goberno que sometía as poucas mulleres que restaban fértiles, na sociedade descrita, e, para que estas salvasen da morte o planeta, a través dun constante estado de embarazadas.
Este problema da baixo natalidade, é realmente un problema, moi importante, mesmo sabendo nós que o mundo neste momento, xa se acerca aos 8.000 millóns de humanos a face da terra.
Non debemos esquecer que segundo os estudos levados a efecto pola ONU, se non houber ningún cataclismo, o noso planeta o ano 2050, terá un aumento poboacional, sobre o número actual, de máis 1.800 millóns o que faría que o noso planeta atinxise os 9.800 millóns en tal data.
Tamén sabemos, que se realmente verificarmos a actual taxa xeral de natalidade, esta, non supera os 2,1 e, como tal, o que nos pode transmitir, a súa análise é que a largo prazo, probabelmente se estancará o crecemento poboacional, mundial.
Algúns dos actuais dirixentes políticos, algúns dos máis controvertidos, tamén teñen mostrado as súas preocupacións pola caída da natalidade e, de entre eles, resaltamos a señora Angela Merkel, ex conselleira da Alemaña ou o señor Vladimir Putin, que é o presidente da república da Rusia.
Mas o que queremos pór en cuestión é que algúns, para non dicir todos os principais elementos referidos, do mundo dos negocios e, que son defensores do pronatalismo, parecen querer ir moito máis lonxe, ao pretender pór en marcha esa forma de promover o aumento de natalidade, á custa de tecnoloxías, que seleccionarían os óvulos, así como os espermatozoides, de tal forma que só serían utilizados, os que puidesen producir seres coas características, que a eses señores lles interesasen.
Ao lermos estas declaracións e ao as compararmos, non podemos deixar de pensar nos experimentos nazis.
Recordemos, de triste memoria os programas de hixiene racial do nazi Rudolf Hess, que era o segundo no mando da Alemaña de Hitler. Este mesmo criminal, afirmaba que o nazismo era unha “forma de bioloxía aplicada”.
Pois, non debemos perder de vista, que durante o terceiro Reich, unha variante da euxenesia politicamente extremista, determinou o curso da política do estado. O réxime en cuestión, proporcionou a “raza nórdica”, como sendo o seu ideal euxenésico e tentou dar a Alemaña a forma dunha comunidade nacional coesa e, que excluía calquera persoa considerada “menos valiosa” o “racialmente estranxeira,” naturalmente pola súa herdanza.
Non podemos deixar de nos recordar, que hai xa varios anos, Jeffrey Epstein, conseguiu comisionar ao mundo, cos seus planos, en que constaba en “plantar unha semente”, cando quixen embarazar dunha soa vez a 20 mulleres nun rancho do novo México.
Non podemos deixar de avanzar, que lla natalidade crece dunha forma aleatoria, o que pode acontecer, é que poidan xurdir, familias numerosas, que deixaron de poder dar unha alimentación e unha educación normal a seus descendentes.
Cremos sinceramente, que o que non queremos ver, é que algúns dos homes máis poderosos e ricos do mundo en que vivimos, se transformaren en auténticos clons de Himmler, o inventor da selección da raza aria, do réxime nazi, ou sexa o segundo do bordo de Hitler.
Tampouco nos entusiasma para nada, o modelo utópico do escritor inglés Aldous Huxlay, co seu libro “O Admirábel Mundo Novo”, pois, a creación de seres humanos coas características psíquicas e de habilidades, desde a súa procreación, mais xa de acordo, cos seus futuros desempeños, dentro do mundo da economía e da sociedade en xeral.
Este mesmo señor, Elon Musk, revelou esta semana que tivo máis outro fillo con Shivon Sillis, de quen xa tiña outros tres.
Preguntamos con moita curiosidade, terá este señor e as súas respectivas parceiras “poedeiras”, feito as probas de selección xenética debida, ou esas seleccións só serán para as persoas do pé de rúa. Cremos ben que só serán feitos as probas de espiches de calidade xenética, quere dos óvulos ou de esperma, só serán para os outros e non para os que mandan no mundo.
Que non volvamos aos procesos nazis de clasificación da rasa, cos novos Rudolf Hess e, en vez diso, procuremos dunha forma eficiente e de verdade, eliminar as diferenzas e desigualdades sociais, de que eses señores, que agora queren controlar as nosas descendencias, son os principais responsábeis e que iso, de cederen parte da súa fortuna, para mitigar esas diferenzas e verían dunha forma inmediata, como a taxa de natalidade evolucionaba, de forma crecente.
Deixémonos de manipuladores, que queren asumir tecnolóxicamente poderes transcendentais.
Non estamos contra as tecnoloxías, estamos pola melloría das condicións de vida de todos os seres humanos, mais non apoiemos, nin nos deixemos ficar calados, nun silencio culposo, se as orientacións deses señores e, dos seus arautos, se estes pretenden seguir, con sistemas de selección dos nacementos en función de clasificación e determinación de habilidades debidamente, detectadas como as que interesan ao desenvolvemento dos imperios dese “Amos do Mundo.”
Se el primero en comentar