Pensamos que os países da UE non son totalmente independentes

O campión da democracia, segundo eles mesmos, os USA, impuxeron as sancións económicas, para fundiren o estado ruso nunha crise económica, ao retirárenlle os seus principais clientes, que eran a Unión Europea.

Por Jose Vieira | 22/03/2025

Nun anterior texto, escribimos sobre o gasto militar dunha forma xeral, sen preocupación de quen daba as ordes impositivas para a realización das respectivas “inversións” (hai quen chame a estes gastos, gastos de inversión????).

Claro que temos unha idea completamente distinta, pois, non nos parece lexítimo, que o investimento, se desenvolva sobre unha cimentación feita por cadáveres, destrozos de vivendas e de equipamentos sociais.

Parece que á maioría dos paisanos, iso non lles parece como mínimo chocante, nin tampouco disonantes dunha lóxica desenvolvimentista, até parece que valoran unicamente, o saldo entre o debe e o haber, na contabilidade do mundo en destrución.

Non nos atrevemos a colocar ningún xuízo de valor sobre esta cuestión, dado que quen manda está por cima da ética e moi máis da moral.

Outra das cousas que tamén estrañamos dunha forma moi clara, é porque dunha forma moi evidente hoxe en determinados países, existe unha forma de moi rara de xustificar as opcións político/económicas.

Antes, o tempo en que os animais, ditos irracionais falaban, as políticas que os que gobernaban os países, tiña como prioridade o benestar dos seus semellantes.

No entanto iso, realmente pasou de moda. E meus caros amigos a moda estatística é quen manda e, por detrás a forzar as estadísticas, están as “necesidades” dos conglomerados económicos.

Naturalmente afinando cada pasaxe dun calquera texto sobre este tema, verificase que son eses intereses os que saben nadar mentres todos os demais sociais e humanos, xa nin flutúan, “neste vale de bágoas”.

Non é de nosa gloria, recordar que a inmensa maioría da poboación humana, se encontra debidamente marxinalizada dos grandes adiantos da ciencia e do usufruto dos adiantos sociais dos nosos tempos e, case peor do que iso, é que non nos apercibimos desa situación, nin minimamente dese problema, dado que vivimos como as cebolas por capas da sociedade.

Podemos explicitar mellor esa vivencia por capas, dado que o que pasa nas máis elevadas estruturas sociais, a gran maioría das capas seguintes ni se aperciben do que pasa.

Mesmo os medios de comunicación social, maiormente a televisión, só dan pasaxe tamén a algo que o grande publico, só o recoñece como un estadio social irreal e meramente propio dunha telenovela ou pura fantasía para manter os espíritos levitando no éter do marabilloso.

Se miramos a poboación dos Estados Unidos da Américas do Norte (USA), verificamos que se acerca a 340 millóns de habitantes e, como estamos a ver a través do folclore de ben entrado o ano de 2025 e até mesmo considerando, o período tras as últimas eleccións dos USA, vemos que este país ou polo menos os seus mandatarios, están xa a impor as súas estritas ganas e intereses, a todo o resto do mundo. E non á dubida que estes se axeonllan a seus pés, acatando as súas ordes.

Entón, como se dun xogo de nenos se tratase, se o presidente dos USA di que manda unha “torta” e, os seus súbditos, din que tamén dan unha “torta” (pero coas debidas reverencias e amortizacións, non vaia “o pai tirano se cabrear”, agardando que o xogo prosiga.

Como temos xa referido noutras ocasións, o grupo máis restrinxido dos apoiantes incondicionais do líder ou de quen aspira a volver ao ser, os Estados Unidos da América do Norte e, o señor seu condutor, polo menos visíbel e todo poderoso, o Trump, na actualidade e, autor deliberado dos actos terroristas, por eles incontestabelmente legalizados, á praza e estendido do mundo, dominan nunha poboación directa aproximada dunhas 861 mil almas (precisamente algo como 860.370.872, nos últimos datos – 2022).

Por outro lado, descompondo un pouco ese número, vemos que a Unión Europea, que onde impera a dereita dominada polo Partido Popular Europeo e, debidamente orientada no sentido do partido neonazi e, sobre a presión dos multimillonarios que fan o apoio do tal señor Trump nos USA, pretenden dominar, a totalidade da poboación do planeta, que se aproxima a 8.000 millóns de seres humanos.

En grandes números teríamos, que a tiranía, sería imposta por aproximadamente por 861 millóns a uns 7.139 millóns.

Parece que os señores americanos, confían que teñen o número de tirachinas suficientes para domesticar os restantes, tomando como exemplo, o terror, que impuxeron aos 448.500 millóns, da Europa dunha poboación envellecida e que hoxe só se encontra cómoda de zapatillas de casa.

O campión da democracia, segundo eles mesmos, os USA, impuxeron as sancións económicas, para fundiren o estado ruso nunha crise económica, ao retirárenlle os seus principais clientes, que eran a Unión Europea e, naturalmente, os USA, pasaren aos substituíren como fornecedores da Europa, mais cos prezos moi máis elevados.

Pois, negocio é negocio. E para que este non puidese volver atrás, dinamitaran o gasoduto que era unha inversión ruso/alemán, que permitiría os fornecementos moi máis rápidos e económicos entre produtor e consumidores. Asunto resolto e redondo para os americanos.

O estraño é que o perdedor, alemán, ni sequera dixen nada nin protestou.

No entanto, non podemos deixar de referir que o negocio do petróleo ruso continuou, mesmo cos americanos ao compraren e ao revenderen máis caro aos “parvo” dos europeos.

Así o negocio do petróleo tivo os valores de compra en billóns de dólares, como segue:

Reino Unido………………. 5,1

USA…………………………… 3,3

Polonia………………………. 2,5

Alemaña…………………….. 2,5

Canadá………………………. 1,4

Holanda…………………….. 0,9

Italia………………………….. 0,7

Francia……………………….. 0,7

Ser intermediario é unha forma moi imaxinativa de ser un voitre económico, como son os USA, a través dos seus conglomerados económico/financeiros.

A guerra entre a Rusia e a Ucraína, que foi iniciada polo golpe de estado sanguento feito como temo referido pola administración dos USA, en 2014, xerou o fluxo dos stocks de material de guerra das empresas americanas de armamento.

Por outro lado, a indución por parte do marketing americano, utilizando os ucraínos e, en especial, o señor Zelensky, de que unha vez vencida a Ucraína, os rusos invadirían a Europa, para se expandiren territorialmente.

Este timo programado polos americanos e seguido cegamente polos europeos, permitiu que se expandinse de forma exponencial as vendas de armamento aos seus socios da OTAN/OTAN.

Por outro lado, estas vendas traen, como é lóxico, uns proveitos en termos de comisións “invisíbeis”, difíciles de imaxinar os importes e onde se encontran depositadas.

Por outro lado, os auxilios na Europa, por virtude da operación bélica de mantemento do conflito foron de 175.000 millóns de euros até ao fin do ano pasado e se repartiron da seguinte forma:

Contención de prezos …………….. 50.000 millóns

Independencia enerxética………. 75.000 millóns

Refuxiados ucraínos………………. 30.000 millóns

Seguridade extraordinaria………. 20.000 millóns

Igualmente, foron enviados en especies 49.200 millóns de euros, tendo para alén diso, a Europa se feito cargo da formación militar de cerca de 73.000 soldados mercenarios e ucraínos.

Seguiremos este dossier sobre gasto innecesarios, para a satisfacción do imperialismo americano.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.