Por Jose Vieira
Non son moi animadores os horizontes que se nos presentan. Máis, están cheos de nubes, que non fan presaxiar, moi bos tempos para adiante. O mundo que nos tocou vivir, parece que está cansado de tolerar, tanta falta de senso común e de desmandos de auténticos comportamentos do tipo esquizoide.
Cremos mesmo, que quen manda nos destinos do mundo que nos serve de base, se está a tornar dunha forma cada vez máis rápida, en comportamentos do tipo esquizoide e en moitos casos, servido por actitudes socio culturais, moi pouco éticas.
Imos deixar por aquí esta introdución, senón aínda seremos alcumados de aprendices de psiquiatras fallados. Que sería o mellor que podiamos ouvir dicir ou que estamos paranoicos.Pois moi ben, nin unha cousa nin outra, ou que nos trae en coidado é o comportamento dos axentes económicos no momento actual.
Estamos en 2022, e non nos parece que a retoma das economías occidentais, máis evolucionadas, estean a se desenvolver, cun ritmo sequera idéntico ao reponte de 2021.
Tomando como referencia os Estados Unidos da América do Norte, as inxeccións de crédito fácil, efectuada pola Reserva Federal, daba a impresión de que iría haber un forte investimento en capital produtivo, dado que para alén de ser fácil o ceso, as taxas de xuro eran de cero puntos.
Así houben inicialmente un forte impulso, “que foi sol de pouca duración” e, a medida que entrabamos en 2022, se notou unha forte caída, na inversión en capital produtivo.
Se tiña oído varios rumores dun crecemento da orde dos 6,9% do PIB real da América do Norte, valor previsto para o cuarto trimestre de 2021, e ao caer o mes de xaneiro, se verifica que esa excelente e optimista previsión, parece ter que ser revisada, moito á baixo. Senón vexamos, o crecemento do terceiro trimestre de 2021, tivera unha previsión do 5,5% e no entanto, as estatísticas o desmenten, pois, se situou nun moito máis modesto 2,3%.
Tentemos descubrir as razóns dese optimismo para o cuarto trimestre do pasado ano de 2021, que recordamos ser previsto 6,9% de PIB.
Recordemos que durante a pandemia, mesmo na América, non se fabricaron o mesmo número de coches que habitualmente. E así en moitos outros produtos de bens duradeiros.
Este é un exemplo para que se poida entender o que inflacionou os previsores do famoso crecemento do 6,9% do PIB. Nos referimos ao chamado efecto de almacenamento. Basta recordar, que os concesionarios de coches, tiñan os seus almacéns completamente baleiros ou case. O mesmo pasa con múltiples actividades que tiñan os seus stocks de reposición completamente esgotados.
Así, se quixermos ser rigorosos e, o debemos ser, ese efecto de almacenamento, contribuíu con 4,9 puntos para a tal previsión do PIB.
Que por exemplo, o gasto das familias, só contribuiría con 2,2 puntos e por último a inversión en capital produtivo (empresarial), non foi alén de 0,28 puntos.
Outro drama, se pode dicir que se situou do lado do sector internacional, pois, a diferenza entre as exportacións e as importacións (as chamadas exportacións netas), se saldaran nun nulo absoluto.
Non podemos deixar de referir, o comportamento do gasto público, que contribuíu cunha contracción de 0,5 puntos (debemos tomar en consideración para este caso, de que os impostos ingresaron máis que os gasto).
Así, non nos resta outra alternativa de que informar, que o modelo de economía Americano, que tanto encanta os partidos españois, só creceu uns delgados e escasos 2%. Mais claro, que este fracaso, non pode ser.
Onde se situou as aplicacións dos diñeiros sen xuros e as facilidades de crédito? Naturalmente nos mercados financeiros, pois, como non podía de ser, non podía ser freada a bolsa, de Nova Yorque, so pena dunha quebra da América e con todas as consecuencias mundiais, de aí resultantes.
Mais hai máis, segundo os últimos datos, referido polos rastrexos da OCDE, que normalmente se implican a proxectar os PIBs semanais, tomados con base dos datos de Google, se pode avanzar que o PIB real da América do Norte, estaba a descender durante o mes pasado de xaneiro.
Queremos mesmo indicar, que desde o coñecemento da nova ola de Ómicron, todo o movemento de evolución da economía americana, retrocedeu, presentando, por iso, un descrecemento constante.
Segundo as informacións oficiais, da Secretaría de Estado americana, entre a última semana de xaneiro e a primeira de febreiro, foron contratados máis de 460.000 traballadores (valores por esa secretaría estimados), no entanto, con datos reais da “enquisa sobre o emprego do sector privado, que en siglas se designa ADP), se perderon no mesmo espazo de tempo máis de 300.000 traballos.
Claro que os servizos de marketing político dos Estados Unidos da América do Norte, non podían deixar de reaccionar, contra estas constatacións negativas e, prontamente, fixeron unha revisión dos datos, dando un salto ficticio, para enmascarar a situación desfavorábel. Ou sexa, o que as autoridades americanas fixeron foi un axuste aos censos, e informaron que os números oficiais de perda de emprego, non foron de máis de 300.000, mais si de 272.000.
Deixemos este baile de números que son o disfrute dos estatísticos, e que con estes, se poden enmascarar ou talvez non, as realidades que non queremos mostrar.
Na economía, sempre houben a necesidade de dar tintes de cores o máis optimistas posíbeis, por forma que os tons grises, se quedasem fóra dos grandes medios de comunicación.
Esta lección, de enmascarar a realidade, ten sido moi ben aprendida e practicada exhaustivamente en España, pois, o que importa é que a poboación estea serena e que se entreteña, co que pasa no mundo exterior, en canto no seu entorno, non pasa nada. Ou por lo menos así o pensa a maioría
No entanto, para terminar, imos xuntar unha información das chamadas enquistas, de “Full Employament” que afirma que nos Estados Unidos e, na poboación comprendida entre os 25 e os 54 anos, é que soamente 80% dos que tiñan traballo antes da pandemia continúan a ter traballo.
Si mais comentarios.
Se el primero en comentar