A liberdade está en urxencias, en coma

Esta, a internet, é un sistema, unha enorme máquina, diriamos unha “Mega máquina”, que estrutura, enmarca e organiza as nosas vidas na dirección dunha heteronimia cada vez maior, cada vez con máis adictos a electricidade, aos metais raros, en que cada vez pasamos máis tempo en fronte dos écrans, en vez de nos relacionarmos cos nosos semellantes.

Por Jose Vieira

Temos dato moitas voltas e contravoltas, no sentido de conseguir saber se estamos nun estado en que as liberdades individuais e colectivas, son unha realidade ou polo contrario, son meros chavões para uso dos políticos de quenda.

Unha das hipóteses de camiño a seguir para tentar chegar a algunha conclusión sobre o estado de saúde da liberdade, parece ser, tentar deitar a respectiva liberdade, no diván do psicanalista e, este con toda a súa capacidade de análise, poder chegar a un diagnóstico, sobre o seu estado presente.

De calquera maneira, parece unha tarefa moi difícil de levar a bo termo, ou sexa, saber se está mesmo en coma ou se polo contrario, xa non existe recuperación posíbel e, se terá que internar en paliativos (a morte xa é irreversíbel).

Todo parece ser, unha tarefa de praza e intenso labor, de aí que tivemos o coidado de indicar, como suxestión dun leigo, a consulta de “Das Unbehagen in der Kultur”, do señor Sigmund Freud, un certo especialista nestas tarefas e que deixou moitas e valiosas instrucións sobre estes temas (traducindo a obra en referencia se trata de “O malestar na cultura”).

Continuamos, cunha pregunta do referido facultativo, que por formación e orientación, segue as doutrinas freudianas (viva a cultura ecléctica), como Lacan, Philippe Godard, Cédric Biagine e, moitos outros, pois o tal psicanalista, cultiva unha formación ecléctica.

Este formulou a seguinte cuestión ao psicanalizado: “será un problema político central dos nosos tempos, a informatización; unha patoloxía, nun proceso nefasto que para ben de todos había que deter, sexa porque forma sexa?”

Este facultativo, sopesando a forza do marketing acerca da imaterialidade das tecnoloxías da información e da comunicación, dos impactos producidos pola dixitalización, pretende descubrir a importancia dos golpes aplicados nas consciencias contemporáneas. Non podemos deixar de estar penalizados, por esta tarefa espantosa que tocou ao pobre psicanalista, de aí que para facilitar a súa tarefa, aconsellamos máis un texto dun experto, desta vez de Éric Sadin, co seu título “La siliconization du monde, l´irrésistible expansion du liberalisme numérique”.

Este señor, tal como nós mesmos sempre pensamos que, a informatización era un proceso que ía dunha forma definitiva simplificar a vida dos terráqueos. Máis, xamais pensaramos, igualmente como o referido psicanalista, que a informatización sería algo desestabilizador da saúde mental dos habitantes do planeta. Pois, xa no albor dos primeiros vagidos do século en que nos encontramos, se comezaron a escoitar, alarmantes avisos, de problemas provocados pola exposición dos diversos usuarios da dixitalización a esas “ferramentas”.

O psicanalista, interrompeu a súa entrevista, pois, perante o estado de profundo desnorte do seu presente analizado, tivo necesidade de vir respirar un pouco de aire, menos informatizado, polos aparellos de fixación da entrevista, altura da música de fondo, a sincronización entre a luz e o ar respirado no consultorio.

Entón o noso home, licenciado na ciencia de Hipócrates, recordou que xa no inicio deste século XXI, a sociedade dixital en xeral, xa non se tiña dúbidas e, como tal non negaba que esta mesmo, era a causadora de moitos problemas de saúde.

Imos transcrever uns pasos dun texto de Titiou Lecop, que reza así: “a internet converteuse exactamente no contrario do que era. Pasou de ser unha rede aberta a se converter nunha rede cerrada. Deixou de ser un espazo de liberdade, para se converter nun espazo de vixilancia”. E continúa “o noso maio de 68 dixital converteuse nunha tostadora fascista. O entretemento a sentenciou de morte. Internet representa unha oportunidade incríbel para a liberdade e igualdade e, no entanto, non é máis que unha ferramenta”. É ou debía ser aquilo que desexamos que fose e por nosa decisión. Mais até ao momento, nos non decidimos gran cousa, nos limitamos a aceptar o que se nos dá”. Estamos vixiados sometidos e acurralados polo sistema.

Estamos prisioneiros desa informatización que se nos impón, para que non pensemos, nin actuemos en contra dos espartilhos con que ela nos condiciona, o noso día a día.

O sistema, desenvolveu un conxunto, máis ou menos harmónico de leis, para que fose perfectamente legal, vixiar e condicionar, as liberdades individuais e colectivas dos seres en sociedade. Creou unhas disposicións legais, que permite que os Estados, poidan recompilar toda a información de cada un de nós, a través das redes de telecomunicacións, sen que nos demos conta de tal intrusión na nosa intimidade.

Hoxe, por exemplo, cando resolvemos dar un paseo, por calquera rúas das nosas cidades, deparase cunha cantidade de incontábeis cámaras de filmar, que sen que désemos consentimento para que nos filmen. Estas o fan despoticamente e cunha legalidade, non menos que ditatorial. No entanto, nos din que é para nosa seguranza que somos filmados e que a nosa intimidade non é rota. Triste argumento e mentira completa.

Recordemos os lemas que unha organización de avogados franceses (asociación de xuristas “A cuadratura do Net”), levou a tribunal, na primavera de 2018 e, que eran os seguintes: “Google filtra o teu pensamento”, “Apple sabe onde está a túa nai” e “Facebook controla o que ti podes ler” e o máis que adiante se pode atender. Tratábase da defensa da liberdade dos cidadáns franceses.

Entramos neste momento, nunha discrepancia coa clasificación de que a internet, é unha ferramenta. Máis, nós sempre pensamos que non “era unha rede aberta”, nin tan pouco unha “oportunidade para a liberdade e a igualdade”.

Esta, a internet, é un sistema, unha enorme máquina, diriamos unha “Mega máquina”, que estrutura, enmarca e organiza as nosas vidas na dirección dunha heteronimia cada vez maior, cada vez con máis adictos a electricidade, aos metais raros, en que cada vez pasamos máis tempo en fronte dos écrans, en vez de nos relacionarmos cos nosos semellantes. Un certo desastre e, unha cada vez máis cerceada liberdade.

A propia administración pública, vai sendo un dos principais motores, para que moitas das súas tramitacións, só poidan ser efectuadas case unicamente por vía dixital. Isto significa, que pura e simplemente, son os servizos que nos debían protexer desa excesiva colonización, mais, son os primeiros a en os colonizar dixitalmente.

Non podemos deixar de referir, que para nós, o uso excesivo da internet, é unha nova forma de colonización, como dicimos enriba, a través dos teléfonos móbiles, dos ordenadores e que, dunha maneira despótica, impón unha maneira de vivir única, a millóns de persoas, independentemente de sexo, relixión ou cor de pel.

Moitas veces, temos reflexionado sobre quen fai ou mellor quen pode facer as grandes transformacións de fondo, especialmente as que poden mudar o peso social. Veremos que se é realmente, a esquerda que propón facer as transformacións, que beneficiarían toda a sociedade, logo o centro e a extrema dereita, se opón, facendo caer calquera mudanza que sexa proposta pola esquerda. O argumento principal, para que a dereita non apoie esas medidas é que estarían a traizoar o interese nacional.

No entanto, verificamos que as grandes transformacións, foron propostas e executadas por gobernos de dereita e que acabaron por ir adiante apoiadas polas esquerdas.

Vexamos algúns exemplos: só a dereita co xeneral De Gaulle, en Francia, foi capaz de dar a independencia á Alxeria; só Nixon nos Estados Unidos da América do Norte, foi capaz de estabelecer relacións coa China; tamén estivo Nixon a punto de instituír unha Renta Básica Universal e Incondicional, na América, só non o foi por veto do Senado, no último momento e finalmente o propio Trump (anterior presidente dos Estados unidos e antecesor do actual), estaba planeando unha correcta forma de Encaixe Básica Universal, cun cheque de 1.000 dólares para cada cidadán adulto.

Así podemos dicir, que nunha crise todos somos defensores das liberdades, como non podía deixar de ser, entón somos igualmente todos socialistas. Infelizmente estamos a ver, que como referiamos enriba, no estertor da morte do capitalismo, este capitalismo, regresará, porén, máis forte, utilizando as carencias sociais, decorrentes da pandemia e da crise actual, para gañar nova forza Infelizmente, todos aceptaremos en silencio, o control total de nosas vidas, por toda a dixitalización desmedida ao servizo dos “Amos do Mundo”, ministrada polos seus servidores os gobernos de quenda. Para tal, a internet e sobre todo a información digitalizada, con moi poucas excepcións (os periódicos independentes), nos lanzarán nun pánico de supervivencia.

E entón non máis pensaremos en ser suxeitos libres, pois, estamos ameazados de morte. Só seremos auténticos “ratas de laboratorio”, amestrados ao servizo dese capitalismo liberal salvaxe.

No entanto, o que realmente caída definitivamente morta, se non arrepiamos A TEMPO o camiño é a LIBERDADE INDIVIDUAL.

O que estamos a pensar, é que a defensa da nosa igualdade e liberdade, ten que pasar necesariamente, pola diminución radical do uso e abuso dos instrumentos dixitais, encontrando un equilibrio, en que deixemos de ser escravos deses aparellos e pasemos a ser soamente usuarios sen adicións.

Finalmente prestamos homenaxe ao esforzo desenvolvido polo periodismo independente, como a última opción de liberdade de e para os cidadáns.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.