É que a importancia, das folgas na actividade económica, que existe un día anual e mundial, en que se destinou a ser recoñecida como o día do traballador. Ese día, o día 1 de maio, coincide coa data dunha folga efectuada polos traballadores da fábrica McCormick, en Chicago, que durou varios días, dos meses de abril e maio de1886.
Por Jose Vieira
Moitas veces, somos suxestionados polos escritos que se van publicando noutros medios de comunicación social, quere nacionais e sobre todo non nacionais.
Igualmente temos que recoñecer un labor especial a unha editora nacional, que sempre ten estado à altura, investindo no capitulo social e, en excelentes e importantes autores internacionais. Tratasé da editora madrileña Capitán Swing. Para esta van os meus sinceros agradecimentos, pola próxima publicación de “From Slavery cho thr Cooperative Commonwealth”, da autoría do filosofo e historiador americano Alex Gourevitch, con tradución de Júlio Martínez-Cava. Este traballo foi publicado e 2015.
Tratasé dun texto absolutamente, a noso ver, indispensábel, sobre o republicanismo contemporáneo.
Comezaremos por indicar o que se debe entender por unha folga e, para ser máis fácil de todos os estimados lectores comprobaren, servimonos das indicacións de “WIKIPÉDIA”:
Unha folga ou paro é a que afecta simultaneamente as actividades laborais dun determinado sector e, se é xeral de toda a actividade. As folgas son convocadas polo movemento sindical, e outras centrais de traballadores e dirixida a un conxunto de traballadores especifico ou a todos, no caso dunha folga xeral.
Unha folga é unha forma colectiva de protestar, contra calquera política ferinte dos intereses da clase traballadora, quere sectorial quere xeral. En relación á súa amplitude, se é xeral, é coordinada de maneira simultánea, con vista a súa eficacia.
Tratase de medidas extremas, mais de gran alcance social, que buscan, dunha maneira xeral, provocar un movemento de melloría, sobre aspectos esenciais dos traballadores, visando alteracións económicas e sociais na sociedade.
Podemos considerar, por exemplo que unha folga xeneral, é unha arma moi poderosa, que deberá estar sempre na man dos traballadores, como vehículo final, para a obtención e conservación dos seus lexítimos intereses.
É que a importancia, das folgas na actividade económica, que existe un día anual e mundial, en que se destinou a ser recoñecida como o día do traballador. Ese día, o día 1 de maio, coincide coa data dunha folga efectuada polos traballadores da fábrica McCormick, en Chicago, que durou varios días, dos meses de abril e maio de1886. Esta folga ficou tristemente célebre, pois foi brutalmente reprimida pola policía de Chicago.
Debemos recordar que eses tempos os traballadores dos Estados Unidos da América do Norte (adiante soamente USA), tiñan unhas xornadas de traballo de 18 horas.
En xeral as democracias occidentais recoñecen, de forma xeral o dereito a folga, por parte dos traballadores. Acontece até que algúns países, nas súas constitucións (conxunto de leis fundamentais do seu ordenamento xurídico), este dereito está expresamente garantido.
En gran parte das folgas que se coñecen, en que tivesen bo éxito, no seu desenvolvemento, os traballadores en acción tiveron que se servir dun instrumento que forma parte do conxunto de elementos que axudan a que estas poidan ter, non só máis adherentes, como tamén serve para informar mellor os traballadores que por razóns persoais, non poderán participara nas chamadas seccións preparatorias, son os chamados piquetes de folguistas.
Ao contrario do que as organizacións patronais, din, estes non son órganos coercitivos, mais si informativos e, de protección contra as prepotencias que pretenden facer “abortar” as folgas, ou sexa, as grandes entidades patronais.
De calquera maneira, unha folga é unha interrupción do traballo e, pode ter distinguidas lecturas, en cada escalão do traballo. O que son sempre é disruptivas.
Que é un comportamento disruptivo?
Un comportamento disruptivo significa que se trata de algo anti-social, que é o mesmo que dicir “que se caracteriza por unha rutura, perfectamente evidente, respecto ao que parece ser unha conduta dentro dos canones”.
Case sempre as folgas de traballadores altamente cualificados, son máis tolerabades polas entidades patronais e, non acostuman ser obxecto de persecución policial (dada a case sempre imposibilidade de substitución do traballador a curtísimo prazo).
Cando son esencialmente de traballadores menos especializados, no caso por exemplo, da USA, as entidades patronais, acostuman recorrer a traballadores de sustituición, mais que en xeral, non son nin tan produtivos nin eficaces, conseguindo máis facilmente éxito as folgas en que os traballadores xa gozan dalgunha especialización.
Os traballadores que se presentan para substituír os titulares de determinados postos de traballo, son habitualmente coñecidos no mercado laboral como sendo “os carneiros” ou tamén “os esquirois”.
Como excepción, pode que os traballadores en folga, tenten impedir que os seus dirixentes patronais, recorran á contratación dos tales carneiros ou esquirois. Aquí pode por veces existir algún tipo de presión no sentido de tentaren evitar esas contratacións.
A pesar de non ser moi habitual as formas de presión dos traballadores en folga, moitas veces, fan folgas de brazos cruzados ou caídos, xunto ao seu posto de traballo, como forma de obstar a contratación de substitutos.
As folgas e as técnicas utilizadas para as levar a cabo, de forma eficiente, pode levar a ter que ser feita algunha presión e, para o sistema de capitalismo liberal en que vivimos, estas actitudes son contrarias a praxe capitalista.
Para estes, todos somos libres basicamente, mais para os señores capitalistas, todos os procesos de folgas e todas as súas técnicas, violan os tan apregoados dereitos de propiedade dos propietarios do capital e, neste rol, é habitual meter os seus directivos (pois na súa maioría, son a voz dos seus donos), “his master voices”.
Non podemos deixar de referir que os dos países de que máis se nutre a idea de que son os máis libres do Mundo, os USA e o Reino Unido, as prácticas folguistas son prohibidas ou ilegais.
Claro que a máquina dos capitalistas liberais, crearon un instrumento para contra restar os movementos folguistas, imponde unha nova lei a que chamaron “servizos mínimos”, para os empresarios teren asegurando durante a folga, as empresas a traballar, a pesar de só produciren unha cantidade mínima de produto. No entanto non paran na totalidade.
Non se pense que os empresarios e os seus secuaces non posúen, cando lles interesa instrumentos de presión, contra os desexos dos traballadores, nos referimos ao chamado “look out”, que inclusive, como a anos, no Brasil fixo caer un dos gobernos de Lula da Silva (folga dos empresarios transportistas). No entanto, estes procedementos non son o obxecto inmediato destas notas.
A forma de facer unha folga tamén está condicionada co tipo de empresa, por exemplo, na posibilidade de ser por varios días ou de poucos, ou até restrinxido a un día.
Esta temporalidade, está dirixida, pola posibilidade de seren substituídos os traballadores folguistas por outros traballadores “fura folgas” (carneiros ou esquirois). Este caso é perfectamente paradigmático, no caso das folgas dos restaurantes de McDonald’s nos USA, pola posibilidade que teñen de seren substituídos.
Unha cousa é realmente correcta, a opresión das clases dirixentes, é unha característica intrínseca e indisolúbel do capitalismo liberal.
No fondo, o que acontece coa maioría da xente con formación, se encontran obrigadas a traballar para un grupo moi restrinxido. Este grupo, exerce de forma clara o control sobre os activos produtivos e como tal, deteñen o control das actividades.
O que estamos a afirmar é que existe dentro do sistema unha xerarquía moi ben definida, en que o distanciamento entre clases é inmenso. No cume da pirámide, están os propietarios, bastante a baixo, os seus directivos (os seus voceiros), mais a unha distancia case infinita, están os traballadores, na base desa pirámide (estes xamais avistaron os propietarios).
Dunha forma un pouco dramática, os traballadores, mesmo hoxe, ao non poderen de producir por si propios, na maioría dos casos, se encontran nun correcto estado de caridade de emprego (non teñamos medo de empregar as palabras correctas).
O que queremos dicir é que a compulsión estrutural non é simétrica. Pois unha moi pequena minoría, detén a riqueza e poder (sexa adquirida ou herdada), para forzar o sistema a seu belo pracer.
Non nos gusta do dicir, mais na actualidade, gran parte dos sindicatos, se encontran atados e pouco eficaces como interventores. Así que, a opresión, que obriga a traballar, se dirixe ao gran continxente de traballadores (proletarios, quere estes o admitan ou non, o son), sen remisión.
A protección do traballador, non ten aumentado de garantías, mais antes polo contrario, o que se ten é vindo a instalar outras formas de explotación moi máis sutís, superando visibelmente o tradicional horizonte sindical.
Esta desigualdade estrutural, é a comida, de que se nutren os dirixentes de moitas empresas, exercendo unha autoridade delegada de cima para baixo, sen lexitimidade descendente, cos traballadores.
Este proceso en marcha e, non combatido claramente polos gobernos, antes polo contrario, así como polos sindicatos, no caso sen as intervencións, debidamente calibras para a obtención de resultados equilibrados, para os seus socios, conducen a unha sobreposição de opressões, de tres niveis interpessoais: subordinación, delegación e dependencia.
Terminamos este breve texto, afirmando que os empresarios (así como os seus directivos) posúen “prerrogativas de dirección”, compostas por concesións lexislativas e xudiciais, que lles revisan a autoridade suficiente para determinar e tomar as decisións sobre investimentos, contratación, despedimento (case de forma indiscriminada, a pesar de todo), do proceso de traballo, situación do mesmo, etc. (neste etc. vén as condicións trasladadas para a actualidade da escravitude do século XIX e XX.
Temos que ter en atención que estamos o século XXI e, os nosos Amos, están a apostar por unha terceira gran Guerra Mundial, no territorio da súa colonia chamada Europa (da OTAN).
Máis palabras para que, todos o sabemos…
Se el primero en comentar