Por Jose Vieira
Este arquipélago se sitúa en fronte do Senegal, e é composto por 10 illas grandes e cinco máis pequenas, que se dividen por Barlavento con: Santo Antão, San Vicente, Santa Lucía (desabitada), San Nicolau, Sal e Boavista; as de Sotavento con: Maio, Santiago, Fogo e Brava.
Ordenando as illas por tamaños teremos o cadro seguinte:
Nome da illa | Km2 | Populación |
Santiago | 991 Km2 | 294.135 |
Santo Antão | 779 Km2 | 40.547 |
Boavista | 620 Km2 | 14.451 |
Fogo | 476 Km2 | 35.837 |
São Nicolau | 388 Km2 | 12.424 |
Maio | 269 Km2 | 6.980 |
São Vicente | 227 Km2 | 81.014 |
Sal | 216 Km2 | 33.747 |
Brava | 67 Km2 | 5.698 |
Santa Luzia | 35 Km2 | Desabitada |
Cabe explicar, que a poboación residente do arquipélago, é moi reducida, pois non chega a 525.000 habitantes, no entanto a colonia emigrante cabo verdiana, supera os tres millóns e medio, espallados por todo o mundo, sendo os seus envíos de diñeiro unha forte contribución para a Balanza de Pagamento do país.
Un pouco de historia sobre o arquipélago de Cabo Verde:
Portugal comezou a colonizar este arquipélago, o século XV, e como podemos verificar, a orixe do seu nome, provén de que estas illas posuían unha certa cobertura de vexetación tropical, formando un contraste coas súas rochas volcánicas. Parece que estas illas sempre estiveron deshabitadas, coa única dúbida, pois a illa do Sal, parece ser visitada polos árabes.
En 1462, chegaron os primeiros colonos portugueses á illa de Santiago e fundaron a cidade europea máis antiga dos trópicos, Ribeira Grande (hoxe denominada Cidade Vella).
Eran negreiros, ou sexa, se dedicaban ao comercio de escravos, provenientes de incursións por toda a costa oeste africana.
Este negocio debía de ser moi rentável pois en 1510, xa era Cabo Verde a segunda que máis contribuía para o reino de Portugal, logo a seguir á Mina de Oiro.
Estas illas dispuñan dunha posición estratéxica moi importante para Portugal, pois, estaban entre a América, a África e a Europa. Como tal desde 1517, pasou a ser o camiño oficial portuguesa de transporte de escravos desde África para a América.
Como non podía deixar de ser, pasou a ser obxecto das arremetidas dos holandeses, franceses e ingleses, o que fixo que os portugueses, trasladasen agricultores do territorio continental para as illas con vista a unha colonización permanente. Estas condicións dunha boa vida, no arquipélago, comezaron a decaer, téndose entrado nun período de decadencia, logo no inicio do século XIX.
Entre os anos de 1941 e 1948, unha excepcional e prolongada seca, provocou un espantosa fame, morrendo, segundo as estatísticas cerca de 50.000 persoas, coa agravante do goberno de Salazar, non só esconder a situación, así como non prestar asistencia humanitaria ás poboacións. Un autentico crime contra a humanidade.
Non podemos deixar de recordar o tristemente célebre campo de concentración do Tarrafa, para presos políticos que, o réxime da ditadura de António de Oliveira Salazar primeiro, e despois do seu sucesor Marcelo Caetano, mantiveron, na illa de Santiago, na poboación de Chan Bo. Como non había pena de morte en Portugal, para que o réxime fascista eliminar os seus opositores, se servían deste campo, como local de exterminio. Hoxe este espazo é un punto de peregrinación, onde se homenaxea os asasinados polo réxime dos dous ditadores fascistas de Portugal.
No entorno do antigo Campo de Concentración, existen espléndidas praias que hoxe son unha atracción turística do país en xeral e da illa de Santiago en particular.
Hoxe, Cabo Verde é un local de interese turístico, pola súa xente afábel e educada, pola súa climatoloxía excelente todo ano, o que permite utilizar as praias todo o ano, cunha diferenza térmica depreciábel. De tal maneira que hoxe a maioría das grandes cadeas de hostalaría internacionais, se están instalando por todas as illas caboverdianas.
É un destino a ter en conta, sobre todo para os europeos do sur.
Se el primero en comentar