![]()
Segundo os datos oficiais, e incluíndo os 19 terroristas, foron considerados como mortos confirmados 2.996 e como desaparecidos 24
Por Jose Vieira | 11/09/2026
Os atentados que foron levados a efecto nos Estados Unidos da América do Norte (USA), foron durante o primeiro mandato de George W. Bush, sendo o seu 43º. presidente.
Convén adiantarmos que a década iniciada en 1991 e terminada en 2001, fora o maior período de expansión económico da historia recente deste país.
Practicamente dous ou máximo tres meses de asumir a presidencia dos USA, este país, entra nunha enorme recesión económica, provocada pola explosión da burbulla das “empresas punto com”.
Este presidente, antes de avanzarmos máis no asunto que nos concirne neste noso texto, ficará tamén na memoria por aumentar os gastos militares dos USA, en 107%, que impuxo uns impostos ás sociedades que fixeron crecer as receitas, neste sector, en 50%, que os chamados imposto aduaneiros subiron en 40 % así como o gasto interno non especificado, subiu cerca de 62%.
Resaltamos que apoiou a Medicare (órgano de asistencia médica) en 131 %, pero convén indicar, que até esa data, practicamente no tiña peso nos presupostos federais.
Resumindo, para que se poida ver o que acontece coas políticas deste presidente, mesmo considerando os axustes con respecto, quere a inflación homologa e á subxacente, este seu goberno ingresou máis cerca de 35%, mentres por outro lado, e coas mesmas cautelas de cálculo, o gasto gobernamental, aumentou, no seu mandato máis do 65%.
Antes de pasarmos como enriba tamén xa referimos, a economía americana, se converteu nunha economía totalmente apalancada no crédito e, mergullouse nunha crise financeira, co resto do mundo, na maior recesión que se coñeceu, despois da chamada GRANDE DEPRESIÓN, dos anos trinta, do século XX.
Foi de tal forma que o propio presidente Bush, propuxo a Reserva Federal, a compravenda dos “chamados activos tóxicos”, do mercado hipotecario americano, para salvar as empresas de quebraren.
O que queremos recordar, é que o atentado terrorista, en solo americano, era practicamente un asunto, que os seus cidadáns, consideraban completamente fóra de calquera probabilidade que puidese acontecer.
A súa seguridade, era algo que estaba, para os americanos garantida a 100%.
Mas o acto de terrorismo aconteceu, no corazón da cidade más grande dos USA, a cidade de Nova Yorque, para alén de tamén teren outros centros estratéxicos, sufrido ataques terroristas.
Foron na altura utilizados como vehículos de intervención terrorista, catro avións, cuxos voos, se destinaban ao territorio americano, conforme indicamos abaixo, sendo as compañías detentoras e exploradoras dos seguintes voos:
– Voo 77 da American Airlines
– Voo 11 igualmente da American Airlines
– Voo 175 tamén da American Airlines
E
– Voo 93 da United Airlines
Estes avións cos seus pasaxeiros dentro, foron secuestrados, e obrigados a ir en contra dos obxectivos, que os secuestradores suicidas impuxeron.
Todo isto pasou, o día 11 de setembro de 2001, facendo, por tanto, o próximo día 11, deste mes, 25 anos.
Segundo os datos oficiais, e incluíndo os 19 terroristas, foron considerados como mortos confirmados 2.996 e como desaparecidos 24.
Se contabilizaron como feridos, cerca de nada menos do que 24.000 persoas.
Este atentado, foi reivindicado, pola organización terrorista AL QAEDA, cuxo líder era Osama bin Laden.
Foron realmente catro ataques da organización enriba referida e, desenvolvidos na mañá do día indicado.
Por orde dos impactos, tivemos que o primeiro, a brutalmente investir contra a torre Norte do World Trade Center, en Manhattan, da cidade de Nova Yorque, foi o voo número 11 da American Airlines., eran 8,46 horas da mañá., dese día.
Non obstante, ás 9,03 horas, ou sexa 17 minutos despois, impactou contra a torre sur do World Trade Center, na mesma cidade, o voo 175 da United Airlines.
Estas torres que eran xemelgas, tiñan cada unha 110 pisos que en 1 hora e 42 minutos, colapsaran, arrastrando o 7 World Trade Center, damnificando, varios edificios deste entorno.
Por outro lado, o voo número 77 da American Airlines, embateu completamente a á oeste do edificio do Pentágono, pertencente ao Departamento de Defensa dos USA, eran 9 horas e 37 minutos. Este obxectivo, situábase no condado de Arlington (no estado de Virginia).
Un cuarto avión, co número de voo 93 e, pertencente a United Airlines, descubriuse despois, nas investigacións posteriores, que se destinaría a destruír o e Edificio do Capitolio, por revolta dos pasaxeiros, non atinxiu o albo, acabando por caer nun campo de cultivo, cerca de Shanksville (estado da Pensilvania), tendo igualmente morto todos os ocupantes dese avión.
Non houbo calquera dúbida, desde os referidos ataques, que a autoría dos mesmos recaeu sobre a organización Al Qaeda, esta era como dicimos enriba, dirixida por Osama bin Laden, que aínda por riba vivira varios anos nos USA, tendo até moitisimos contactos ao máis alto nivel, neste país.
Este inicialmente, refutou sempre calquera implicación ou mesmo que dese calquera apoio a esta acción e, soamente en 2004, asumiu a responsabilidade destes atentados.
Este xefe terrorista, sempre se conseguiu escapar as distinguidas persecucións que lle foron movidas, quere polos servizos secretos americanos, quere pola Interpol (vixía internacional), sendo os seus refuxios máis coñecidos, os que ocupou nas Montañas Brancas.
Cremos que as razóns deste ataque terrorista, que para nós xamais pode existir unha razón plausíbel, para tal acto, hai sido, se ten atribuído ás responsabilidades e apoios dos USA, a Israel, á presenza de tropas americanas, na Arabia Saudita, así como ás sancións impostas ao Iraq, polo menos en medios afetos ao mundo islamita.
No entanto, e posteriormente, xa en 2 de maio de 2011, nunha operación dos servizos secretos americanos, na operación que se denominou Lanza de Neptuno, foi asasinado.
Era entón o 44º. presidente dos USA, Barak Obama.
Terminamos este con a indicación de que o World Trade Center foi reconstruído, despois de en 2002, sobre toda a antiga zona libre de cascallos, sendo inaugurado en novembro de 2014.
Se el primero en comentar