A débeda dos países é o problema

Por Jose Vieira

Estamos outra vez, perante unha nova situación ao final de 2021, que só é distinta da de 2020, pois, cando se detectou a Covid 19, esta non só era nova, como totalmente descoñecida.

Actualmente, o que se esta a verificar, é que no momento en que parecía que a pandemia do Covid 19, mesmo coas súas variantes, estaba a ser dominada nos países do primeiro mundo, xorde unha nova variante, que sabemos aínda moi pouco, sobre ela, a non ser que se expande moi máis rapidamente que as anteriores.

Tamén parece que esta variante, foi detectada, en países de África, onde a alerta parte precisamente da África do Sur.

Antes de avanzarmos temos que recordar, que o mundo parece que estaría perfectamente tranquilo, no momento, en que a chamada inmunización de rabaño fose atinxida. Se falaba entón de máis o menos do 70% da poboación vacinada. Segundo todo o mundo sabe, parece que no chamado primeiro mundo, os números apuntaban para que se estaba cerca ou mesmo se tiñan superado os tales 70% de vacinados.  Máis que moitas das poboacións máis vulnerábeis até xa recibiran unha terceira vacina de reforzo.

Esta era a situación visíbel no chamado, hemisferio norte. Como se acostuma dicir “as poboacións estaban serenas” e os seus gobernantes ansiaban levantar as restricións de maior rigor. Con vista a recuperar canto antes as súas economías, que estaban máis que deprimidas.

Por outro lado, tamén temos que recoñecer, que hai moitos países, fóra do noso hemisferio, sobre todo no hemisferio Sur, a situación era completamente distinguida, pois, só pouco máis do 10% das súas poboacións, posuían polo menos as dúas doses de vacina.

Así, que o caldo de cultivo para non se verificar, dunha forma rigorosa, “a inmunidade de rabaño”, se debe a esa falta de solidariedade dos países ricos (que non forneceron dunha forma humanitaria as vacinas), ao non as doaren a eses países con dificultades financeiras do poder fornecer as súas poboacións.

Por conseguinte non sería de estrañar, que se teña a vir a desenvolver máis contaxios, pois, como as viaxes son moi frecuentes e, como no Norte se estaba no limiar da tal inmunidade de rabaño e, dato o abrandamento de restricións nos países do Norte e, a súa maior permisividade e, resultou que o mundo global, non estaba nada próximo á tal inmunidade de seguranza. Por un lado, países con cerca de 90% de cidadáns vacinados agora mesturados con outros que tiñan unicamente pouco máis dos 10% vacinados. Estaban concretadas as condicións necesarias para que as seguridades prometidas non se verificasen.

O que non estaba tan contado, era que o virus se mutase coa velocidade con que o fixo e, con tantas alteracións (segundo os especialistas nada menos do que 32), de aí a Organización Mundial de Saúde (OMS), o ter cognominado, de forma especial, como sendo o Ómicron.

Se levanta naturalmente a cuestión, se as actuais vacinas desenvolvidas para a prevención do Covid 19, continúan a responder de forma suficiente ao Ómicron?

Outra pregunta que se depara é se no caso de non ser suficiente a súa efectividade, canto tempo será necesario até se conseguir outra vacina eficaz para esta nova estirpe?

No entanto, nos resta unha outra pregunta moi máis angustiante, que se formula da seguinte forma:

Será a partir deste momento, que as evolucións destas pandemias dominarán para sempre o xénero humano, obrigándoo a unha constante actualización de vacinas, sempre á posteriori, da aparición de novas variantes?

Posta esta pequena introdución, que nos parece ser suficientemente esclarecedora, para que a incerteza, non só persista, como en bo rigor, nos debía por desde xa, nun alerta moi serio con prognósticos moi reservados, en termos das recuperacións económicas e sociais xa anunciadas e, falladas.

Cando se desenvolve unha crise e, temos experiencia desde xa ben coñecida, que a primeira gran consecuencia, é a destrución do estado socio económico existente. Logo o que se pon de inmediato é como van ser soportados os custos inherentes a ese desastre.  Dito doutra maneira, quen vai ter que soportar o custo da respectiva crise (e como vai afectar a distribución do encaixe).

Avancemos un pouco máis e, verificamos que o que na práctica se ten observado, a nivel das poboacións, que o peso ten recaído, como sempre sobre os máis desfavorecidos e, consecuentemente, o que na práctica se observa é que os ricos se tornan máis ricos e as clases medías e as máis desfavorecidas, aínda se tornan máis pobres do que antes.

Así o que acontece é que perante unha crise, podemos nos servir da actual como modelo de actuación, o que se verifica é que os gobernos dos países teñen que vir en socorro das súas poboacións. Isto, como non podía deixar de ser, ten unha única compoñente, da parte dos respectivos Estados, aumento de gasto e, sempre dunha maneira case sempre brutal.

Como sabemos os gobernos, só teñen tres formas de se financiar, ou dar velocidade a rotativa que emite os billetes, ou aumentar os impostos ou se endebedar.

Como os gobernos dos países do noso hemisferio, son seguidores ortodoxos do capitalismo neoliberal, da Escola de Chicago (outra vez a herdanza do señor Miltan Friedemann e compañía), a receita a seguir é a terceira opción.

Así os gobernos, como o fixeron nesta actual crise, baixaron impostos aos ricos e, nalgúns casos, sobrecargan ós máis desfavorecidos, concedendo enormes subvencións as grandes corporacións.

No entanto, como sempre os poderosos reclamaron e impuxeron que fosen estes os máis beneficiados, co apoio gobernamental, para non veren baixar, de forma significativa a súa riqueza. Por outro lado, tamén os gobernos tiveron que pagar de forma urxente os mínimos, segundo o goberno, para trabar as necesidades urxentes das poboacións.

Estas situacións imprescindíbeis e urxentes levaron as arcas dos Estados, ao nivel cero. Esa situación fixo que os respcetivos gobernos tivesen que recorrer aos préstamos.

Así se endebedaban e, en noso entender, até dunha forma que pode parece ilexítima. Pois, a situación vai ter que ser asumida polas xeracións que non tiveron nada a ver con esta crise.

Todo isto pasou na Unión Europea, mentres se discutían se bonos europeos ou non, garantidos, isto é, avalado polo conxunto dos países da zona do euro. Non podemos deixar de esclarecer, que eses bonos, non son outra cousa que as partes dun préstamo.

Estes fondos entraron a ser a solución a curto e medio prazo para atallar esta situación de emerxencia e os fondos que deberán ser utilizados na recuperación das respectivas economías.

Mais atención estes préstamos, dependendo dos tipos de consignación, terán naturalmente que nalgún momento seren pagados. Este é a carga da cuestión.

Como podía ser resolto esta situación dunha forma máis lexítima e equilibrada, sen un peso innecesario para as xeracións futuras?

É máis que evidente, que sería non subir impostos aos máis desfavorecidos e, obrigar a que os diñeiros que son habitualmente exportados para paraísos fiscais, regresasen ao seu país de orixe e naturalmente, impor un réxime fiscal en que os tramos dos máis ricos da poboación, pagasen efectivamente o debido (se falou inclusive do imposto Covid).

Atención a situación fiscal dun país, non pode ficar na man dunhas cantas doazóns pseudo altruístas, para que o grande público, exclame na súa inocencia, que boiños son estes señores, que até ofrecen equipamentos e dan esmolas. Este é o engano habitual.

Temos que nos recordar, aínda que nos custe, que a divida pública total da zona do euro, é de cerca de 12 billóns de euros (para quen me guste ver ceros, escribimos en números limpos, ese valor 12.000.000.000.000€), no entanto, queremos resaltar,

que entre o inicio de 2021 representaba 86% do PIB e xa ao final de xullo do mesmo ano, se situaba en 100% do respetivo PIB (en 7 meses crecera 14 %…).

Para que teñamos unha idea máis clara, imos mostrar un pequeno cadro, onde se poderá ver a divida de varios países do noso entorno:

Debeda do País% do seu P I B
GRÉCIA210 %
ITÁLIA160 %
PORTUGAL140 %
ESPAÑA125 %
BÉLXICA120 %
FRANCIA120 %

Cremos que fica bastante ben esclarecida a situación presente e para que sexa, aínda máis evidente o que está a ocorrer, basta dicir que no período anterior, na crise de 2008/2009, a Grecia, mesmo coa intervención da Troica (conjunto  interventor de xestión sobre países soberanos ???, constituído polo Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo, Banco Mundial – e o ollo da  austeridade alemão), era só do 180%.

Quen son os detentores desas dividas?

Quen presta, son a BANCA COMERCIAL PRIVADA e, na actualidade, despois de ser vencida a oposición dos chamados países protestantes (lles chamamos así, porque son os países cuxa relixión saíu da xubilación da igrexa católica, con Lutero, Zwinglio e Calvino), o sexa, os países nórdicos máis a Alemaña, a Holanda, a Austria e até a Bélxica.

Estes préstamos estando representadas por “Bonos”, que á súa vez están avalados (garantidos pola Unión Europea).

Finalmente, estes bonos, foron en gran parte recomprados, polo Banco Central Europeo, atinxindo en finais de setembro deste ano, as recompras, un importe de 3,9 billóns de euros 3.900.000.000.000€).

Tamén podemos dar un cadro coa orixe dalgúns deses bonos, recomprados polo BCE:

BONO DO PAÍSMONTANTE EM EUROS
ITÁLIA675.000 €
ESPAÑA360.000 €
FRANCIA730.000 €
BÉLXICA140.000 €

Claro que os países se endebedan, pola razón que xa avanzamos, o que é o seguimento dunha política neocapitalista, ditada, dor os señores que mandan no mundo (remitimos para o libro do autor deste texto “A nova orde”) e, que impón a quen goberna politicamente os países, que o que teñen facer é cumprir o que a eles lles convén.

Axiña mostraremos algúns dos grandes vencedores desta pandemia.

Ímonos só a referir, primeiramente ás farmacéuticas e, ao grupo que é coñecido como as BIG PHARMA (composta por Pfizer, Moderna, AstraZeneca, Johnson&Johnson, Curevax e Merk), que viran os seus beneficios aumentados dunha forma estratosférica, coas axudas dos gobernos para as vacinas. Máis, até recibiron as subvencións, dos gobernos, antes de producir as vacinas, para investigar e, no entanto, se apoderaron das patentes e procesos de produción restrinxidos, con todo o secretismo posíbel.

Debemos mesmo recordar, que mesmo que se tornasen libres as patentes, continuaría a non ser posíbel o seu fabrico libre e, ese é o timo das patentes (xa en artigo anterior, con ese título, tratamos de esclarecer o tema en cuestión).

Como segundos máis beneficiados, foron os grandes bancos, fondos de inversión, grandes empresas de explotación de combustíbeis fósiles (petróleo e gas) e, como non, as enerxéticas, quere de produción ou de distribución de enerxía. O resultado estamos todos a sentir nas nosas vidas do día a día.

Todos estes conglomerados económicos, creceron e se han feito de ouro, a custa dos cartos públicos, enriquecendo os grandes accionistas destas empresas.

A pandemia veu acentuar dunha forma escandalosa as desigualdades sociais. Os ricos se tornaron aínda moi máis ricos e a gran maioría engrosou os desposeidos do mundo en que vivimos.

Haberá solucións para estas situacións calamitosas?

Claro que existen solucións e que son francamente satisfactorias. No entanto, “non existe vela sen senón”, o que significa que para poder ser atenuada ou resolta este grave problema das débedas dos países, existen camiños, e estes, están condicionados polas doutrinas económicas (neoliberalismo capitalista ou xustiza social) devanditas e, impostas até a fartura, polos “Amos do Mundo”.

Estes ditan con toda a autoridade que lles dá o poder financeiro e, as actuacións dos políticos, ao seu servizo.

Hai que dunha vez por todas, anular as débedas na man do Banco Central Europeo (estamos a nos referir, como non podía deixar de ser, á Europa do Euro) e, esta idea foi exposta e, ben fundamentada, por un grupo de economistas (documento firmado e presentado a medio de febreiro de 2021, por máis de 150 economistas), tendo estes insistido na súa inmediata aplicación.

Claro que, para o grupo reformista do Norte da Europa (Finlandia, Holanda, Dinamarca, Suecia, Austria e como non a Alemaña), os señores da austeridade e seguidores das ideas neoliberais capitalistas, consideraron a condena das dividas un tema “tabú” e até inmoral. Argumentan entre outras defensas para a súa rexeita, a falta de non estar contemplado tal operación, nos estatutos orgánicos do Banco Central Europeo.

No noso modesto entendemento, se trata de “unha desculpa de mao pagador”. Pois o que obsta a tal solución é o seguimento imposto polos que mandan sobre os políticos e, que lles convén a aplicación a táboa rasa, das teorías neoliberais (todos os lucros para unha minoría, dos moito ricos e, nada para o resto da poboación, que para eles só son exércitos de traballadores no activo se traballan o na reserva se están no desemprego).

Queremos engadir, que a condena das dividas dos países por parte do BCE, non significaría nin a ruína nin ningún problema para a súa solvencia e cumprimento das actuais súas funcións.

Outro si, é o que se podía facer desde xa cos fondos liberados do servizo da débeda, por cada un dos países, como se teñen dito, viña como debía ser, mellorar a saúde colectiva dos respectivos países endebedados.

Con eses fondos liberados, se podía mellorar a asistencia sanitaria, aumentar as axudas sociais aos máis carenciados, axudar de modo significativo a loita contra o cambio climático, favorecer a investigación científica e dar calidade de vida as súas poboacións.

Claro que isto iría naturalmente beneficiar as poboacións en xeral e, retirar proveitos aos moito ricos e poderosos os chamados “Amos do Mundo” e, a seus secuaces, os economistas e políticos neoliberais capitalistas ortodoxos.

Unha outra consecuencia favorábel sería liberar das chantaxes dos bancos sobre os países máis endebedados, na hora de solicitaren prestamos, pois, os señores banqueiros, deixarían de sopesar as dividas, na hora de fixar os xuros, en relación ao nivel dos déficits por financiamentos anteriores. Isto permitía novos financiamentos, en mellores condicións e eses si a seren soportados polo país.

O que está desde xa no horizonte, quere se queira ou non admitir, é que volveremos ao réxime de apertar o cinto e a ter como palabra de acompañamento diario o ter que ser “austeros”.

Terminamos este, dicindo que non é por mero acaso, que esta palabra nos transmite unha forma de control dos déficits e, está incluída con letras  gordas nas institucións da Unión Europea.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.