Os Xogos Olímpicos da era moderna non sempre son consensuados

Os manifestantes non comprenden como a Rusia, non pode estar presente mais si Israel

Por Jose Vieira

Antes de comenzar este pequeno texto sobre o éxito de momento, Os Xogos Olímpicos de verán de 2024, queremos dividir este texto en partes, como segue:

I – Que será unha síntese sobre os respectivos xogos

II – Que se pode dicir sobre a presentación dos actuais xogos de 2024, en curso na cidade de París

III – Sobre o espírito dos xogos en si propios.

X

I – Que será unha síntese sobre os respetivos xogos

Os xogos que están a decorrer, son os chamados Xogos Olímpicos de verán de 2024 (que habitualmente de designan de forma abreviada polas iniciais JJ.OO do ano en que se realizan e, neste caso seguidos da respectiva cifra numérica).

No caso en cuestión, estes teñen como sede a cidade de París e son cognominados, como sendo os Xogos Olímpicos da Era Moderna.

Pois, estas competicións, que se iniciaron a partir do año 776 a.C., foron interrompidos polo emperador Teodosio no 380 d.C., e non se volveu realizar, ate ao século XIX.

É precisamente durante o século XIX, que se comezou a falar, da necesidade de retomar eses multitudinarios encontros deportivos, que deberían ser de carácter universal, seren fraternos e solidarios, así como, debían restablecer a comunión entre os distinguidos pobos, independentemente das súa razas, credos relixiosos, ou opcións politicas.

Esta idea foi retida e defendida, así como posta en movemento por un nobre de ascendencia francesa, que ficou para todo o sempre como o pai das olimpíadas modernas, Pierre Frédy, Barón de Coubertan. Este fundou o “Comité Olímpico Internacional”, designado abreviadamente como COI, o ano de 1894. Este “comité”, foi o creador da Carta Olímpica, que pasou a ser o documento que definiu para sempre a estrutura segunda a cal se rexe o movemento.

A primeira edición tivo lugar na cidade berce dos antigos Xogos Olímpicos , a cidade de Atenas, comezando o día 6 de abril de 1896.

Desde entón, realizanse cada catro anos, peregrinando por varias cidade do mundo actual.

Debían se ter realizado na chamada época moderna dos Xogos Olímpicos 32 edicións, mais acabaron por non se teren realizado en tres ocasións, ou sexan; na edición de 1916, na de 1940, e na de 1944, debido respectivamente a primeira e a segunda gran Guerra Mundiais. Así contando os xogos deste ano 2024, foron ou están en curso 29 edicións.

Estes xogos que están a ser realizados en París, son a terceira vez que aí se realizan, sendo sede dos segundos xogos modernos en 1900, e posteriormente en 1924, ou sexa precisamente cen anos antes dos actuais, en que repite.

Debido ao seu cada vez máis abrangente mundialización dos xogos, acabou por se crear os Xogos Olímpicos de verán que corresponden aos iniciais os clásicos. Entretanto se crearan os Xogos Olímpicos de inverno, dada a súa popularización e, onde se presentan os deportes esencialmente de inverno, sendo realizados en zonas montañosas, xeralmente estancias deportivas de inverno. Foron realizados por primeira vez o ano de 1924, na cidade francesa de Chamonix.

Máis recentemente se instituiran os chamados Xogos Paraolimpicos, destinados a atletas que, dalgunha maneira, son portadores dalgunha discapacidade.

Tamén se implantaron os xogos Olímpicos da Xuventude de verán, sendo os primeiros realizados en Singapur o ano de 2010 e, os correspondentes da Xuventude de inverno, sendo realizados por primeira vez, na cidade austríaca de Insbruck, en 2012.

Posta esta pequena introdución sobre os Xogos Olímpicos da Edad Moderna, pasaremos a ollar a través da “Xanela Indiscreta”, os acontecementos que estes xeraron e xeran.

II – Que se pode dicir sobre a presentación dos actuais xogos de 2024, en curso na cidade de París

O espectáculo con que Francia presentou o mundo, foi calquera cousa de fóra do común e, primou por tirar partido dunha das máis belas cidades do mundo e, cuxo urbanismo é espectacular, para dar unha noción verdadeiramente dun protagonismo que xamais fora presenciado en ningunha que outra fase preliminar de presentación de uns Xogos Olímpicos.

Antes de máis, o que primeiramente queremos resaltar, é que na noite que antecedeu a inauguración oficial dos actuais xogos de París, se reuniron na praza da República de París, máis de 80 organizacións de base que firmaron unha declaración titulada “Des Jeux, máis pour qui” que traducido, significa “Xogos, mais para quen?”.

O que non podemos deixar de resaltar, é as medidas de seguridade que foron impostas así como o despego de forzas de seguranza, en que foron empeñados moito cerca de 40.000 membros, sendo non só franceses mais tamén dos países participantes con todo un arsenal de información, dos respectivos servizos secretos, para previr posíbeis atentados ou calquera tipo de disturbios que puidesen perturbar os xogos.

Claro, que París é unha cidade cunha densidade de residentes bastante grande e, que ten, como non podía deixar de ser, unha vida propia feita de rutinas das persoas que aí viven e traballan.

Estes residentes, teñen necesidade de se desprazar pola cidade, para realizar as súas tarefas diarias (rutinas e non so), que por moitas veces non teñen que utilizar sempre os mesmos traxectos nin os mesmos medios de transporte.

Así temos a información de que xa bastante antes de se inauguraren os JJ.OO., as poboacións cidadás, sufriron restricións, para utilizar os seus traxectos habituais, os seus medios de transporte e tiña que se identificar, utilizando para tal fin auténticos libres tránsitos, como se non estivesen na súa cidade de sempre.

O espectáculo que Francia ofreceu ao mundo, na véspera do arranque dos xogos, foi realmente algo inusual, que superou todas as expectativas, mesmo dos máis optimistas.

Como enriba xa referimos a organización tirou todo o partido do urbanismo da cidade e dos seus monumentos máis emblemáticos. Foi realmente moito novidosa o desfile das delegacións olímpicas en barco, por un río Sena, en que foron investidos millóns para procurar minimizar a contaminación que o mesmo sofre desde sempre.

Serviron as súas marxes, para implantar espectáculos de auténtico musical, para non dicir que a tradición do Can-Can, estivo presente en varios dos seus fragmentos de animación.

Non nos imos pronunciar, se a abertura ao mundo, dos preliminares da véspera dos xogos, foi demasiada ou de mao gosto, o que podemos dicir, iso si, é que talvez foi moi longa.

Tamén queremos referir, que xamais haberá unanimidade de opinións sobre todos os treitos de espectaculos desenvolvidos, á praza das marxes do Sena, mais o que hai realmente, é quen teña o desexo e o concretise de dicir e ver segundas intencións, onde cremos sinceramente, non nos parece haber, más intencións.

Así non podemos deixar de referir, que mesmo antes do espectáculo dado como prólogo dos xogos, é que na noite que antecedeu a inauguración oficial dos xogos de París, se reuniron na súa emblemática Praza da República, máis de 80 organizacións de base que firmaron unha declaración titulada “Des Jeux, máis pour qui” que traducido, significa “Xogos, mais para quen?”.

Estas organizacións estaban integradas por sindicatos, grupos de ecoloxistas, organizacións de defensa das liberdades civís, residentes da zona parisina de Saint Denis, que foi profundamente afectada negativamente, pola utilización da súa zona, para a instalación de infraestruturas para a realización dos xogos e, como tal se sentían prexudicados.

Se escoitaron na altura moitos discursos de protesta, se ouviu musica levada a efecto por pincha discos e, como non, coa presenza dunha multitude de xornalistas internacionais.

Toda esta contestación no terreo referido, foi coordenada polo grupo activista “Le Revers de la Médaille”, que significa “O reverso da medalla”.

Convén recordar que este colectivo, “o reverso da medalla”, publicou antes unha declaración, dada á luz no xornal de grande tirada francés “Libération”, que se titulaba “Olimpíadas inclusivas, populares e neutras en carbono? De ningunha maneira”.

A determinada altura, do referido texto, informaban de que os Xogos Olímpicos, estaban a trastornar de forma profunda, a vida dos franceses e, non se cumpría o legado da carta Olímpica e, engadían, unha pregunta que ficou no ar:

QUEN SE BENEFICIA CON ESTES XOGOS OLÍMPICOS?

A organización “O Reverso da medalla”, informou de que a contra inauguración tiña como obxectivo sensibilizar a opinión pública sobre o que se estaba a pasar, que perturbaron dunha forma brutal a vida de miles de franceses, tornando a súa vida diaria un certo martirio.

Foi na altura, aproveitada a manifestación, no local en cuestión, para unha toma de solidariedade, para co pobo da palestina. A solidariedade coa palestina correu como unha chama sobre pólvora.

Xa nese momento, os manifestantes non comprenderan como foi permitida a presenza nos JJ.OO. de atletas israelitas e, non da República Rusa.

Non entenderon a presenza de atletas de Israel, un pobo que está a ser responsábel por un xenocidio (chegaron a seren proferidos discursos que tiveron como punto central o deporte de xenocidio).

Os manifestantes non comprenden como a Rusia, non pode estar presente mais si Israel.

Pois, teñen consciencia que a Rusia está a ser cercada e represaliada pola OTAN, aos servizos do tamén imperialismo americano e seguido pola colonia americana, chamada Unión Europea, que é conivente co derrube do goberno lexitimo da Ucraína en 2014, por un golpe dirixido polos Estados Unidos da America do Norte, para colocar no poder un goberno fascista comandado desde Whashington.

Non entenden e o manifestaron, como por intereses dos Estados Unidos da America do Norte, foi a Unión Europea lanzada nunha inflación e nunha crise, só para servir aos americanos.

Foi recordado nesta manifestación, que foi desvelada un facho anti olímpico (feito cun desestacador de retretes), que nacera no Canadá hai uns 14 anos, da man dos que se opuñan, na altura aos xogos olímpicos de inverno de Vancouver (recordaron a militancia de Jean Swanson, activista contra a pobreza mundial). Estes pasaron ese facho á londinense na man de Julian Cheyne, que a portou nos Xogos Olímpicos de Londres en 2012.

Despois esta circulou para os de Sochi de 2014, logo para os de Verao do Río de Xaneiro de 2016, logo a Pyeongchang de inverno en 2018, antes de chegar aos de verán de Toquio, xusto antes dos xogos de 2020.

Non se entende que o Comité Olímpico Internacional, alugase o Hotel du Collectionneur para seu uso polo extraordinario valor de 22 millóns de euros.

Non creemos de modo algún que este Comité Olímpico, estea a asumir o certo espírito Olímpico.

Por primeira vez os xornalistas foron prohibidos de entrar nos recintos deportivos en si propios. Máis unha prepotencia notoria do señor Thomas Bach, máis propia dun réxime de extrema dereita, cousa que os franceses demostraran non querer, finalmente, nas segundas voltas das urnas en Francia.

Este presidente, funciona sen calquera vergoña como un membro da extrema dereita, acotando-se nunha pseudo posición de estar para alén do ben e do mal, mais sempre aliñando máis extremistas e reaccionarias, na Unión Europea.

Respondemos agora quen se beneficia con estes JJ.OO., non son outros que quen retira os beneficios do capital investido na promoción dos seus produtos, que son as marcas, de todo o tipo e xeneros, pois, estes xogos son produto dunha globalización das grandes multinacionais do mundo dos negocios. Sexan as marcas de luxo, Louis Vuitton, Yves Saint Laurent, e todas as demais.

III – Sobre o espírito dos xogos en si propios.

Durante estes días, estivemos atentos ao desenrolar das actividades dos JJ.OO. e, tamén temos visto e lido inmensas opinións acerca do espírito con que se ten vivido estes xogos e, como xa enriba referimos, as opinións son moi criticas, chegando a se ler e ouvir, que estes xogos, revelan un espírito demasiado político, miserento.

Que non respectan o certo espírito da Carta Olímpica, pois, fallo no esencial, pois, os JJ.OO., debían ser a “celebración da humanidade, unha certa plataforma para a paz e comprensión”, o certo desexo de Pierre Fredy Barão de Coubertin.

Non imos considerar unha pregunta, pois, sabemos que estamos a tocar nunha ferida incurábel. Como é posíbel no contexto actual, que nos sometamos ás ordes dos americanos, ou sexa, ao seu poder bélico, e esteamos mundos e calados (excepción das manifestacións enriba referidas na praza da República en París), cando se permite que un país como Israel, teña os seus atletas presentes nos JJ.OO. de París en curso e non estean os atletas rusos e bielorrusos.

Dá a idea de que os 128 anos desde os primeiros JJ.OO. da idade Moderna, o que ten vindo a acontecer é a perda totalmente dos ideais olímpicos, por imposición dunha moral e unha ética, non recoñecibel a non ser polas prepotencias dos dirixentes dese país chamado Estados Unidos da América do Norte.

Falla no máis elemental desexo e principio preservado durante máis de 3.000 anos, o da “TREGUA SAGRADA” (cuxo significado era que durante un tempo antes, durante e despois dos xogos, non podían haber calquera tipo de guerras ou ataques, mesmo illados).

Parece, que infelizmente o único obxectivo é encher estadios e obter receita estratosféricas das entradas, facer obras faraónicas (probabelmente con grandes comisións, para os intermediarios), que traerán para as empresas do ramo beneficios astronómicos. Non será por mero acaso que entre os grandes patrocinadores, destes xogos, están as principais marcas de luxo francesas, que aproveitan faceren a súa promoción o máis directamente posíbel dos seus múltiplos produtos e, no futuro próximo teren as subvencións millonarias previamente negociados co goberno francés. Non debemos excluír a publicidade, obtida coas audiencias televisivas e presenciais de “récord”.

Os JJ.OO. transformaronse non nun período de paz entre as nacións como estaba no espírito da antigos xogos, mais si, nun período onde se discrimina uns, porque non son da cor dos americanos e, se premian outros, porque son os que mandan de verdade nos americanos e sobre todo na Casa Branca (caso indiscutíbel do primeiro ministro israelita, Benjamin Netanyahu, un certo criminal, só comparábel a outro da súa mesma categoría, que se chamaba Adolfo Hitler), é nese complexo designado por Casa Branca, onde se sitúa esa estrutura, onde se prepara e manda executar, todas as medidas que partillan o mundo en que vivimos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.