A crise de 1929 e o crash das bolsas de valores

esta inmensa crise, non se circunscreveu unicamente aos Estados Unidos da América do Norte, pois, se transmitiu a todo o mundo, en especial a Europa

Por Jose Vieira | 1/10/2026

Antes de entrarmos no asunto que reflectimos neste título, imos dar algunha información, que pensamos pertinente, para que cada lector se poida situar, dentro deste contexto e, así, poder ter unha mellor percepción do que iremos desenvolver.
Como temos que saber as Bolsas de Valores non son todas da mesma dimensión, quere física, quere en termos de volume de transaccións, que desenvolven en cada período de funcionamento.
O que son bolsas de valores, dando unha definición moi sucinta, mais que consideramos fácil:
“Tratase dun mercado, debidamente organizado e, con regulamentación propia, donde se encontran compradores e vendedores, con vista a negociar os seus activos financeiros propios ou que representan.”
Funciona dunha forma moi xenérica, como un mecanismo de oferta e procura de instrumentos financeiros.
É como se estivésemos perante un gran mercado.
Nese espazo se fai o encontro das empresas que buscan diñeiro e, por tanto, inversores.
Así, as empresas venden accións (que son partes do seu capital) buscando financiamento e á súa vez os financeiros que as compran, buscan obter beneficios, pola detención da menos cerca, as vender cunha plusvalía, obtendo estes o seu lucro.
Posto este adianto, a xeito de axuda, creo que podemos pasar a indicar algo sobre as súas dimensións como referimos:
Por esa razón imos deixar un cadro en que mostramos as 6 principais Bolsas de Valores Mundiais.
Os datos de que nos servimos, se reportan a 2019, ou sexa, hai 7 anos, mais podemos dicir que até ao momento presente non ten habido, calquera traslado dentro do ránking, nin alteracións de posición, entre estas.
Así segue o respectivo pequeno plano en (1), donde referimos os valores transacionados e, que son, son respectivamente, dúas veces a Bolsa de Nova Yorque (ocupando os dous primeiros lugares), seguida en terceiro de Tokio, en cuarto lugar empatadas Londres e Milano, en quinto Shangai na China e en sexto Hong Kong.
Así postas estes esclarecementos, imos entrar no que nos trae hoxe, ou sexa, que o día 24 de outubro do ano de 1929, se deu o GRANDE CRASH DA BOLSA DE NOVA YORQUE.
Imos falar da gran crise dos anos 29/33, que atravesou todo o mundo occidental, tendo realmente a súa orixe, nos Estados Unidos da América do Norte
ESTA SITUACION PASOU A SER MUNDIALMENTE COÑECIDA PELO CRASH DE 29
O seu clímax se deu o chamado xoves negra, que en termos de calendario, se situou o día 24 de outubro de 1929.
Tratouse dunha caída, repentina e devastadora, dos valores que se negociaban na Bolsa de Valores de Nova Yorque.
Foi, como dixemos, un auténtico desplome masivo, que se pode dividir en tres días claves ou sexa, xoves negro, luns negro día 28 de outubro e martes 29 de outubro.
Durante eses días, millóns de títulos caeron sen calquera control, pois, os seus posuidores, tomados de pánico, se querían desfacer deles de calquera maneira.
A posesión deses títulos e accións parecían que queimaban as mans. Así moitos millonarios, pasaron de teren todo, a nada teren, nun espazo de poucas horas sen o poderen evitar.
As causas próximas, entre outras foron a chamada década dos anos 20, en que todo se excedeu en termos de descontrolo, en especial a especulación, subindo estratosfericamente o prezo dos títulos, o que mostraban un valor exorbitante das empresas, o que non correspondía á realidade.
Non se pode deixar de referir que a economía real, as producións, non crecían na mesma medida que os valores da bolsa. O que significaba un certo desaxuste financeiro.
A isto é necesario engadir, que o crédito non só estaba, bastante “barato” (taxas de intereses pequenas), así como pouco coidadoso fora a concesión os préstamos e, como tal, moitos inversores da bolsa o facían, non cos seus capitais propios, mais si, se endebedando.
Quebra de montañas de empresas, pronto desemprego masivo, nunca até aí sentido, acompañando dunha escaseza impresionante de medios líquidos (falta de diñeiro).
Quebra en fervenza, dos bancos, mesmo de média e gran dimensión, pois, non podían recuperar os préstamos concedidos, nin tampouco, devolver os aforros dos particulares aí depositados.
Mas esta inmensa crise, non se circunscreveu unicamente aos Estados Unidos da América do Norte, pois, se transmitiu a todo o mundo, en especial a Europa, dado que xa as relacións entre esta e a América do Norte, estaban extraordinariamente entrelazadas, desde a Primeiro gran Guerra, que ocorreu na Europa, entre os anos de 1914 e 1918.
Tamén o presidente dos Estados Unidos da América do Norte, Herbert Hoover, rexeitou a calmar o desemprego, rexeitándose a crear, un subsidio de desemprego.
A situación era de tal orde, que por exemplo, se chegaban a vender un Chrysler de 1928 (era un coche de luxo na altura), cuxo custo era de más de 1500 dólares, por 100.
A fame corría polas cidades en especial, polas maiores, téndose comunicado a Europa, a pesar de aquí non chegar a tais límites, grazas aínda a unha certa imperfección do sistema económico.
Como anécdota, se recolle que o posteriormente que foi primeiro ministro inglés durante a Segunda Grande Guerra Mundial (entre 1935 a 1945) Winston Churchill, entrando na bolsa, onde perdeu bastante diñeiro, viu que lles ofrecían paquetes cheos de accións en troco de media ducia de libras, ou sexa, segundo o propio, por 5 a menos veces do seu valor anterior.
O que queremos con este texto recordar, é que como un vello aforismo que o desvirtuamos, para que nos sirva:
Que “Dos Estados Unidos da América do Norte, nin bos ventos nin bos casamentos”.
PosiciónNome da BolsaCapitalización do Mercado (Miles de millóns USD)Volumen de Negociación Mensual (Miles de millóns USD)
1Nueva York – NYSE22,9231,452
2Nueva York – NASDAQ10,8571,262
3Tokio/Osaka – Japón5,679481
4Londres – Reino Unido4,590219
4Milán – Italia4,590219
5Shanghái – China4,026536
6Hong Kong3,936182

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.