A covardía da Unión Europea representada en Ursula von der Leyen

Ursula von der Leyen, púxose de xeonllos aos pés de Trump, impondo a compravenda das armas e, non contenta con ese disparate de xestión, mostrase completamente aliñada co seu aliado privilexiado que é Israel.

Por Jose Vieira | 16/04/2026

Este conflito, entre os Estados Unidos da América do Norte (USA), non existe razónss para tal, mas, o que acontece, é que o patrón (YOURS BIG BOSS) de Donald Trump é o primeiro ministro de Israel.

Así, o presidente dos USA, teñen que obedecer a Benjamin Netanyahu, que é o primeiro ministro de Israel, e os israelitas son os “Amos dos Americanos” e, de certo modo, o queren ser de todo o mundo.

Soamente foi posíbel unha única voz que se levantara con poder para tal oposición, son os BRICS, pois, entre os USA e Israel, concentrase a forza militar máis importante do mundo occidental.

Antes da Unión Europea (UE), ser liderada, pola señora Ursula von der Leyen, está unión de países europeos, aínda mantiña algunha dignidade como países soberanos.

Desde que esta señora asumiu a presidencia desta institución, mostrouse unicamente como querendo que a UE, sexa non máis que unha obediente colonia ao servizo dos americanos.

A UE, tornouse unicamente un lugar onde os americanos despexarían as armas que as súas empresas de guerra producirían, agora en ritmo acelerado, para tentar sacar o país da situación de estar nunha economía en estagnación.

Esta señora xa se someteu e impuxo como lles saíu da cabeza, sen o mínimo de estudo das consecuencias que podían advir do cerco económico a Rusia en vez de ter imposto o peso da EU, para negociar, unha saída diplomática para a invasión de Ucraína pola Rusia.

Mas non se quedou por aí, ten estado, non só ela mais tamén, todos os membros da dita EU, a autorizar a instalación de bases dunha OTAN, a facer o estrangulamento da Federación Rusa, soamente para que os USA, a través desa expansión, puidese satisfacer as imposicións, da venda das armas que a súa industria producía.

Para os USA, esta era unha forma de intentar sacar da estagnación a súa economía e, todo ben para eles, pois, xogaran a defender o seu país.

Mais á custa de quen e a que prezo?

Aumento do custo das materias primas até aí importadas da Federación Rusa en prezos estabilizados e ben aceptacións polas industrias europeas. Permitiron que nun operación conxunta entre sabotadores americanos e ucraínos, dinamitasen o oleoduto que permitiría, chegar en mellores condicións o gas e o petróleo ruso a toda a Europa.

E o socio en igualdade de condicións cos rusos desa infraestrutura, eran os alemáns, mais a submisión, aos “amigos americanos”, fixeron con que a economía da EU, entrase en serias dificultades e, pasase a sufrir unha inflación innecesaria.

Quen gañou nesta operación?

Naturalmente non hai maior nin outro beneficiario, que non sexan os USA.

Este país, pasou de vender practicamente non só os armamentos, pois, mandou elixir a Federación Rusa como o “inimigo público número un”, logo obrigando todos os países que formaban parte da OTAN, a pasar a comprar armamento en cantidades insustentábeis.

Mas os medios non son infinitos e os americanos non fan caridade, así que é necesario pagar esas armas. E como os medios non son ilimitados como diciamos, os países pertencentes á EU, van ter que retirar os seus planos de política social ou os reducir drasticamente, así como os investimentos en saúde, en educación, en medios administrativos e en todos os servizos de ben estar das súas poboacións, pois, os diñeiros non son elásticos, nin a débeda pública tan flexíbel.

Non contentos con esta situación, a señora Ursula von der Leyen, púxose de xeonllos aos pés de Trump, impondo a compravenda das armas e, non contenta con ese disparate de xestión, mostrase completamente aliñada co seu aliado privilexiado que é Israel.

Más, non recrimina nin recriminou o xenocidio do pobo palestino, así como non deixa de estar a apoiar, pola pasiva e tomando as posicións de conivencia, cos bombardeamentos conxuntos de Israel e dos USA, favorecendo a destrución, do Estado do Irán, con dous motivos aparentes:

A creación dun súper estado de Israel no Próximo Oriente, estando para iso a facer outro xenocidio no Líbano, matando preferentemente civís e dentro dos civís, a nenos.

O segundo motivo, está do lado dos USA, coa súa actividade imperialista, en especial relación aos aspectos políticos, así como un outro obxectivo inminentemente económico, que se trata do dominio total do mercado do petróleo.

Xa invadiu e politicamente secuestrado o presidente da Venezuela, primeiro país do mundo por reservas petrolíferas, intentando eliminar da face da terra cos israelitas as terceiro maiores reservas da mesma materia prima esencial, bombardeando e matando indiscriminadamente civís e nenos.

No entanto, na Europa, gústenos ou non, soamente unha voz se levantou contra estas actitudes belicistas, a do primeiro ministro español Pedro Sánchez, que felizmente, tivo seguidores, aínda que dunha forma moi máis tímida e, até sospeitosa.

Unha vez más, estas políticas de supervivencia da EU, nos levan a unha inflación innecesaria e sobre todo a un auténtico masacre de poboacións que teñen todo o dereito de viviren en paz.

Así, o prezo do petróleo, a nivel mundial, pois, é a referencia fundamental da economía, na actualidade, está a camiño de ter o maior aumento mensual rexistrado despois da crise de 1990, a cando o Iraq invadiu o Kuwait.

Esta situación, mostra unha vez más, como que a EU, é o cordeiriño de Pascoa, pois, non hai sido sequera de estar a tomar posición, nin sequera como mediadora, o que se ve a señora Ursula von der Leyen, expectante dun eloxio e, por se acaso, algo máis, do seu dono o señor Donaldo Trump e, como non, unha estrela de David, do seu amigo de peito Benjamin Netanyahu.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.