A corrupción é unha institución universal

Un dos argumentos máis esgrimidos, sobre todo pola extrema-dereita, centrase na lacra da corrupción. Mais, o máis interesante, é que é precisamente estes partidos de dereita e de extrema-dereita os que teñen máis casos de corrupción no seu historial.

Por Jose Vieira | 2/02/2025

Estamos nun momento da historia do planeta Terra, en que a honorabilidade de quen nos dirixe, sexa en que países sexan, corren serios e previsíbeis riscos de seren postos en cuestión.

Estes xuízos de valor, a pesar de todo, moitas veces non teñen outra base que non sexa a falta da tal honorabilidade, da capacidade de que os diversos políticos non demostran ter, hai cerca de espírito democrático, revelándose nas relacións entre os intervenientes na paisaxe política.

Vemos o día a día, por exemplo en España, que os partidos de dereita e de extrema-dereita, hoxe afirman unha cousa e, logo o día seguinte a contraría, xustificando o cambio, sempre por razóns imputabades ao seu adversario político e non aos propios, pois, estes nunca mudan de opinión, ao sabor de intereses inconfesábeis.

Un dos argumentos máis esgrimidos, sobre todo pola extrema-dereita, centrase na lacra da corrupción. Mais, o máis interesante, é que é precisamente estes partidos de dereita e de extrema-dereita os que teñen máis casos de corrupción no seu historial.

Mas como estes partidos extremistas de dereita, son os detentores da maioría dos medios de comunicación social, pasan á poboación a imaxe de que eles son a nata da honorabilidade e os de centro ou esquerda é que son os corruptos e máis, os que son destrutores do benestar dos cidadáns e, que só están a facer que haxa cada vez máis desigualdade social.

A MANIPULACIÓN DA DEREITA E DA EXTREMA-DEREITA, CONSEGUE CONVENCER QUE A DESIGUALDADE SOCIAL É UNHA INEVITABILIDADE E, QUE É POR ESTAREN A SER GOBERNADOS POR PARTIDOS DO CENTRO.

Mas hai moito máis, existen profesións, que dato o acceso hai súa formación, é de tal maneira dispendiosa e longa, que á praza de moitos anos (mesmo desde o tempo do ditador Franco e até antes), só conseguían ascender a administrar a xustiza, o sexa a cubrir o poder xudicial, os fillos das familias máis ricas.

Estas, como tal, son conservadoras (non debemos esquecer, o apoio que estes tiñan e teñen, por parte da igrexa católica) e, moitas veces, como que existe unha auténtica clase hereditaria, de familias con seus fillos dedicados a carreira de xuíces.

Mas a noso pensamento non se detivo por aí, pois, esta praga da corrupción, non ten o exclusivo dalgúns políticos de España.

Vimos a moi pouco tempo unha película, que tomaba como base para o seu Guión, un caso real, pasado cos órganos directivos, desde deputados a secretarios-xerais, da Comunidade Económica Europea, ou sexa, da base da actual Unión Europea, que coas presións das empresas privadas, neste caso do tabaco, tal como agora, tamén seducira os políticos, co diñeiro …que sempre lles facía xeito.

Esa película titúlase, “Cuestión de Principios”, cuxo realizador hai sido Antoine Raimbault, tendo este feito un “trailer”, moi equilibrado e cheo de verdade, pois, os intervenientes aínda hoxe son vivos.

Tratase dunha situación que produciu a destitución fulgurante do Comisario de Sanidade e Consumo, o señor John Dalli, tendo na altura sido o tal caso coñecido como o “Dalligate”.

Así un deputado, francés José Bové, pertencente ao grupo político “Os verdes”, resolve investigar, porque este John Dalli fora de forma instantánea, cesado, cando estaba a piques de presentar un informe sobre o tema.

Este eurodeputado José Bové, que até era dunha agrupación distinguida do Comisario deposto, mais sobre todo era un home honesto e continúa a ser (está felizmente vivo), deparou cunha rede de corrupción, que estaba alimentada polos chamados “lobbies” da industria do tabaco.

Cabe aquí, esclarecer, que deste entón e até ao presente, existe unha carreira en Bruxelas de funcionarios altamente pagados, para condicionar as ganas dos eurodeputados, os orientados, para favorecer os intereses das súa respetivas empresas. Isto é para máis, “meter a raposa dentro do galiñeiro”.

Non debemos esquecer que en España, na actualidade, son os máis ricos e importantes que dunha vez por todas impoñen cando, como e de que maneira, se teñen que comportar a extrema-dereita e a dereita, para tentar por todos os procesos posíbeis, facer caer o goberno de centro de coalición.

Non interesa ollar a medios, nem que para iso teñan que mentir, confundir a poboación, como cortar as subidas das pensións dos xubilados e, facendo crer aos xubilados que eles, a dereita, non os queren prexudicar.

Más, que quen non a estima, aos xubilados, é o goberno, pois, até aumentou as súas pensións e lles favorecía con moitos outros beneficios. Todo ao revés.

Mas retomemos a historia de la corrupción de Bruxelas, este deputado e o seu equipo, proseguen a investigación, que é boicoteada polo propio presidente da Comunidade Europea, o portugués José Manuel Durão Barroso.

Esta película, mostra antes de todo que antes a Comunidade Económica Europea, como a actual Unión Europea, non se move pola creación dun espazo de maior igualdade social e dun desenvolvemento equilibrado, mais si, unha organización dunha agremiación de axentes de intereses das grandes empresas mundiais, que determinan os camiños a seguir e cales os intereses a privilexiar.

Acaba por descubrir toda a verdade e, como tal a trama dos axentes corrompidos e das propias institucións da Comunidade Europea, incluíndo os seus xefes, descubrindo o equipo de José Bové, un eurodeputado, que non dubido de afrontar o poder instituído no seo de Bruxelas, con manifestos riscos da súa propia seguranza e do seu equipo.

Este José Bové [1] era un deputado da área rural, pois, representaba os intereses da agricultura e da reformulación do Pacto Agrícola Común (coñecido polo PAC).

Un dos grandes encubridores destes espantosos grupos de presión que é o mesmo que axentes da corrupción, foi o señor Durão Barroso, que despois de ser durante oito anos presidente da Comunidade, asumiu un lugar de presidente non executivo do Banco Goldman Sachs, ficando a vivir na cidade de Londres que é a súa sede europea.

Terminamos engadindo que esta película, sen ser unha obra-prima do cinema mundial, é imprescindíbel, dato o veu que levanta, demostrando que non estamos nunha certa democracia, mais si na mellor das hipóteses nunha oligarquia, dos ricos a camiño dun fascismo imposto polos máis ricos do mundo.


Notas:

[1] A poucos anos, este ex-eurodeputado, dirixiu unha carta ao presidente do goberno Español Pedro Sanchez a solicitar que fosen liberados os dirixentes da Cataluña, pois, só co a súa liberación é que se debía poder negociar.

Jose Manuel Durão Barroso, foi os seus anos de xuventude militante maoísta pasando a militante da dereita portuguesa do Partido Social Demócrata, sendo primeiro-ministro dun goberno portugués do Partido Social Democratico.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.