Era unha vez a democracia

Segundo parece existe unha corrente de autentico pesimismo sobre o futuro do planeta. Para esta suposta ideoloxía, o ser humano é moi malo e como tal, en sociedade isto conduce segundo esa corrente, a que a democracia é na verdade, a chave da falsidade existente.

Por Jose Vieira | 12/05/2026

Parece que vivimos en democracia no mundo occidental, ou polo menos nos contan esa historia.

No entanto, o que se esta a ver e, de acordo cos éxitos que todos os días, conforme temos escoitado a través das múltiples cadeas de televisión, así como, a través de órganos de comunicación social, auditivos ou escritos, que non nos leven a outra conclusión, hai que terminar coa DEMOCRACIA.

Extraer outras conclusións, dunha forma lóxica da argumentación recibida, é completamente imposíbel, e máis, deixan claro os que mandan máis, que os seus únicos obxectivos, son como enriba referimos – ACABAR COA DEMOCRACIA.

Así basta ter en atención as defensas cerradas, desta “neocolonización estadounidense”, protagonizada polo vicepresidente dese país, o señor James David Vance, apoiado polo presidente da Palantir e fundador da PayPal.

No fondo este e outro dos seus patróns, o presidente Donald Trump e, nos xorde unha dúbida que non sabemos saír dela, e que se expresa da seguinte maneira –non sabemos quen manda en quen-, pois, a comunicación social, está tan dominada polos seus patrocinadores, que realmente esta introdución dun idealismo resulta anacrónico.

Sobre a actuación do señor Vance, basta ter en atención, como as súas ideas propias, ou recomendadas, foron declaradas na súa conferencia de Munich, xa o pasado día 14 de febreiro de 2025.

Claro que tiña que ser na Alemaña, pois, este país, está ser gobernado, por unha coalición de dereita, co apoio da extrema dereita.

Será que temos que ter medo da Alemaña.

Mas, recentemente este seu chanceler Friedrich Merz, sentiuse bastante prendido e, temendo o castigo dos seus electores (recordemos o regreso da Alemaña ao belicismo – servizo militar practicamente obrigatorio), seguiu timidamente a única senda de bo senso do mundo, co non hai guerra do primeiro ministro español, Pedro Sanches.

Mas mesmo así, este alemán, Friedrich Merz, resolveu rearmar a Alemaña, gastando case o dobre, corrixindo as diferenzas monetarias, que o seu anterior Adolfo Hitler.

Será que o problema da Europa do centro e sur é a Rusia ou o renascer da Alemaña totalitarista?

Deixemos de ser futuroloxistas.

Continuando, na senda da democracia, como sendo algo que non ten encaixar, no mundo do imperialismo, que nos están a impor, como por exemplo os influentes bloguistas como, Nick Land ou Curtis Yarvin, que so pseudónimos escriben relatos de ficción deste noso mundo en completa decadencia.

Segundo parece existe unha corrente de autentico pesimismo sobre o futuro do planeta. Para esta suposta ideoloxía, o ser humano é moi malo e como tal, en sociedade isto conduce segundo esa corrente, a que a democracia é na verdade, a chave da falsidade existente.

Non podemos nos deixar de sorprender, a auténtica noción dogmática, de que o desenvolvemento da tecnoloxía, dunha forma irreversíbel, nos vai levar, inexorabelmente ao transhumanismo.

Deixaremos de esperar un futuro brillante, mais si unha inevitábel decadencia e, como tal, soamente poderemos vivir nese “admirable mundo novo”, se nos reinventarmos.

Até ese momento e, se realmente chegar, non seremos nada máis do que montes de individuos completamente á deriva.

Entón, estaremos completamente dispoñíbeis, para que unha determinada elite, que son os libertarios do Estado de mínimos, #dominar todo espazo e todas as vontades.

É como se dun momento, para o seguinte, as elites transformasen todo e todos, creando novas comunidades política e sociais, impondo non leis de carácter xeral e consensuadas, mais si, as súas regras exclusivas (unha auténtica ditadura), desa elite de CEOs.

Peter Thiel, o propietario da empresa Palantir, que é unha das que máis presta apoio tecnolóxico ao Pentágono e que é o mentor do vice presidente dos Estados Unidos da América do Norte, o señor James Vancefoi convidado a dar unha conferencia secreta en Francia.

Así o día 26 deste xaneiro, a Academia de Ciencias Morais e Políticas francesa, promoveu a porta cerrada “a charla”, a un grupo de traballo, que segundo parece pretendía estudar o futuro da democracia.

Secretismo para nós.

Recordamos as célebres palabras deste anti demócrata e mentor do poder americano, que soan da seguinte forma:

xa non creo que a liberdade e a democracia, sexan compatíbeis” e concluíndo “Viva a oligarquía”

Así estes consideran que o pobo é ignorante e reacionário ao desenvolvemento e a tecnoloxía, é escravo de baixas paixóns, se ten que someter a aristocracia das elites.

Só as elites ten lexitimidade para gobernar, pois, como dicía Platón – “A ELITE É BUENA E XUSTA”

Perante este completo demando das “tais elites”, non é posíbel estar tranquilo e, máis, non entendemos a pasividade dos dirixentes europeos, coa única excepción do primeiro ministro Pedro Sánchez.

Paz a intelixencia da Unión Europea.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.